UD14 O cadaver exquisito para o guión.

Actividade 14





O cadáver exquisito para o guión.
Técnicas creativas.
Desenrolar un guión con técnicas de escritura creativa, cooperando e colaborando.



Contidos B4.1.,B4.2.,B4.4.,B4.6


Criterios de avaliación B4.1., B4.2., B4.3




1.Contidos
2.Actividades
2.2 Tarefas
2.3 Recursos para as tarefas


3.Xustificación
3.1 Temporalización
3.2 Avaliacións

4. Bibliografía e fontes.


O ser humano é un ente comunicativo. Trátase dunha necesidade innata e o debuxo é unha das súas canles máis importantes como o demostra a inxente cantidade de manifestacións gráficas e artísticas desde a prehistoria ata os nosos dias.

O garabato e a primeira manifestación gráfica no proceso evolutivo dos nenos. Os procesos visuais de comunicación e expresión teñen o seu inicio nos garabatos. No libro "A mirada  opulenta" de Román Gubern defínese a etapa do garabato na infancia (ao redor dos 3 anos) como parte da evolución da síntese e a análise da representación nos nenos.


Un garabato serve de inspiración, a partir das súas liñas, para suxerirnos figuras. A partir da percepción visual dun pequeno trazo o cerebro interpreta e aplica conceptos visuais propios e innatos que nos permiten debuxar novas formas.


Recentes investigacións demostran a utilidade do garabato, un feito que para aquelas persoas que o utilizamos de forma intuitiva, como recurso para a concentración, vénnos que nin pintado. Agora está demostrado que garabatear e
debuxar axuda a concentrarse mentres atendemos por exemplo unha chamada de teléfono ou cando asistimos a unha conferencia.


O "cadáver exquisito" consite en que cada parte da obra está realizada por unha persoa diferente que descoñe o traballo das demais. Os participantes escriben ou debuxan por quendas nunha folla dobrada que pasan duns a outros sen que se vexan máis que as liñas finais do debuxo anterior ou a última frase escrita. Estas obras están baseadas no inconsciente como xerador de imaxes sen a intervención da razón, seguindo un sistema de trascripción automática.

O cadáver exquisito era utilizado polos surrealistas nos anos 20 do século XX. O nome derívase dunha frase que xurdiu cando foi escrito por primeira vez en francés: " Lle cadavre - exquis - boira - lle vin - nouveau " (O cadáver exquisito beberá o viño novo). Neruda e Lorca o chamaban "á limón" e Dalí xunto con Gala, André Bretón e Valentine Hugo crearon debuxos con este procedemento cooperativo.

Trátase dun estupendo recurso para xerar novas ideas, imaxes, guións, debuxos, argumentos e poesías. A versión máis sinxela para o debuxo é con dous participantes: O primeiro debuxa un garabato sinxelo nun folio e o segundo debe completar ou complementar as liñas para debuxar a partir del unha forma reconocible.




Una variedade plástica do acordeón literario é o acordeón plástico no que unha folla divídese en 4 ou 8 rectángulos. cada debuxante non ve o debuxo anterior e ten que continuar a partir das liñas marcadas no encarte.

As redes sociais serven para convocar iniciativas para compartir debuxos creados a partir dun garabato, como en garabatember ou como inktober, tratándose de retos para mellorar habilidades de entintado e desenvolver hábitos de debuxo positivos, sendo desafios anuais para estudantes, docentes e artistas que comparten as súas creación cun hashtag.

O cadaver exquisito é parente doutros recursos creativos que foran experimentados tamén polos surrealistas:

O frotagge consiste en fregar un lapis sobre unha folla colocada sobre un obxecto para conseguir texturas diferentes.
A decalcomanía consiste en aplicar témpera ou gouache negro sobre un papel colocado encima doutra folla sobre a que se exerce unha lixeira presión para ser despegadas antes de que se sequen.
O fumage ou afumado consiste en impresionar as manchas de cor mediante o tiznado que desprende unha vela ou o lume. Pódese levar a cabo sobre papel, sobre lenzo ou sobre o teito. O soporte debe estar colocado por encima do lume, para que o fume impregne esa superficie.
O Papier collé consiste en pegar recortes de tea ou papel nas obras de forma similar ao colaxe pero caracterízase porque a forma das pezas pegadas determina o obxecto en si. O pintor cubista Georges Braque, inspirado na técnica de colaxe de Pablo Picasso, realizou entre 1912 e 1914 unha ampla serie de papiers collés entre os que se atopa Violín e vaso.

Outras técnicas consisten en atopar ideas e construir frases a partir de xeradores de palabras aleatorias, abrindo libros ao azar e cos ollos pechados para sinalar unha palabra ou utilizar un caixon ou bolsa con palabras recortadas. Tres palabras diferentes poden servir para crear frases orixinais e ter unha nova idea de partida.

De igual maneira serven buscadores de sílabas finais, de inicios de palabras, de anagramas. Por exemplo anagramas de "amor" son "Roma" e "armo" e os xeradores de acrósticos crean automaticamente unha poesía completa única e lendo a primeira letra de cada liña da poesía, aparece a palabra que escribiches. Nos procesos de ilustración e de creación de poesías audiovisuais caben todos estes recursos que mixturados ofrecen novas posibilidades creativas.

A obra mestra do pedagogo Gianni Rodari é a Gramática da fantasía (1973), subtitulada Introdución á arte de inventar historias, un ensaio de pedagoxía dirixido ao persoal docente, aos pais e aos animadores. A obra é resultado de anos de traballo no campo da fantasía e un referente para obradoiros creativos.

A ABR ou aprendizaxe baseada no Reto (CBL) é unha iniciativa no canto de presentar aos estudantes un problema para resolver. O ABR ofrece conceptos xerais dos que os estudantes obteñen os retos que terán que abordar. Ademais, de fomentar o uso das tecnoloxías web e móbiles, tales como ferramentas e wikis colaborativos este modelo é, con frecuencia, interdisciplinar no seu enfoque, e alenta proxectos que involucran á comunidade en xeral. A combinación do que permite aos estudantes elixir o seu desafío e a vinculación destes desafíos á interacción da comunidade aumenta o investimento dos estudantes nun resultado produtivo.

Esta unidade didáctica complementa ou continua co aprendido na unidade 4 "Cómo creamos".



Actividade:


O cadáver exquisito para o guión.

Escribimos un guión a partir dun cadáver exquisito e creamos imaxes e unha video creación cooperativa de toda a clase.


Elaboramos vídeo-creacións para ilustrar audiovisualmente o argumento cunha secuencia de animación 2D e/ou stop motion. Debuxamos un storyboard (guión gráfico) para ordenar a narración e definir encádrelos da escena.

Tarefas:


2.2.1 Crear una nube de palabras aleatorias con ABCya e facer unha captura de pantalla.

2.2.2 Debuxar á limón a partir de garabatos.
2.2.3 Acordeón literario e acordeón plástico con debuxos. Un cadáver exquisito.
2.2.4 A partir dun tema escollido nunha choiva de ideas escribir un cadáver exquisito por grupos de 5 ou seis participantes (darlle dúas voltas). Un dos participantes lee o resultado e del extráese un argumento para un guión.
2.2.5 Facer unha video creación cooperativa a partir do argumento da tarefa anterior. En grupos de 3 participantes crear unha secuencia audiovisual.







Secuencias audiovisuais a partir de textos aleatorios da obra "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez para un proxecto de animación á lectura

Seguir a secuencia de traballo para a tarefa 2.2.5 








2.3 Recursos para as tarefas













abcya.com crea composicións aleatorias das palabras introducidas.




Captura de pantalla con opcións avanzadas app.prntscr.com







buscador de palabras aleatorias...