UD15 Quedei xeado! AplicaPlástica.

Actividade 15  













Quedei xeado!

Paralizamos unha porción da imaxe audiovisual, dunha secuencia, con cinemagraph.

O mito da imaxe subliminal.


Contidos B4.3
Criterios de avaliación B4.2.


1.Contidos
2 Actividades
 2.1 Tarefas
 2.2 Recursos para as tarefas.
3.Xustificación
 3.1 Temporalización
 3.2 Avaliacións
4. Bibliografía e fontes.



1. Contidos

Os dispositivos móbiles facilítannos multitude de recursos para elaborar animacións e video-creacións. Temos a posibilidade de capturar imaxes e editar unha animación stop motion cunha aplicación para o teléfono móbil ou de realizar debuxos secuenciados nunha tablet ou teléfono móbil. Para animar debuxos cadro a cadro, emulando os taboleiros de transparencias para debuxos animados que utilizaban en Walt Disney hai aplicacións para tablet ou móbil como animation desk. A aplicación facilita unha transparencia sobre o debuxo anterior ou a posibilidade de copiar o ultimo debuxo para facerlle pequenas variacións cunha ampla gama de ferramentas e de cores.



Neste exemplo unha alumna combina a técnica de animación 2D coa de stop motion.


A maxia da animación consiste nunha sucesión de imaxes mostradas de forma mecánica que producen, grazas á persistencia  retiniana, unha sensación de movemento fluído. Ofrece moitas posibilidades plásticas e narrativas ao permitir dar renda solta á creatividade dos artistas para realizar secuencias narrativas moi orixinais.

A secuencia é unha sucesión de feitos ou de elementos que gardan unha relación entre si e defínese como narrativo ao acto de contar unha historia.

Para a música e o audio temos a posibilidade de utilizar as nosas composicións ou aquelas compartidas con licenza creative commons. Actualmente youtube incorpora na súa bandexa de edición cancións que podemos engadir ao noso vídeo baixo este tipo de licenza.

Os  cinemagraphs tamén se coñecen como "fotos viventes". O efecto fai que só se reproduza unha área pequena dun vídeo, mentres que o resto permanece estático. Polo xeral, teñen un bucle continuo e infinito e crean efectos sorprendentes. Hai outras aplicacións que engaden efectos de movementos a fotografías, non son cinemagrah, conseguen efectos sobre imaxes estáticas.

A aplicación  cinemagraph consegue paralizar unha parte da imaxe da secuencia gravada. Todo permanece inmóbil excepto a zona que nós delimitamos borrando co dedo sobre unha transparencia azul que a aplicación mostra sobre a nosa gravación. No seguinte exemplo combínanse este recurso con outras técnicas.


 

Rápido, rápido, lento... Quedei xeado! , Cinemagraph, time lapse e stop motion.

Neste exemplo algunhas secuencias paraliceinas parcialmente coa aplicación extinguida echograph, combinándoas coa captura de imaxes temporalizada ou time lapse. Para obter un bo resultado é imprescindible utilizar un trípode para a cámara.

As aplicacións app tenden a mudar, desparecer ou cambiar de opcións gratuitas a de pago ou viceversa. Convén atopar as aplicacións de uso actualizado facendo unha busqueda na rede e investigar sobre a súas alternativas e opcións gratuitas.

Video-clip coas técnicas time-lapse e cinemagraph.


2. Actividade

Quedei xeado!

2.1 Tarefas

2.2.1 Atopar cinemagraphs na rede. Visualizamos os cinemagraphs de artístas. 2.1.2 Gravar un plano de 10 segundos coa cámara nun trípode. Situar no plano xeral a dúas persoas ou personaxes e unha delas movendo os brazos ou saltando. 

2.1.3 Cunha aplicación para facer un cinemagraph deixar xeado a un dos dous personaxes da acción gravada.
2.1.4 Nun editor de video facer a montaxe da secuencia ou secuencias con créditos, engadindo e nomeando unha música libre de dereitos de autor ou con licenza creative commons.




2.2 Recursos para as tarefas

Cámara dixital ou dispositivo móbil .

Computadora ou dispositivo móbil.
Aplicacións para conxelar parte dunha imaxe en movemento.
Aplicación para animar ou engadir efectos de movemento a parte dunha foto.


Exemplos de cinemagraphs


Apps para facer cinemagrahs (de valde en 2019)


Vídeos de ata 10 segundos.




Captura de movemento en quietude. App para IOS. (gratuita en 2019).


Cinemagrahs de máximo 5 segundos.




Apps de pago para facer cinemagraphs:


Cinemask Opción de pago

e plotaverse máis cara, para IOS.



Modificar fotografías ou engadir efectos de movemento:
(os resultados non son cinemagrahs)






Outras Apps para animar:

Paper spiral    -   Plastic    -   ianimate   -   Cutout    -   Puppet



3. Xustificación. Ligazón
 3.1 Temporalización
 3.2 Avaliacións


O potencial da video-creación como ferramenta educativa promove a aprendizaxe en todos os ámbitos educativos da educación secundaria grazas á socialización dos medios de comunicación e de produción. O consenso entre os investigadores dos medios é que a creación de audiovisuais pode ou non promover a aprendizaxe, dependendo de como se utiliza. Por este motivo tomando un enfoque centrado no alumno, o noso obxectivo é entender como o audiovisual se pode usar de maneiras que sexan consistentes coa forma en que as persoas aprenden.


4. Bibliografía e fontes
Capturas de pantalla (para capturas de movimiento)

https://www.genbeta.com/herramientas/sacale-el-maximo-provecho-a-las-capturas-de-pantalla-con-estas-7-aplicaciones-gratis-para-windows

Como facer unha rotoscopia
https://animacionblog.blogspot.com/2018/02/comosehaceunarotoscopiahaceranimacion2d.html