UD5. Expreso a cor nun soporte. AplicaPlástica.J.unidadedidactica


Actividade 5

















Expreso a cor.
Técnicas, soportes e formatos.
Observa e experimenta os materiais.
Gamificación con test empregando a APP Kahoot.
Exercicios creativos.

Contidos B1.4., B1.5
Criterios de avaliación B1.2., B1.3

Relacionado coa ABP2

1.Contidos

2.1 Actividades
2.2 Tarefas
2.3 Materiais e recursos.

3.Xustificación

4. Bibliografía e fontes



1. Contidos

Unha vez abarcados os contidos sobre a cor na UD2 imos coñecer e experimentar con diferentes técnicas, soportes e formatos.

Os materiais son as ferramentas coas que debuxamos, pintamos e nos expresamos. Definimos a técnica como un procedemento ou forma de usalo material. Repasa a clasificación das técnicas da UD3. Vamos a experimentar con técnicas mixtas escollendo unha técnica seca e otra outra técnica húmeda para mesturalas.

O formato dunha obra artística é o tamaño e o seu modo de presentación. Para os formatos aplicamos as nocións de composición tratadas na UD1. O formato máis utilizado para folios e láminas é o DIN A4. Os formatos DIN están baseados nun rectángulo áureo. As siglas DIN corresponden a Deutsches Institut für Normung, abreviatura ou acrónimo de Instituto Alemán de Normalización. Foi a primeira normalización establecida na historia sobre formatos en 1917 e actualmente seguimos a referirnos a ela para os formatos de papel industrial.  Baséase, como as demais series estandarizadas pola ISO (Norma Internacional), no sistema métrico decimal. Aínda que o formato máis usado da serie DIN é o A4, a serie baséase no formato A0, que equivale a un metro cadrado de papel.



Para pintar o noso cadro imos utilizalos formatos universais de bastidores para lenzos. Este sistema numerado xurdiu en Francia no século XIX para normalizala fabricación de bastidores.​ Existen tres series ou formatos diferentes: "figura", "paisaxe" e "mariña" que, a igual longo varían en anchura. Cada tamaño denomínase por un número, empezando polo 0, seguido do formato, por exemplo, "a 40 figura". O tamaño dun lado é sempre o mesmo e o outro vai diminuíndo, por exemplo un "40 figura" mide 100x81 cms. , un "40 paisaxe" mide 100x73 cms. e un "40 mariña" mide 100x65 cms.


O soporte pictórico é a superficie sobre a que se aplica a cor nunha pintura. O soporte e a cor son dous elementos indispensables da arte. Chamamos fondo á capa de preparación ou imprimación entre o soporte e a pintura.

Na historia da arte utilízanse gran variedade de soportes, con características propias como son a textura e a absorción. Os soportes máis usuais son: pergamiños ou papel, lenzos, as paredes para a pintura ao fresco ou para os murais e as táboas de madeira. O lenzo é o soporte máis estendido da historia da pintura, que permite pintar sobre grandes superficies cun peso axeitado para o seu transporte.







Cada técnica require un soporte adecuado. Para técnicas húmidas un papel cun alto gramaxe (gramos por centímetro cadrado) absorbe mellor a pintura líquida e o soporte non se engurra. Hai diferentes tipos de imprimación dun lenzo para cada preferencia de absorción.


Na produción cinematográfica e audiovisual empréganse patróns de cores para dotala de estética. A cor é unha poderosa ferramenta da linguaxe visual. A semántica da cor é diferente para cada cultura pero hai cores que transmiten mensaxes e sensacións universais. Os directores de arte utilizan a paleta de cores para conseguir formidables efectos e transmitir diferentes mensaxes ou emocións.



Análisis da cor na producción cinematográfica.

Sobre as cores usadas nas producións audiovisuais temos varios aspectos para analizar:

- Desde unha perspectiva pictórica, que ten que ver coa pintura, ao rememorar o colorido dos cadros, a luz e a súa composición.

- Sobre a ambientación da recreación histórica cando procúrase crear a atmosfera cromática dunha época.

- Desde a simboloxía, que utiliza as cores e os seus significados en determinados planos para suxerir e subliñar efectos específicos (por exemplo, o branco como representación da pureza).

- Da psicolóxica, que garda relación co efecto anímico que produce cada cor (por exemplo, a idea de que as cores cálidas exaltan e os fríos deprimen).






Mapas mentais ou visuais das cores azul e vermella,
baseados na lectura de Psicoloxía da cor de Eva Heller.




Cores primarias

Azul. Os seus aspectos afectivos son a tranquilidade, satisfacción, tenrura, amor e afecto. Representa a profundidade de sentimento e é unha cor tranquila, pasiva, asociativa, perceptiva e unificadora.
Amarelo. Representa a espontaneidade e é excéntrica, activa, expansiva, ambiciosa e inquisitiva. Os seus aspectos afectivos son a a expectación, a orixinalidade e a seguridade.
Vermello. Representa a forza de vontade, autónomo, locomotor, competitivo, eficiente. Os seus aspectos afectivos son a apetencia, excitación, autoridade e a sexualidade.
Cores secundarias

Verde. Representa a constancia de vontade e é unha cor concéntrica, pasiva, defensiva, autónoma, cautelosa, posesiva, inmutable. Os seus aspectos afectivos son a persistencia, autoafirmación, liderado e a autoestima. Laranxa. estimula o apetito Violeta. Representa a realización dos desexos e é irresponsable, intuitivo, sensible, inmaturo, afectivo, máxico.

Outras cores

Cores terra. Representa a receptividade sensorial pasiva e é física, sabedoría, dependencia, seguridade , falta de adaptaciòn.
Rosa. Representa dependencia. Gris. Representa a neutralidade. É imparcial, illante, ausente de compromiso.
Negro: Representa o límite absoluto e a negación, renuncia, abandono, extremo, rexeitamento, extinción, temor.
Branco. A cor branca representa o lado oposto de todo o que asociamos ao negro, e as persoas que usan o branco transmiten unha imaxe de bondade, pureza e inocencia, xa que esta cor simboliza paz, humildade e amor.




A imprimación é unha base que aplicamos antes de pintar para preparar a zona sobre a que imos traballar. Está composta por produtos para consolidar e igualar a absorción da pintura. Tradicionalmente os artistas preparaban as teas dos lenzos con produtos artesanais, resinas, cola de coello, etc. antes de pintar sobre elas. Os lenzos industriais teñen unha imprimación cun tipo de absorción media.

Nos papeis de acuarela tensados sobre un bastidor ou unha táboa aplícase unha base de látex para traballar con diferentes técnicas de lavado. Experimenta pintando con acuarelas primeiro sobre un papel seco e despois noutro papel humedecido previamente cunha esponxa.



2.1 Actividade

Expreso a cor nun soporte.

Proceso para preparar dous soporte pictóricos para dúas obras pictóricas que expresen unha mensaxe coas cores axeitadas.

Imprimar e preparar co material necesario as superficies, papel e tea, que van ser pintadas.

Expresar audiovisualmente diferentes sensacións por medio da cor dominante.



2.2 Tarefas

2.2.1 Tensar e imprimar un papel de acuarela sobre bastidor ou sobre táboa.
2.2.2 Imprimar a tea para un lenzo. Montar un lenzo.
2.2.3 Pintar un cadro que exprese a nosa identidade.
2.2.4 Autorretrato en acuarela.
2.2.5 Coa app skechtbook pinta dixitalmente os bosquexos, a partir das súas fotografías, cun dispositivo móbil.
2.2.6 Grava e edita unha curtametraxe cun dispositivo móvil na que experimentes con diferentes dominantes de cores en cada secuencia para expresar na mesma curta: alegría, medo, conflicto e tranquilidade.




2.3 Materiais e recursos para as tarefas

Un bastidor de madeira (número de bástidor do 1 ao 4) para a tarefa 2.2.1.

Unha vez terminada a acuarela o papel recórtase cun cutter e o bastidor é reutilizado para preparar un lenzo (tarefa 2.2.2).

Tea de algodón.

Acuarelas, acrílicos, pinceis, paleta para mesturar cores.

Grapadora para fixar o papel e montar a tela a un bastidor ou a unha táboa.

Pinturas acrílicas. Cores primarias máis branco e negro.

Brocha e pinceis.







App disponible para Windows ou Apple. Sketchbook é unha ferramenta utilizada por moitos ilustradores e está enfocada principalmente ao debuxo e pintura dixital. Está optimizada especialmente para traballar con pantallas táctiles e para usar tanto con lapis como cos dedos. O programa pasou a ser gratuito en 2018 e é preciso crear unha conta de Autodesk desde a web oficial.
Hai moitas ferramentas para pintar e debuxar unha imaxe para todos os dispositivos e sistemas operativos. Busca na rede otras alternativas e escolle a que máis che guste.

Kahoot para crear e xogar con preguntas e respostas.




Kahoot de 10 preguntas e respostas sobre técnicas gráfico-plásticas.








4. Bibliografía e fontes:





"A cor como recurso expresivo" García Navas,M.  UCM


Coñecendo a cor e aplicacións informáticas Lentico Egea,L  UAL



   Tecnicas de expresió gráfico-plasticas