Mostrando entradas con la etiqueta Ligamos cabos soltos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ligamos cabos soltos. Mostrar todas las entradas

UD11. É a miña typo


Actividade 11














É a miña typo. 


Deseñar unha tipografía. 
Composición de textos e logotipos.
Retrato tipográfico.

Contidos curriculares B3.1, B3.2 e B3.5 
Criterios de avaliación B3.1 e B3.2

Actividade para a aprendizaxe baseada en proxectos ABP1 PUBLICREACTIVOS.





1. Contidos

2. Actividades
 2.1 Tarefas
 2.2 Recursos para as tarefas

3. Xustificación

4. Bibliografía e fontes.





1. Contidos


O espazo compositivo, as imaxes, as cores, o medio de difusión e a tipografía son elementos propios da comunicación visual. No deseño editorial, de libros ou de publicacións periódicas como revistas e xornais a elección da tipografía ten unha destacable importancia tanto no título do libro ou na cabeceira do periódico como na súa maquetación.


A tipografía é o modo ou estilo en que está impreso un texto. A técnica consiste en imprimir textos a partir de tipos ou matrices en relevo, entintadas e presionadas sobre o papel.

A tipografía está presente no nome, no logotipo da marca, nas imaxes que evocan a marca na páxina web, na papelería corporativa, na sinalización e no envase do produto. Todo suma e contribúe a potenciala imaxe de marca.

Na idade media os monxes debuxaban a man os textos e encabezamentos dos libros. Coa invención da imprenta a finais do século XX chegou a primeira tipografía creada por Johanes Gutenberg, é a denominada Blackletter ou letra gótica. A historia da tipografía remóntase miles de anos, a partir da invención da escritura cuneiforme en Mesopotamia que representaba os caracteres e as palabras con símbolos en forma de cuñas e cravos.


Táboa de barro de escritura cuneiforme en idioma acadio. Foto de Mikel Peel CC BY-SA 4.0

Letra G Blakletter, dominio público, por Júlio Reis.



A Tipografía no deseño editorial está presenta no texto dunha cuberta (portada, lomo e contraportada) e nos textos do deseño interior. Os deseñadores gráficos non soamente se concentran nas cores, as texturas, a composición e máis elementos para crear un impacto no receptor da mensaxe, senón tamén no tipo de letra que empregarán para facer unha proposta gráfica orixinal e completa.


Tipografía coloreada con sketchbook


O deseño gráfico publicitario debe coidar especialmente a tipografía para a difusión en medios masivos, na publicidade directa e na promoción dun produto en xeral. A tipografía ten moito protagonismo nos anuncios de publicidade nos titulares e coídase de armonizar cos textos explicativos e cos eslógans. Nas imaxes evocadoras engádense textos para concretar a mensaxe cunha tipografía axeitada.

O texto no deseño dunha imaxe visual corporativa está presente no logotipo da marca, na tipografía para o envase do produto (packaging) e na señalética (sinalización dun local ou na sinalización de espazos exteriores). A tipografía do logotipo distingue á marca cunha identidade visual propia.

Branding ou marca persoal consiste en deseñar e identificar a nosa propia marca: unha imaxe pública individual que promovemos ante os demáis.


Para ter unha marca persoal debes definir os teus obxectivos. Identifica qué podes ofrecer ao teu público potencial e pescuda en qué área te desenvolves mellor. Escolle e determina qué vas comunicar e cómo.


Beneficios dunha marca persoal

 1. Vas facer que as persoas, colectivos e empresas te vexan.
 2. Vas aparecer ante a túa audiencia obxectivo coa imaxe que ti proxectes.
 3. Atraerás oportunidades de traballo ou de colaboracións.
 4. Eventualmente poderías verte como un líder de opinión.
 5. Dependendo da xestión da túa marca persoal, lograrás que a xente te perciba       como alguén cunha opinión que vale a pena ler ou escoitar.
 6. Deberás ter en conta outras cousas para xerar persoal branding positivo:
    A túa biografía ou a túa historia.
    A túa linguaxe, o que dis e como o dis.
    A túa imaxe (tanto física, como virtual).
    A túa presenza en liña (páxina web, blogue, redes sociais).



Para a túa imaxe persoal pensa nos teu target ou obxectivo.



Infografía deseñada coa app icongraph para IOS



A identidade corporativa dunha marca, institución ou empresa é a súa personalidade e os valores e crenzas coas que se identifica, e grazas ás cales, diferénciase do resto ao longo do tempo. Na identidade dunha persona o que fai e di dános unha idea de quen é ela. Os seus valores e filosofía de vida, as súas afeccións, as súas orixes, a súa familia e amigos, as súas pertenzas e o seu vestiario, a súa cultura. Nunha empresa ou institución o logotipo forma parte da súa indentidade.

A imaxe corporativa dunha marca é a imaxe que o público ten desa entidade. Por unha banda, son as ideas, sensacións e prexuízos que temos antes de coñecer os servizos ou produtos dunha marca. Por outro: as experiencias e xuízos que adquirimos despois de coñecelos. Moitas veces confundimos a imaxe corporativa coa identidade visual dunha marca. Cando falamos de logotipos, papelería, deseño dunha páxina web, falamos da identidade visual. A imaxe corporativa é anterior ao deseño. É o concepto da marca e o seu posicionamento. O deseño, a identidade visual corporativa, debe axudar a expresar o que queremos que transmita a imaxe corporativa dunha marca.








2. Actividade

"É o meu tipo" 
A miña identidade con tipografía.

A actividade consiste en deseñar un logotipo do seu nome, como si dunha marca comercial se tratara. O logotipo debe estar realizado cun deseño propio. O produto final será a elaboración dunha camisola cunha técnica de estampación escollendo unha cor ou unha combinación armónica de cores que nos identifiquen.

A formación da identidade nas persoas é un proceso que comeza a configurarse desde o momento do noso nacemento, xunto a certos feitos e experiencias básicas. A identidade fórmase outorgándonos unha imaxe complexa sobre nós mesmos, a que nos permite actuar en forma coherente segundo o que pensamos. A identidade compórtase como algo relativo, como un núcleo plástico capaz de modificarse ao longo da vida e do seu desenvolvemento.


Esta actividade está deseñada para complementar a ABP1 Publicreactivos.




 2.1 Tarefas

2.1.1 Busca diferentes tipografías para a primeira letra do teu nome.
2.2.2 Debuxa bosquexos en folio do teu nome con regra e rotuladores.
2.2.3 Deseña a túa tipografía cunha app ou nunha computadora. Busca opcións gratuitas. Fai unha captura de imaxe do deseño das letras que precisas. 
2.2.4 Deseña un anuncio para a túa marca cun slogan.
2.2.4 Facer una prancha ou matriz de gravado en linóleo.
2.2.5 Estampar o logotipo nunha camisola.
2.2.6 Facer un retrato tipográfico a partir dunha fotografía. 
2.2.7 Seleccionar unha tipografía para o logotipo da revista do teu centro.



Proceso:
 1 Tipografía personalizada na web prototypo.
 2 Engadir texto con typorama ou outra app alternativa.
 3 Recortar a imaxe.



 2.2 Recursos para as tarefas. Apps.



app.prototypo.io para deseñar a tua 

Nesta web podes crear facilmente a túa tipografía variando unha ou movendo as liñas que compoñen o debuxo de cada letra.


Web para facer sinxelas tipografías


Este sitio web permite descargas gratuitas de fontes tipográficas.


..

App TYPORAMA para engadir texto a unha foto. (IOS)

Unha maneira sinxela de crear efectos visuais atractivos é utilizar una app como Typorama ou como Phonto. Crea asombrosos debuxos mediante a transformación "automáxica" de textos e fotos en bonitos deseños  tipográficos. Non hai máis que elixir un fondo e teclear o texto para ter unha tipografía diferente. Aforra moitísimo traballo ao crear automaticamente complexos deseños de texto con distintas fontes e tipografías. Con pulsar unhas poucas veces terás un bonito texto deseñado no fondo que elixas. Isto levaríache horas con Photoshop ou outro editor fotográfico similar pero os deseños de texto non son persoais e xéranse aleatoriamente ao elixir distintos estilos. Non fan falta coñecementos de deseño.

App PHONTO para engadir texto a foto. (Androide)


Deseños tipográficos app Androide




https://itunes.apple.com/es/app/adobe-capture-cc/id1040200189?mt=8&ign-mpt=uo%3D4


 Materiais para as tarefas plásticas:

Láminas, xogo de regras, portaminas 0.5, rotuladores ou lápices de cores.

Prancha de linóleo, xogo de gúbias, tórculo ou unha culler e tintas calcográficas.


Unha camisola branca.






3. Xustificación. Ligazón

OBXECTIVOS

1. Reflexionar sobre a importancia dos elementos gráficos no proceso de comunicación. 2. Coñecer os ámbitos da sociedade nos que participa o deseño gráfico. 3. Recoñecer os procesos de creación de produtos gráficos. 4. Coñecer as fases de produción de elementos impresos. 5. Incorporar os novos desenvolvementos gráficos en soportes audiovisuais. 6. Apreciar as posibilidades dos programas informáticos aplicados ao debuxo e ao deseño. 7. Distinguir as vantaxes dos traballos realizados por computador.



4. Bibliografía e fontes.



UD10. Do outro lado do caleidoscopio.


Actividade 10




 

Do outro lado do caleidoscopio. 
Combinacións xeométricas. 
Ollo co eixo!.

Contidos B2.2., B2.4. B3.6,
Criterios de avaliación B2.1., B3.3

Ver AbP3

1.Contidos

2. Actividades
2.2 Tarefas
2.3 Recursos para as tarefas

3.Xustificación

4. Bibliografía e fontes.






1.Contidos

Para continuar aprendendo os trazados e construccións básicas do  debuxo técnico e como continuación da unidade 7 (Arréglome), imos estudalos polígonos e as súas características.
Un polígono é unha figura plana e pechada limitada por una liña crebada. Cada segmento da liña crebada denomínase lado, e os puntos de intersección dos lados chámanse vértices.
Se tódolos lados son iguais o polígono chámase equilátero; se os ángulos son iguais, chámase equiángulo; se os lados e os ángulos son iguais, o polígono  chámase regular; no caso contrario denomínanse polígonos irregulares. A suma dos ángulos externos dun polígono é igual a 360 graos.


O polígono ten as seguintes liñas notables:


Radio: é a recta R que vai desde o centro a un vértice calqueira.
Apotema: é a recta a que une o centro co punto medio de un dos seus lados.
Altura: é a recta h perpendicular a un dos lados trazada desde o vértice oposto.
Diagonal principal: nos polígonos dun número par de lados, é a recta d que une dous vértices opostos.
Perímetro: é a suma das lonxitudes de tódolos lados do polígono.


Este é o nome dos polígonos segundo o número de lados:


3 lados triángulo 
4 lados cadrado
5 lados pentágono
6 lados hexágono 
7 lados heptágono 
8 lados octógono 
9 lados eneágono 
10 lados decágono 
11 lados undecágono 
12 lados dodecágono

A partir de aquí podemos dicir polígono de trece lados, catorce lados...
 

Estas son as construcións particulares dos polígonos, coñecendo o radio da circunferencia que o circunscribe.

Construción do triángulo inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
 Construción do cadrado inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do pentágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do hexágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do heptágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do octógono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do eneágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do decágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido
Construción do dodecágono inscrito nunha circunferencia de radio coñecido 
Método xeral de construción de polígonos inscrito nunha circunferencia de radio coñecido.
Ademais de todos estes métodos temos unha maneira xeral coa que podemos construír poligonos con calquera número de lados.


A construción de polígonos xa foi vista en cursos anteriores, polo que resultará sinxelo recordarlos pasos vendo os debuxos.  Aínda que se hai algunha dúbida, temos no youtube feixes de explicacións sobre calquera procedemento. Ou plataformas adicadas ó debuxo como por exemplo a de Mongge. Nestos enlaces tes algún exemplo:

www.mongge.com/ejercicios/1974

www.mongge.com/ejercicios/28118

www.mongge.com/ejercicios/23857



Ademáis dos polígonos coñecidos, poderemos construír tamén os polígonos estrelados, unha vez que os vértices quedan marcados na circunferencia só teremos que cambiar a forma de unilos.



Se unimos os vértices dun polígono saltando rítmicamente un número dado de vértices (ó que chamamos paso) ata volver ao primeiro conseguiremos un polígono estrelado. Dependendo do número de vértices poderemos conseguir máis ou menos polígonos estrelados cun mesmo número de puntas. 


Se o número de vértices que imos saltando é divisor do número de lados, a estrela que obtemos non é un polígono estrelado verdadeiro, senón a intersección de outros poligonos menores superpostos. O cal sería un polígono dun número de lados igual ó número de lados do orixinal dividido entre o paso. Observa o exemplo:


Neste video podes ver os fermosos motivos decorativos da arte islámica, deseñadas a partir de diversas relacións entre elementos xeométricos e formas poligonais. https://youtu.be/pg1NpMmPv48



2. Actividades

Nesta unidade plantéxanse 5 tarefas manuais e dixitais, coas que poderás practicar e reforzalos teus coñecementos sobre xeometría, creación de polígonos, polígonos estrelados e redes modulares. Así como gañar destreza tanto co uso dos instrumentos de debuxo técnico como cos medios dixitais dos que dispoñemos para o debuxo técnico.

No apartado 2.2 propóñense varias APPs que che axudarán a lograr bos resultados e a realizar algunhas das tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece moitísima axuda se a usamos con cabeza.




2.1 Tarefas

2.1.1 Prácticas de construción de polígonos coa finalidade de deseñar distintas mandalas.

2.1.2 Deseño dun motivo decorativo tipo islámico de gran tamaño.


2.1.3 Investiga na Internet qué é e cómo se fai un caleidoscopio. Elaborade un en grupo (3 alumnos). Onde un membro se fará cargo do corpo do obxeto. Outro de deseñar e crear sobre papel un estampado, aplicando os coñecementos adquiridos sobre os polígonos. Servirá  para forralo obxeto, que ten forma de prisma de base triangular. E o outro membro desenvolverá a parte móbil do aparato.

                                Imaxe de dominio público. Rescatada de Pixabay

                                         Imaxe de dominio público. Rescatada da Wikimedia

2.1.4 Crear un xoguete no que usaremos varias mandalas de diversos tamaños feitas en cartón, acetato ou papel e coloreadas. Imos superpolas e unilas polo seu centro. Logo tentaremos darlle movemento usando algún eixo. O obxetivo é que produza efectos visuais similares a un caleidoscopio.

2.1.5 Facer un flipbook dixital cunha evolución dunha mandala en base poligonal, para velo seu desenvolvemento. Deseñaremos as imaxes dixitais con algunha aplicación para o móbil como Doodle ou Radial. Teremos que capturar un a un cada paso que vaiamos dando. Logo montarémola secuencia de imaxes coa axuda dun programa ou aplicación de edición de videos, como Kizoa ou Filmora.


Exemplo de traballo efecto caleidoscopio



2.2 Apps





Magic Doodle free, é unha aplicación para deseñar mandalas no dispositivo móvil. Esta APP tamén che permíte facer un video coa evolución da túa mandala.


Kizoa: Esta intuitiva e sinxela aplicación para o ordenador permíteche facer videos e presentacións usando fotos, vídeos e música. Ademais podes engadir textos, efectos e transicións, ademais de modificar tempos. O teu traballo pódelo compartir por e-mail, blogues, facebook, youtube e incluso gravalo en DVD ou descargalo en formato vídeo. 





Filmora: esta aplicación para o ordenador é un editor de videos sinxelo onde podes traballar con videos, inaxes ou  música. Ofréceche distintos Filtros, Capas, Transicións e Títulos Personalizados Podes crear e expresarte sen límites. Aplica innumerables efectos e consegue un acabado refinado para o teu vídeo.


Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero recomendámosche que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.




Cámara caleidoscopio: a través desta aplicación podes realizar belas mostras de arte replicando partes dunha imaxe capturada coa túa cámara en certos ángulos. Podes crear unha incrible e fermosa pintura de caleidoscopio en cuestión de segundos con tan só usar a túa cámara, a contorna e a túa creatividade!

3.Xustificación


Para desenvolver estas actividades facilítase unha exposición inicial dos contidos correspondentes,  que o alumnado completará buscando nova información en Internet. É dicir, deberá acceder, obter, procesar e usala información para crear novos contidos, que deberá saber comunicar principalmente con medios dixitais. A práctica desta competencia dixital logrará que o alumnado aprenda a aprender por sí mesmo. O proceso de aprendizaxe está pautado en cada unidade.
Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación, plasmando a través dunha representación gráfica as intencións comunicativas do artista. 

Metodoloxías de traballo:

− Elaboracións artísticas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a elaboracións do produto final.

− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.

− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupais e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou á finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.

− Probas persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.

− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo se establecen unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.

− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunha carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercicios realizados sobre papel, e sube as súas imaxes dixitais e presentacións de diapositivas.

Obxectivos

Resolver problemas sinxelos referidos a polígonos,  utilizando con precisión os materiais de debuxo técnico.

Resolver e analiza problemas de configuración de formas xeométricas planas e aplicalo á creación de deseños persoais. 

Analizar a configuración de deseños realizados con formas xeométricas planas, creando composicións onde interveñan diversos trazados xeométricos, utilizando con precisión e limpeza os materiais de debuxo técnico. 

Utilizar programas de debuxo por computador para construír trazados xeométricos.

3.1 Temporalización

3.1 Temporalización

Para esta unidade didáctica plantéxanse 10 sesións.

3.2 Competencias Clave
 
CAA 

CMCCT

3.3 Avaliación

Proponse a seguinte rúbrica