ABP2 ARTISTAS COOPERATIVOS

ABP2
ARTIStac's CooperActivos











Obradoiros de creatividade cooperando e colaborando.
Somos parte da Arte.
Mediación e intervención artística.


Contidos
B1.1., B1.2.,B1.3., B1.4.,B1.5., B1.6.,B1.7.,
B1.8.,B1.9.,B1.10., B1.11., B4.3., B4.8

Criterios de avaliación
B1.1., B1.2., B1.3.,B1.4.,B1.5.,B4.2., B4.3.


AbP CORRELACIONADO COAS ACTIVIDADES:

UD1.  Compoñemos: Compositores da imaxe
UD2.  Coloreamos con criterio
UD3.  Materiais Motivadores
UD5. Expreso a cor







Esquema guión da aprendizaxe baseada en proxectos AbP


0. Introdución

1. Exposición da proposta aos estudantes.

2. Lanzamento do proxecto.


3. Planificación do proxecto e da súa avaliación mediante rúbricas.

4. Investigación e procura de información para contestar á pregunta guía.
5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.

6. Presentación do produto final xerado no proxecto e difusión.

7. Reflexión final sobre o aprendido, sobre o proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta e das actividades correlacionadas.


8. Materiais e recursos.

9. Bibliografía e fontes.



Mural cooperativo. Fotografía retocada coa app typorama.


0. Introducción 

O proxecto consiste en crear unha serie de murais nos que o alumnado participe, colaborando e cooperando en todas as fases de produción. O proceso está deseñado en base a un taller creativo e para que todas as persoas acheguen o seu traballo con igualdade. Trátase dun recurso artístico integrador de utilidade para cohexionar grupos e dunha ferramenta de mediación artística. Os productos finais desta abp poden ser ademáis de murais sobre papel e/ou muros, unha exposición colectiva.

Exposición colectiva de alumnado de ensino secundario

Cunha infografía realizada coa versión de valde da aplicación informática Piktochart o INTEF móstra o proceso seguido ao traballar mediante AbP. "...Hai unha serie de fitos presentes sempre que se traballa por proxectos...".



1. Exposición da proposta aos estudantes.
A primeira proposta é un mural cooperativo a partir do trazado continuo dunha liña que se entrecruce. Comezamos probando esta experiencia sobre un papel de embalaxe colocada sobre unha mesa longa ou varias mesas da aula unidas. En función do espazo dispoñible toda a clase pode participar no mesmo mural ou en varios grupos. O procedemento consiste en realizar liñas aleatorias sen levantar o rotulador groso do papel (serve tamén unha cera ou un carbonciño). O alumnado disposto ao redor da mesa vaise pasando o rotulador despois de realizar un trazo libre. Despois de que a ferramenta utilizada acha dado unha volta completa á mesa, os participantes cambian de lugar e realízanse novas liñas que se crucen coas anteriores. A continuación énchese con cores vivas os espazos pechados polas liñas. O resultado gráfico é unha obra conxunta de estilo abstracto con detalles figurativos. Cada participante decide que espazos colorear e que figuras lle suxiren.



A segunda proposta é pintar unha obra sobre lienzo para unha exposición colectiva cun tema actualizado escollido polo alumnado. Na ABP edurefugees cóntase o desenvolvemento de varias actividades e experiencias que culminaron nunha exposición colectiva de obras de estudantes de educación secundaria.



2. Lanzamento do proxecto.

O lanzamento do proxecto realízase mediante un evento inicial que esperte nos alumnos a necesidade de saber e que xerará as preguntas guía que dirixirán o proxecto.

A partir da introdución e contextualización da arte urbana facemos patente a necesidade de mellorar a estética da nosa contorna. Diferenciamos o vandalismo gráfico das producións con sentido estético na historia do grafiti. Analizamos o impacto do muralismo na historia da arte a través de figuras como Diego Rivera. Facemos patente o impulso actual do muralismo e do grafiti como unha ferramenta de transformación en positivo de múltiples espazos urbanos.

Buscamos a pregunta guía (driving question) utilizando o obxecto de interese dos estudantes como punto de partida e conectamos creativamente os estándares de aprendizaxe. Aínda que tamén pode facerse ao revés, desenvolver a pregunta guía determinando primeiro os estándares de aprendizaxe a traballar como na presente Abp na que primeiro temos traballadas as actividades correlacionadas. Ao final, o importante é que a pregunta debe esixir aos estudantes para aprender habilidades e contidos co fin de responder a unha pregunta interesante para eles. Fonte INTEF

O produto final desta aprendizaxe é un mural realizado directamente sobre algunha das paredes do centro escolar ou da súa contorna. Solicitamos os permisos pertinentes e de non existir a necesidade creamos os murais sobre cartón, taboleiro ou papel de gran formato para ser expostos.


Exemplos de preguntas guía para a ABP2

Todos os grafitis son arte?
Que impacto ten o mural na nosa sociedade?
Que temas ou mensaxes de índole social son do teu interese? Cales son os límites do correcto na arte? Como pode mellorar a túa contorna un mural?



Grupo pintando sobre papel un mural cooperativo.



3. Planificación do proxecto e da súa futura avaliación mediante rúbricas.

Temporalización 10 horas lectivas:
Presentación do proxecto: unha sesión.
Mural cooperativo sobre papel: Duas sesións.
Busqueda de información relacionada: Unha sesión.
Presentacións do alumnado: Unha sesión.
Mural: Catro sesións.
Reflexión final e avaliación: Una sesión.


Rúbrica para a avaliación dunha presentación con diapositivas do CEDEC.



4. Investigación e procura de información para contestar a pregunta guía.

O muralismo é un movemento artístico iniciado en México a principios do século XX, creado por un grupo de pintores mexicanos e intelectuais despois da Revolución Mexicana, reforzado polas crisis da gran depresión e da primeira guerra mundial. É un medio de expresión​ sobre o desexo dunha verdadeira transformación da sociedade que buscaban unha revolución social, política e económica.



No blog proxecto grafiti achegamos algunhas das nosas experiencias co mural.


Propóñense tres artistas de referencia: José Clemente Orozco, Diego Rivera e o artista galego Leopoldo Novoa. Cada estudante deberá achegar tres imaxes descargadas da internet co nome dos artistas seleccionados dos seus murais favoritos.

O alumnado presenta aos seus compañeiros as suas procuras sobre a historia do muralismo en diapositivas.



5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto, non só ao final traballo práctico, en obradoiros, onde se poña en práctica, aplíquese, os coñecementos e as capacidades adquiridos na fase inicial da investigación.
Rúbrica de avaliación do CEDEC para un mural.


6. Presentación do produto final xerado no proxecto ante unha audiencia e posterior difusión entre a comunidade educActiva. Publicación na revista do centro e nas webs colaborativas do alumnado.



7. Reflexión final sobre todo o aprendido e sobre os procesos seguidos mentres traballamos a competencia de aprender a aprender co noso alumnado. Así mesmo, hai unha serie de actividades (catro para o presente proxecto) que haberá que realizar ao longo do proceso e que finalizará xerando un produto final á vez que se produce unha aprendizaxe efectiva e unha reflexión sobre o propio proceso da aprendizaxe.

Proceso de decoración da cafetería dun Instituto.



8. Materiais e recursos.


Apps

App Prisma para IOS. Filtros para fotografías.






App graffiti spray can para IOS



Unha boa opción para compartir documentos


9. Bibliografía e fontes.

Experiencia AbP sobre Manuel María


M. A. Pérez Ortiz, Tesina, UPN, 2012 

"La enseñanza de la historia a través del muralismo de Diego Rivera


Proyectos de referencia nun Panel colaborativo.