UD11. É a miña typo


Actividade 11














É a miña typo


Deseñar unha tipografía. 
Composición de textos e logotipos.
Retrato tipográfico.

Contidos curriculares B3.1, B3.2 e B3.5 
Criterios de avaliación B3.1 e B3.2

Actividade para a aprendizaxe baseada en proxectos ABP1 PUBLICREACTIVOS.





1. Contidos

2. Actividades
 2.1 Tarefas
 2.2 Recursos para as tarefas

3. Xustificación

4. Bibliografía e fontes.





1. Contidos


O espazo compositivo, as imaxes, as cores, o medio de difusión e a tipografía son elementos propios da comunicación visual. No deseño editorial, de libros ou de publicacións periódicas como revistas e xornais a elección da tipografía ten unha destacable importancia tanto no título do libro ou na cabeceira do periódico como na súa maquetación.


A tipografía é o modo ou estilo en que está impreso un texto. A técnica consiste en imprimir textos a partir de tipos ou matrices en relevo, entintadas e presionadas sobre o papel.

A tipografía está presente no nome, no logotipo da marca, nas imaxes que evocan a marca na páxina web, na papelería corporativa, na sinalización e no envase do produto. Todo suma e contribúe a potenciala imaxe de marca.

Na idade media os monxes debuxaban a man os textos e encabezamentos dos libros. Coa invención da imprenta a finais do século XX chegou a primeira tipografía creada por Johanes Gutenberg, é a denominada Blackletter ou letra gótica. A historia da tipografía remóntase miles de anos, a partir da invención da escritura cuneiforme en Mesopotamia que representaba os caracteres e as palabras con símbolos en forma de cuñas e cravos.


Táboa de barro de escritura cuneiforme en idioma acadio. Foto de Mikel Peel CC BY-SA 4.0

Letra G Blakletter, dominio público, por Júlio Reis.



A Tipografía no deseño editorial está presenta no texto dunha cuberta (portada, lomo e contraportada) e nos textos do deseño interior. Os deseñadores gráficos non soamente se concentran nas cores, as texturas, a composición e máis elementos para crear un impacto no receptor da mensaxe, senón tamén no tipo de letra que empregarán para facer unha proposta gráfica orixinal e completa.


Tipografía coloreada con sketchbook


O deseño gráfico publicitario debe coidar especialmente a tipografía para a difusión en medios masivos, na publicidade directa e na promoción dun produto en xeral. A tipografía ten moito protagonismo nos anuncios de publicidade nos titulares e coídase de armonizar cos textos explicativos e cos eslógans. Nas imaxes evocadoras engádense textos para concretar a mensaxe cunha tipografía axeitada.

O texto no deseño dunha imaxe visual corporativa está presente no logotipo da marca, na tipografía para o envase do produto (packaging) e na señalética (sinalización dun local ou na sinalización de espazos exteriores). A tipografía do logotipo distingue á marca cunha identidade visual propia.

Branding ou marca persoal consiste en deseñar e identificar a nosa propia marca: unha imaxe pública individual que promovemos ante os demáis.


Para ter unha marca persoal debes definir os teus obxectivos. Identifica qué podes ofrecer ao teu público potencial e pescuda en qué área te desenvolves mellor. Escolle e determina qué vas comunicar e cómo.


Beneficios dunha marca persoal

 1. Vas facer que as persoas, colectivos e empresas te vexan.
 2. Vas aparecer ante a túa audiencia obxectivo coa imaxe que ti proxectes.
 3. Atraerás oportunidades de traballo ou de colaboracións.
 4. Eventualmente poderías verte como un líder de opinión.
 5. Dependendo da xestión da túa marca persoal, lograrás que a xente te perciba       como alguén cunha opinión que vale a pena ler ou escoitar.
 6. Deberás ter en conta outras cousas para xerar persoal branding positivo:
    A túa biografía ou a túa historia.
    A túa linguaxe, o que dis e como o dis.
    A túa imaxe (tanto física, como virtual).
    A túa presenza en liña (páxina web, blogue, redes sociais).



Para a túa imaxe persoal pensa nos teu target ou obxectivo.



Infografía deseñada coa app icongraph para IOS



A identidade corporativa dunha marca, institución ou empresa é a súa personalidade e os valores e crenzas coas que se identifica, e grazas ás cales, diferénciase do resto ao longo do tempo. Na identidade dunha persona o que fai e di dános unha idea de quen é ela. Os seus valores e filosofía de vida, as súas afeccións, as súas orixes, a súa familia e amigos, as súas pertenzas e o seu vestiario, a súa cultura. Nunha empresa ou institución o logotipo forma parte da súa indentidade.

A imaxe corporativa dunha marca é a imaxe que o público ten desa entidade. Por unha banda, son as ideas, sensacións e prexuízos que temos antes de coñecer os servizos ou produtos dunha marca. Por outro: as experiencias e xuízos que adquirimos despois de coñecelos. Moitas veces confundimos a imaxe corporativa coa identidade visual dunha marca. Cando falamos de logotipos, papelería, deseño dunha páxina web, falamos da identidade visual. A imaxe corporativa é anterior ao deseño. É o concepto da marca e o seu posicionamento. O deseño, a identidade visual corporativa, debe axudar a expresar o que queremos que transmita a imaxe corporativa dunha marca.








2. Actividade

"É o meu tipo" 
A miña identidade con tipografía.

A actividade consiste en deseñar un logotipo do seu nome, como si dunha marca comercial se tratara. O logotipo debe estar realizado cun deseño propio. O produto final será a elaboración dunha camisola cunha técnica de estampación escollendo unha cor ou unha combinación armónica de cores que nos identifiquen.

A formación da identidade nas persoas é un proceso que comeza a configurarse desde o momento do noso nacemento, xunto a certos feitos e experiencias básicas. A identidade fórmase outorgándonos unha imaxe complexa sobre nós mesmos, a que nos permite actuar en forma coherente segundo o que pensamos. A identidade compórtase como algo relativo, como un núcleo plástico capaz de modificarse ao longo da vida e do seu desenvolvemento.


Esta actividade está deseñada para complementar a ABP1 Publicreactivos.




 2.1 Tarefas

2.1.1 Busca diferentes tipografías para a primeira letra do teu nome.
2.2.2 Debuxa bosquexos en folio do teu nome con regra e rotuladores.
2.2.3 Deseña a túa tipografía cunha app ou nunha computadora. Busca opcións gratuitasFai unha captura de imaxe do deseño das letras que precisas. 
2.2.4 Deseña un anuncio para a túa marca cun slogan.
2.2.4 Facer una prancha ou matriz de gravado en linóleo.
2.2.5 Estampar o logotipo nunha camisola.
2.2.6 Facer un retrato tipográfico a partir dunha fotografía. 
2.2.7 Seleccionar unha tipografía para o logotipo da revista do teu centro.



Proceso:
 1 Tipografía personalizada na web prototypo.
 2 Engadir texto con typorama ou outra app alternativa.
 3 Recortar a imaxe.



 2.2 Recursos para as tarefas. Apps.



app.prototypo.io para deseñar a tua 

Nesta web podes crear facilmente a túa tipografía variando unha ou movendo as liñas que compoñen o debuxo de cada letra.


Web para facer sinxelas tipografías


Este sitio web permite descargas gratuitas de fontes tipográficas.


..

App TYPORAMA para engadir texto a unha foto. (IOS)

Unha maneira sinxela de crear efectos visuais atractivos é utilizar una app como Typorama ou como Phonto. Crea asombrosos debuxos mediante a transformación "automáxica" de textos e fotos en bonitos deseños  tipográficos. Non hai máis que elixir un fondo e teclear o texto para ter unha tipografía diferente. Aforra moitísimo traballo ao crear automaticamente complexos deseños de texto con distintas fontes e tipografías. Con pulsar unhas poucas veces terás un bonito texto deseñado no fondo que elixas. Isto levaríache horas con Photoshop ou outro editor fotográfico similar pero os deseños de texto non son persoais e xéranse aleatoriamente ao elixir distintos estilos. Non fan falta coñecementos de deseño.

App PHONTO para engadir texto a foto. (Androide)


Deseños tipográficos app Androide




https://itunes.apple.com/es/app/adobe-capture-cc/id1040200189?mt=8&ign-mpt=uo%3D4


 Materiais para as tarefas plásticas:

Láminas, xogo de regras, portaminas 0.5, rotuladores ou lápices de cores.

Prancha de linóleo, xogo de gúbias, tórculo ou unha culler e tintas calcográficas.


Unha camisola branca.






3. Xustificación. Ligazón

OBXECTIVOS

1. Reflexionar sobre a importancia dos elementos gráficos no proceso de comunicación. 2. Coñecer os ámbitos da sociedade nos que participa o deseño gráfico. 3. Recoñecer os procesos de creación de produtos gráficos. 4. Coñecer as fases de produción de elementos impresos. 5. Incorporar os novos desenvolvementos gráficos en soportes audiovisuais. 6. Apreciar as posibilidades dos programas informáticos aplicados ao debuxo e ao deseño. 7. Distinguir as vantaxes dos traballos realizados por computador.



4. Bibliografía e fontes.