Guía didáctica en galego.


Guía didáctica





Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación e serviron para analizar, comprender e resolver os problemas de representación e para achegar solucións visuais, plasmando nunha imaxe ou representación gráfica, as intencións comunicativas, narrativas ou expresivas. 



−  Promover a apropiación e reelaboración de imaxes fotográficas como resposta a diferentes propostas creativas e como resposta a distintos problemas artísticos. 


−  Promover a procura de formulacións nos que as relacións entre a arte e a cultura non sexan entendidas como concluíntes e estancas, localizando propostas que poidan ilustrar e representar as posibles direccións e conexións que se dan entre elas. 

−  Propiciar a análise e a experimentación con distintos procesos de creación artística que empreguen ou empregasen (debuxo, pintura, escultura...) ao longo de distintos momentos e en distintas culturas. 

−  Propoñer lecturas reflexivas de imaxes e de documentos relacionados con esas imaxes buscando apreciar calidades plásticas, conceptuais, culturais... 

−  Promover o desenvolvemento de proxectos individuais ou colectivos para crear imaxes e solucións artísticas, como resposta a problemas sociais ou como diálogo con outras imaxes existentes. 

−  Impulsar a análise de imaxes e obxectos artísticos de diferentes espazos e tempos buscando entender os seus procesos de creación como produtos complexos nos que interveñen diversos factores.




Propostas de traballo:



− Elaboracións artísticas, a partir de determinadas propostas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a variacións do produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupales e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou ao a finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo establécense unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunca carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercizos realizados sobre papel, onde sube as suas imaxes dixitais e as sas presentacións e diapositivas.



Para desenvolver estas actividades e tarefas facilítase unha información inicial ou introducción cos contidos que o alumnado completará investigando ou buscando nova información en Internet, é dicir, deberá aceder, obter, procesar e usar a información para crear novos contidos para saber comunicar con medios dixitais. A práctica e o exercicio desta competencia dixital logra que o alumnado aprenda a aprender por se mesmo. O proceso da aprendizaxe está pautado en cada unidade didáctica e as AbP relacionadas coa aprendizaxe das tarefas propostas.


O presente recurso e os seus materiais educativos están deseñados ex-profeso para o 4º curso de Educación Plástica e audiovisual na ESO (Educación secundaria obrigatoria). Varias das súas actividades e proxectos son extrapolables e factibles de colegir a outros niveis e para outros ámbitos educativos.
As actividades hanse correlacionadas cos criterios de avaliación e os contidos do currículo da LOMCE vixente durante o deseño destes recursos eduactivo (ver manual de uso)
 
 
 
 

Fontes:
Propostas de traballo de:
nagusia.berritzeguneak.net pdf
Obxectivos dixitais nos recursos educativos: