Manual de uso en galego

Manual de uso para o recurso AplicaPlástica

As actividades hanse correlacionadas cos criterios de avaliación e os contidos do currículo da Lei de Ordenación do sistema de Educación Secundaria en España e na Comunidade Autónoma de Galicia vixente durante o desenvolvemento do recurso en 2019. (LOMCE)

Para realizar unha búsqueda por criterios de avaliación ou por contidos do currículo da materia LOMCE para EPVA do curso 4o de ESO utilice as ligazóns do recurso do seguinte xeito: Criterio de avaliación B1.1 do currículo faga click en (Aval B1.1) e se busca por exemplo o recurso para o contido B4.3 do currículo faga click na ligazón (Con B4.3) para ese contido específico do currículo nas etiquetas situadas á dereita no blog do recurso.

currículo LOMCE: https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/secundaria/materias/es/epv

Para desenvolver estas actividades e tarefas facilítase unha información inicial ou introducción cos contidos que o alumnado completará investigando ou buscando nova información en Internet, é dicir, deberá aceder, obter, procesar e usar a información para crear novos contidos para saber comunicar con medios dixitais. A práctica e o exercicio desta competencia dixital logra que o alumnado aprenda a aprender por se mesmo. O proceso da aprendizaxe está pautado en cada unidade didáctica e as AbP relacionadas coa aprendizaxe das tarefas propostas.

O presente recurso e os seus materiais educativos están deseñados ex-profeso para o 4º curso de Educación Plástica e Audiovisual na ESO (Educación secundaria obrigatoria). Varias das súas unidades didácticas, actividades, tarefas e proxectos son extrapolables e factibles de colegir a outros niveis e para outros ámbitos educativos.

Para as aprendizaxes baseadas en proxectos AbP, a cada unha delas corresponden varias unidades didácticas, recoméndanse impartir previamente as actividades e tarefas relacionadas.

En canto ás aplicacións informáticas recomendandas cabe destacar que son moitas as apps que mudan de gratuítas a funcións premium ou de pago polo que recomendase, coa axuda do alumnado, atopar alternativas para os seus sistemas operativos que teñan as mesmas ou parecidas ferrramentas e funcións.

 

Descargar recurso completo con actividades interactivas.