ABP4. Á ESCENA


ABP4
Á ESCENA














A ESCENA VISUAL COLABORATIVA
Escenografía física, virtual e multimedia.
Varios proxectos.



Contidos
B2.1., B2.2., B4.1., B4.2., B4.3., B4.4. e B4.6
Criterios de avaliación
B2.1., B4.1., B4.2. eB4.3.
Do currículo LOMCE vixente en 2019

CORRELACIONADO COAS ACTIVIDADES

UD14.  O cadáver exquisito para o guión
UD15.  Quedei xeado!







Esquema guión da aprendizaxe baseada en proxectos AbP


1. Exposición da proposta aos estudantes.


2. Lanzamento do proxecto.



3. Planificación do proxecto e da súa avaliación mediante rúbricas.

4. Investigación, curación de contidos ( con hashtags = # ) e procura de información para contestar á pregunta guía.

5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.

6. Presentación dos produtos finais xerados no proxecto e difusión.

7. Reflexión final sobre o aprendido no proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta da ABP e das súas actividades correlacionadas.

8. Materiais e recursos.
8.1 Materiais relacionados
8.2 Aplicacións informáticas e APPs

9. Bibliografía e fontes.










0. Introducción


Imos mostrar as nosas capacidades escénicas e coas nosas artes visuais e multimedia. Expomos ao alumnado pensar nun produto creativo relacionado coa posta en escena. Deseñamos e creamos produtos útiles para o noso centro educativo que facilitan unha aprendizaxe aberta e participativa. Innovamos con ideas de aprendizaxes a través do uso de tecnoloxías e seu emponderamiento para escenificar os resultados con multiples e diferenciadas postas en escena. No primeiro proxecto facilitamos ao alumnado a preparación dun relatorio e conferencia, unha mostra de obra plástico-gráfica nunha sala de exposicións da nosa contorna, a coordinación dun flashmob e unha performance para o evento de inauguración da exposición anual do alumnado de Artes e grazas á colaboración e cooperación de varios departamentos.

Na primeira fase do proxecto o alumnado realiza entrevistas coa app spreaker.




1. Exposición da proposta aos estudantes.




Produto audiovisual do proxecto ABP edurefugees


Na experiencia #edurefugees a formulación da proposta veu dada pola experiencia de tres alumnos que asistiron ao programa social e educativo "Europa comeza en Lampedusa" en Italia. Ao seu regreso en colaboración co departamento de filosofía realizaron varios relatorios como a conferencia que se mostra no vídeo (aconsellable para iniciar unha exposición para un proxecto sobre a mesma temática no teu centro de ensino). O departamento de debuxo e artes plásticas decidiu por maioría que a exposición anual de alumnos de bacharelato de artes dese ano tivese como tema as migracións. O proxecto tivo varias postas en escena. Primeiro o relatorio como presentación e como resultado unha exposición de obras artísticas relacionadas en cuxa inauguración colaboraron varios membros dos departamentos de artes plásticas, escénicas e música. Realizouse unha performance e varias actuacións musicais.


2. Lanzamentos dos proxectos.

Os lanzamentos dos proxectos realizáronse, o primeiro, mediante unha ponencia inicial que espertou nos alumnos a curiosidade e o debate sobre o tema proposto e do que xeráronse preguntas guía que dirixiron as seguintes tarefas.

A partir da introdución e contextualización das migracións do ser humano atopamos a necesidade de solicitar a cooperación de outros departamentos como o de Filosofía e o de Historia.


No segundo proxecto, de integración social, cooperamos ofrecendo a proposta a un centro ocupacional da nosa localidade no que a posta en escena obtivo como resultado unha vídeo creación realizada por un prototipo de cooperativa escolar audiovisual, proxectado no Festival Redondela en curto e que obtivo o premio Andaina en 2018. A proposta realizouse xuntando ao alumnado dun grupo de educación secundaria post-obrigatoria con alumnos do centro ocupacional, onde fixemos unha presentación e lanzamento do prototipo de colaboración en conxunto. As preguntas guía versaron sobre a identidade, libertade e locura. Fonte propia.

Buscamos a pregunta guía (driving question) utilizando o obxecto de interese dos estudantes como punto de partida e conectamos creativamente os estándares de aprendizaxe. Aínda que tamén pode facerse ao revés, desenvolver a pregunta guía determinando primeiro os estándares de aprendizaxe a traballar como na presente Abp na que primeiro temos traballadas as actividades correlacionadas. Ao final, o importante é que a pregunta debe esixir aos estudantes para aprender habilidades e contidos co fin de responder a unha pregunta interesante para eles. Fonte INTEF


Exemplos de preguntas guía para o primeiro proxecto ABP3

Que mitos hai sobre os inmigrantes?
Que impacto teñen as artes visuais e escénicas na nosa sociedade?
A que tendencias políticas moléntalles os inmigrantes ? Son os dereitos humanos para todos? Como pode mellorar a protección internacional para a humanidade?





3. Planificación do proxecto e da súa futura avaliación mediante rúbricas.

Temporalización 10 horas lectivas:

Presentación do proxecto: unha sesión.
Presentación de prototipos: Duas sesións.
Busqueda de información relacionada: Unha sesión.
Presentacións do alumnado: Unha sesión.
Repartir roles e elaborar o producto: Catro sesións.
Reflexión final e avaliación: Una sesión.


Rúbrica para a avaliación dunha presentación con diapositivas do CEDEC.



4. Investigación e procura de información para contestar a pregunta guía.

O alumnado presenta aos seus compañeiros as suas procuras sobre a historia das migracións e como os artistas interpretaron os éxodos humanos para a súa ponencia no salón de actos do centro educativo. Mentres outro grupo realiza entrevistas en formato radiofónico sobre a temática proposta e elaboran unha secuencia de fotografías sobre os diferentes planos e ángulos tendo como fio conductor "Que levarías na maleta si tiveras que marchar do teu pais"



5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.






6. Presentación dos produto finais xerados nos dous proxectos e difusión. Ante unha audiencia en vivo e ou por streaming entre a comunidade educActiva e a súa posterior difusión. Publicación na revista do centro e nas webs colaborativas do alumnado. Asignación de roles de community managers educativo entre o alumnado e profesorado voluntario.


haz lo que necesites - fai o que precises -Do what is need 
Premios á animación coa técnica stopmotion do proxecto edurefugees.
O alumno Daniel Calvar, codirector da curta, conta o proceso de primeira man.



Exposición colectiva de alumnado de bacharelato en 2019
Documental premiado


Produto final do 2º proxecto ABP3
Premio Andaina 2018 de Redondela en curto




7. Reflexión final sobre o aprendido no proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta das ABP e das súas actividades correlacionadas.
Levamos á práctica a competencia de aprender a aprender co noso alumnado. Así mesmo, hai unha serie de actividades (catro correlacionadas para o presente proxecto e as tarefas especificadas en cada ligazón dos proxectos levados a cabo) que haberá que realizar ao longo do proceso e que finalizará xerando os produtos finais á vez que se produce unha aprendizaxe efectiva e unha reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe.


8. Materiais e recursos.

8.1 Materiais relacionados
8.2 Aplicacións informáticas e APPs



8.1 MATERIALES RELACIONADOS e COMPLEMENTARIOS 
Fuente @educatribu



Arquivo en formato pdf que contén un dossier, complementario a 20 paneles, dunha exposición gráfica, elaborado por Javier Alquézar Penón. Son materiais aproveitables para contextualizar a historia. Trátase dunha guía didáctica con orientacións, actividades e propostas de intervención na aula. Inclue un repertorio de cuestións en torno aos refuxiados no mundo e ao longo da historia.


O BARCO DO EXILIO


"...Proxecto colaborativo de aprendizaxe en centros ( PBL) e educación expandida acerca da memoria e a actualidade dos exiliados (refuxiados, migrantes). Participan aprendices, docentes e investigadores de todos os continentes a través dos escenarios dixitais e as redes sociais, con distintos roles: guías, dinamizadores, procuradores de contidos ou usuarios das redes. Os camarotes do Barco xa deron cabida a varios proxectos particulares que recrean distintos aspectos temáticos a partir dunha análise de problemas..." Fonte


A partir da fotografía de Agustí Centelles Fernando Marco Melero presenta un traballo para 4º de ESO onde subliña a importancia da fotografía como fonte histórica, a necesidade dunha lectura crítica das imaxes con datos sobre a guerra civil española, sobre o papel da muller no bando republicano, o exilio e os campos de refuxiados na Francia baseandose na exposición “Todo Centelles” organizada pola Universidade de Zaragoza.

Experiencias do alumnado galego que visitou a illa de Lampedusa para participar nun proxecto social e educativo internacional do Ministerio de Ensino de Italia que compartimos cos hashtags #edurefugees e #EuropaLampedusa.








O “Astral” é un veleiro de 30 metros construído nos anos 70 que sempre fora usado como luxoso barco de recreo. Ata que na pasada primavera o seu dono, consciente de que nese mesmo mar polo que el navegaba cada ano morrían miles de refuxiados tentando chegar a Europa, cedeuno á ONG Proactiva Open Arms. Tras un complexo proceso de remodelación, a embarcación converteuse nun barco de vixilancia e salvamento e partiu rumbo ás costas de Libia para levar a cabo a que sería a súa primeira misión de rescate cun equipo de TV do programas Salvados a bordo. Fonte



8.2 Aplicacións informáticas, tutoriais e APPs




App para facer entrevistas e montar programas de radio.



Apps para actrices e actores

Dubsmash App que che asegurará practicar da forma máis divertida. Trátase de elixir un son famoso para logo interpretalo e compartilo cos teus amigos. Se malgastas creatividade a túa tamén podes subir os teus propios audios e popularizalos na web. Ligazóns:  Androide e  IOS.

Rehearsal 2 (iPhone): 
Moi útil para aprender os teus textos, organizar guións e castings, e colaborarando con outras compañeiras e compañeiros. Ligazón.

Script Rehearser (Androide): Versión homóloga da app anterior para sistemas operativos Androides e gratuíta. Ligazón.

Prol Promter ( iPhone): Creada por un teleprompter profesional, permite ler os teus guións de forma fluída. Poderás elixir fonte, tamaño de fonte, fondo, e moito máis. Ligazón IOS.

Dv Prompter ( Androide): A versión equivalente a anterior para dispositivos Androide, ao descargala da a opción de mercar Hardware como axustar o dispositivo na cámara para poder ler e interpretar os teus guións durante a grabación. Ligazón para Androide.


Crear apps
Appypie para crear a tua propia app