UD12. Revistámonos.


Actividade 12 

Revistámonos.


Maquetación con Scribus, software libre e dispositivos móbiles.
Editamos un fanzine e unha webzine.


Contidos B3.7.,B3.8.,B3.9.B3.10
Criterios de avaliación B3.3.


1.Contidos
2. Actividades
 2.1 Tarefas
 2.2 Apps e materiais
3. Xustificación
4 Bibliografía e fontes.


1. Contidos

Unha das especialidades do deseño gráfico é a composición de textos e imaxes. As publicacións requiren dunha maquetación previa. Maquetar é compoñer gráficamente  as páxinas dunha publicación para distribuír os distintos elementos que van formar parte  delas e dar formato ás imaxes e ás diferentes tipografías.


No século XV Johannes Gutenberg inventa a imprenta que facilitou a difusión do coñecemento e dos medios de comunicación social ao longo da historia.

A principios do século XX a foto-compoñedora foi a técnica que supuxo unha revolución ao permitir imprimir unha imaxe coas mesmas cores que a orixinal por medio de procedementos fotográficos.


A cuatricromía para imprimir en cor está composta por catro pranchas ou películas das cores negra, amarela, azul cian e maxenta. Coas necesidades dunha maior rapidez de impresión e do abaratamento dos custos apareceu unha máquina que dispoñía dun cilindro xiratorio e na actualidade, a impresión de libros realízase con máquinas deste tipo.


O Tio Marcos d'A Portela foi unha publicación redactada por enteiro en galego en formato xornalístico  e distribuída principalmente nas feiras a partir de 1876. 



As publicacións periódicas xeralmente teñen unha periodicidade fixa e están editadas en fascículos ou en diarios con temáticas actualizadas diversas ou especializadas. Son publicación periódicas os xornais, as revistas de información ou entretemento, as revistas científicas e os boletíns ou newsletter.

Actualmente a maquetación está ao alcance de todos e é grazas aos programas de código aberto e aos programas de maquetación on line sinxelos e intuitivos. Editamos libros e revistas a partir de deseños e formatos preestablecidos para engadir textos, imaxes e ilustracións. O programa máis coñecido e profesional é Adobe inDesing que ofrece unha versión de proba de balde para 7 días en sistemas operativos MacOs ou Windows, pero temos á nosa disposición outros programas gratuitos.


A maquetación ata agora estaba reservada só aos profesionais. Na actualidade temos ao alcance de todos programas e aplicacións para maquetar libros, folletos, tarxetas e carteis, ademais de produtos dixitais como boletíns e revistas online, hai modelos con deseños preestablecidos cos que engadir diferentes elementos que axudan a compoñer facilmente unha páxina, como son imaxes, textos, iconas, fotografías e ilustracións libres de dereitos de autor.

Scribus é un potente programa de maquetación gráfica de código aberto gratis e unha multiplataforma coa que producir publicacións de nivel comercial cos principais sistemas operativos. O programa fai accesible aos principiantes á maquetación gráfica, sen limitar as funcións máis profesionais como por exemplo a xestión das cores para a impresión (cores pantone incluídos) e a cuadrícula  tipográfica. A ferramenta permite crear novas matrices que soportan capas, imaxes vectoriais e guías e cuadrículas intelixentes para engadir a imaxe e aliñar facilmente os distintos elementos e as páxinas mestras. Para explorar as posibilidades deste software de maquetación descarga o ficheiro pdf do manual desde a ligazón do CAFI.








Tiras cómicas de Barreiro e Smith en secundaria.




Tiras cómicas de alumnado de secundaria



2. Actividade

Revistámonos

Editamos un fanzine e unha webzine.

  A actividade consiste en editar unha publicación escolar na aula.





 2.1 Tarefas

2.1.1 Debuxar unha tira cómica de tres viñetas.

2.1.2 Deseñar personaxes manga.
2.1.3 Choiva de ideas para a nosa revista, fanzine ou webzine. Título e distribución de roles e grupos de traballo.
2.1.4 Crear unha webzine nun blog colaborativo.
2.1.5 Panel de artigos, ilustracións e viñetas en google Keep.
2.1.5 Facer unha entrada para a webzine nun blog colaborativo.




Keep google é unha ferramenta que permite facer taboleiros colaborativos de utilidade para facer unha selección de temas cara a preedición dunha revista.


 2.2 Apps e materiais







A app Pantone studio permite identificar gamas de cores. Pantone é un dos sistema de identificación de cores máis coñecido. Moi util para identificar cores para imprimilos dunha maneira precisa.




Hace ya tiempo que hablamos de Google Keep y lo cierto es que cada vez lo usamos más. Es innegable que ofrece menos funcionalidades que otras herramientas conocidas por todos como Evernote, pero nos resulta muy cómoda para gestionar, a nivel personal,  las tareas pendientes por realizar, y sobre todo por su sencillez a la hora de utilizarlo dentro y fuera del aula.

Centrándonos en esta última cualidad, con Google Keep podemos crear tableros y compartirlos con nuestros alumnos para elaborar, de manera colaborativa, determinada información. De manera esquemática:


Trabajo colaborativo Google Keep


  • Podremos utilizar los colores de las notas para clasificar el tipo de información que vamos a crear de forma colaborativa. (recursos, diccionarios, esquemas, galerías de imágenes,...etc)
  • Podremos utilizar las etiquetas para catalogar la unidad didáctica o proyecto al que hace referencia la nota o tablón.
  • Podremos utilizar el tipo de nota (lista, imagen o dibujo) dependiendo del tipo de información que queramos elaborar de manera conjunta.







Plataformas para facer unha webzine ou fanzine dixital con algunha das seguintes plataformas para facer blogs:








  • Blogaliza Plataforma de blogs da Asociación Cultural Blogaliza cos dominios blogaliza.org e blogaliza.gal
  • Blogger Plataforma de publicación de blogs de Google baixo o sufixo .blogspot.com ou dende dominios personalizados. Ofrece a súa interface traducida ao galego, para que a lingua non sexa unha barreira á hora de publicar contidos na web.
  • Blogoteca É o primeiro sistema de blogs feito en galego.
  • WordPress Plataforma coa súa interface adaptada ao galego na súa versión comercial (wordpress.com) e na súa versión de código aberto (wordpress.org). 
  • Fonte: Lingua.gal








    4. Bibliografía e fontes.













    Como compoñer no deseño gráfico (compoñer páxinas)