ABP5. ROLAMOS

ABP5 en obras




ROLAMOS
ROLE PLAY
Póñome na pel doutro e dun artista.
Gamificación, fotonovela, animación, expresión e interpretación.

Contidos B1.10., B1.11., B4.1., B4.2., B4.3., B4.4.,B4.6
Criterios de avaliación B1.5., B4.1., B4.2. B4.3.

CORRELACIÓN COAS ACTIVIDADES:

UD4. Cómo Creamos
UD6. Proceso as miña artes



Esquema guión da aprendizaxe baseada en proxectos AbP



0. Introdución.1. Exposición da proposta aos estudantes.
2. Lanzamento do proxecto.
3. Planificación do proxecto e da súa avaliación mediante rúbricas.
4. Investigación e procura de información para contestar á pregunta guía.
5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.
6. Presentación do produto final xerado no proxecto e difusión.
7. Reflexión final sobre o aprendido, sobre o proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta e das actividades correlacionadas.
8. Materiais e recursos.
9. Bibliografía e fontes.


0. Introdución

Nesta ABP proponse traballar dous temas, por unha banda, o proceso de creación artística. E por outra banda amplialo noso coñecemento artístico así como impulsalo interese por ver  e disfrutar das obras de arte nos museos e galerías. Así, a través da ABP Rolamos, meterémonos no rol de pintores famosos e descubrirémolo fascinante mundo da arte e a creación.
Imos partir da idea de que para gozar dunha obra artística precisase facer unha análise minuciosa dos seus detalles, dos elementos que a forman, como os entornos, os escenarios, as vestimentas e accións dos protagonistas, os obxectos que manexan, así como a intención do autor á hora de representalos. Pode suceder que as obras de arte resulten mudas a unha sociedade con pouca información sobre o universo artístico e o contexto histórico ó que pertencen
E se nos metemos no papel dun artista?, nese mesmo momento da creación da obra?, ou no seu dia a dia?, poida que  a partir deste xogo o coñecemento de pintores e obras de arte resulte máis emocionante, atractivo e sinxelo.
Imos basrarnos no Role Playing para o desenvolvemento da ABP. É unha técnica onde se adopta o papel dun personaxe concreto e se representa unha situación coma se fose a vida real. Primeiro consiste en imaxinar a forma de actuar dos distintos personaxes en situacións diferentes, despois, toca actuar!, realizar pequenas representacións teatrais con certa improvisación para traballar  expresións, reaccións, sentimentos, etc. Axudarache a poñerte no lugar doutras persoas. Aprender sobre elas e a coñecer outras formas de pensar, actuar e desenvolverse. Tentaremos practicar o Role Playing en grupo, de forma que cada un dos alumnos represente a un personaxe diferente.




 1.   Exposición da proposta

Trátase de impulsar unha exposición artística para o centro e extendela de ser viable á nosa localidade. Buscaremos unha estratexia exitosa para darlle a maior divulgación e chegar ó maior número posible de público.
Nos mesmos pintamos os cadros meténdonos na pel dun artista coñecido e así coñeceremos de cerca o seu proceso creativo.


2. Lanzamento do proxecto. Pregunta guía. Produto ou reto final

O proxecto consiste en acercala arte ó noso centro e ó noso pobo. Establecendo unha coexion entre a aula e ou estudo de artista ou museo. Para iso organizaremos unha exposición para a cal se realizará un conxunto de cadros, colaborando e cooperando en tódalas fases de produción, organización e promoción da mesma. O produto final desta aprendizaxe é unha exposición das obras realizadas que resulte atractiva e interesante para o resto da comunidade educativa e impulsala a nivel local, de maneira que atopemos algún lugar da nosa localidade onde expola. Faremos fincapé na promoción e difusión da mesma para que teña máxima espectación. O proceso está deseñado en base a un taller creativo e para que tódolos menbros acheguen ou seu traballo con igualdade. Experimentaremos con roles entrando en contacto coas necesidades e desexos dos outros.



 






Imaxes da exposición feita polo Bacharelato de Artes Do Ies María Soliño.

Presentación con diapositivas e videos e plantexamento das preguntas guía. Explicación e Planificación do proxecto e da súa futura avaliación onde se explica
cales son as tarefas, os instrumentos de avaliación e qué van aprender.
Recoméndase ter traballadas anteriormente ó menos as unidades didácticas 4 e 6 do recurso AplicaPlástica para facilitar o avance da aprendizaxe ou partir
dous seus contidos mínimos.
Preguntas guía
Qué estratexia funciona á hora de chamar a atención da comunidade para ensinarlles algún proxecto?
Qué pode achegar esta exposición ó noso centro e á nosa localidade?
Cómo conseguir que a xente se sensibilice coa arte e visite museos e galerias?
Cómo expresan os artistas as súas impresións da vida?
Qué impacto ten a exposición de arte na nosa cidade?
Qué vantaxes ten o traballo en equipo?
Qué aporta este proxecto á cultura e disciplina artística do noso centro e da nosa contorna?

Temporalización
Unha sesión para a proposta ao alumnado.   
Unha sesión para a choiva de ideas, toma de decisións, distribución de roles, grupos e tarefas.
Unha sesión para a procura e organización de información sobre o personaxe. Cinco sesións para a execución do cadro.
Dúas sesión para a presentación e posta en común dos proxectos.
Dúas sesións para a organización e inauguración da exposición.

3. Planificación do proxecto e da avaliación final

O alumnado deberá presentar un plan de traballo onde especifiquen as tarefas previstas, os encargados de cada unha e o calendario para realizalas. Distribución de roles, emisión de noticia, promoción do evento, deseño
de carteis e folletos, elaboración dun pequeno guión e preparación da actuación, preparación do manifesto, atrezzo, maquillaxe, organización da exposición, solicitude de permisos,  recopilación do material, outras actividades de promoción, unha campaña, unha presentación, unha investigación, unha maqueta,...

Repartiranse as tarefas conforme as habilidades de cada alumno. Dunha maneira equilibrada e encamiñadas á realización do produto final en grupo.
Choiva de ideas, posta en común e selección das mellores

Formación dos equipos, faranse grupos de alumnos onde haxa diversidade de perfís e cada un desempeñe un ou varios roles. Teremos en conta que pode haber actividades que comporten traballo individual, en parella ou grupo.
 
Búsqueda de información: investigación das biografias e obra dos artistas elexidos.

Crear un rede social onde todos teñen que comunicarse como se fosen o artista escollido. Cada "artista" deberá colgar imaxes da súa obra e dar información persoal para darse a coñecer ó resto dos membros do grupo. Pódese crear tamén un taboleiro de pinterest, carpeta compartida en drive ou wunderlist para compartir a información cos compañeiros.

Presentación para proxectar durante a inauguación. Pequenos textos para expoñer ó lado das obras, con información sobre cada artista. Escribir un manifesto.
Preparar ós alumnos para que busquen, contrasten e analicen a información que necesitan para realizar o traballo. Aprender xuntos. Axuda entre compañeiros. Traballar con liberdade enganchandolos a traves dos seus gustos e interese Autoestima autonomia Diario e redes sociais  
Ó remate do proxecto os alumnos executarán diversos roles como historiadores, investigadores, publicistas, deseñadores, artistas, actores, xerentes de galerías, escritores,...

4. Investigación e procura da información

Un Rol é un xogo no que un ou máis xogadores interpretan a un personaxe, desempeñan un determinado rol ou papel. A diferenza do teatro, para o rol non hai guión, por tanto dáche a oportunidade de interpretar a vida e vivencias do teu personaxe desde a túa perspectiva.
Un bo roleiro é un actor sen guión. Todos nalgún momento xogamos cos nosos amigos desempeñando distintos papeis, policias e ladróns, médicos, guerreiros,... deixando voar a nosa imaxinación. Pois, iso é rolear! o que se propón, é que entres no xogo. Utiliza ó teu personaxe no xogo e rolea. Con todo, hai certas directrices que son necesarias a ter en conta. Non consiste en que botes renda solta á túa imaxinación e soltarte. Vas a rolear con mais persoas e cun personaxe en concreto, e como todo actor, necesitas aprender características xerais para saber interpretar e facer un bo papel.

Estas son algunhas características que che axudarán a preparar o teu papel:
1. Coñece ó teu personaxe. O nome, personalidade, século ou tempo ó que pertence, lugar, biografía, os seus artistas contemporáneos, modo de vida, método de traballo, onde se expón a súa obra, ...
2. Descripción física do personaxe: cómo é o seu pelo, que fisionomía ten, ten algunha cicatriz ou peculiaridade como tartamudez, un tic, unha pose, roupa, xestos...
3. Psicoloxía: O carácter marca ó teu personaxe, defíneo. Se é tímido, se é temperamental, maniático, pensa en qué relación tería o teu personaxe coa actualidade e co resto de personaxes. Compárao contigo, poida que teñas algunha conexión co teu personaxe que che permita interpretalo comodamente.
4. Analiza o contexto da época na que viviu. Lembra en cada época da historia pasáronse vivencias distintas, intensas, teñen diferentes costumes, ou outra forma de ver as cousas a como as verías ti.
5. Elixe un personaxe que che sexa sinxelo de interpretar. Ás veces non todo personaxe atractivo significa ser o máis sinxelo a interpretar. Axudaría moito que te informes antes un pouco a historia dese artista. Non tes porque ser un profesional en imitar un personaxe cunha personalidade distinta á túa, non é fácil por iso debes investigar todo o que poidas. Se hai vídeos ou peliculas tentar visionalos. Agora toca porvos de acordo, elixir e rolear...


 
Imaxes de dominio público. Rescatadas da Wikipedia

Os museos son espazos moi importantes desde o punto de vista social. A finalidade dos museos é a de conservar, investigar, comunicar, expoñer ou exhibir todo tipo de coleccións. Os museos recollen unha parte moi importante da historia, da arte, da cultura… Ó longo da historia o ser humano tivo a necesidade de expresarse de moitas maneiras e de crear novos obxectos, mecanismos, expresións artísticas,… e os museos encárganse de mostralos ós visitantes para que sexan conscientes da importancia histórica de toda esta creación. Sen iso, entender como chegamos ao nivel tecnolóxico, artístico e cultural actual, así como o desenvolvemento do ser humano, resultaría complicado. Cando un país se ocupa e preocupa de ter e manter eses espazos, significa que lle importa o coñecemento, a cultura dos seus habitantes e, sobre todo, interésalle coñecer o seu pasado, o seu presente e como toda esta bagaxe cultural inflúe no futuro.


Museo do Prado, Madrid. Imaxe rescatada da Wikipedia.
5. Avaliación e reflexión. os alumnos poñerán en común a información recompilada. É o momento de que compartan as súas ideas, debatan, elaboren hipóteses, estruturen a información e busquen entre todos a mellor resposta á pregunta inicial. Exposición de diapositivas. Protagonistas do seu propio apredizaxe. Interactuan.

Autoevaluacion O alumnos escriben unha frase definindo que lle pareceu o proxecto. (Experiencia) Enquisas Aprendín a buscar info x Internet, promover
unha exposición, falar con institucións…
  
6. Presentación do produto final
Nesta fase os estudantes terán que aplicar o aprendido  á realización dun produto que dé resposta á cuestión exposta ó principio. O alumnado presenta ós seus compañeiros as súas procuras sobre o artista de forma creativa. Redes sociais de artistas.
Os alumnos deben expoñer aos seus compañeiros o que aprenderon e mostrar como deron resposta ao problema inicial. É importante que conten cun guion estruturado da presentación, explíquense de maneira clara e apoien a información cunha gran variedade de recursos. Publicación na revista do centro e nas webs colaborativas do alumnado.
Preparamos e dámolles inicio á nosa exposición.

7. Reflexión final
Resposta colectiva á pregunta inicial. Unha vez concluídas as presentacións de todos os grupos, reflexionamos sobre a experiencia e  buscaremos entre todos unha resposta colectiva á pregunta inicial. sobre o aprendido e sobre o proceso seguido. Así mesmo, hai unha serie de actividades que haberá que realizar ao longo do proceso e que finalizará xerando un produto final á vez que se produce unha aprendizaxe efectiva e unha reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe. 
    
Que habilidades desenvolven os estudantes  Que habilidades afectivas e sociais quero que desenvolvan. Que tipo de problemas estean en capacidade de resolver? Teñen acceso aos recursos que necesitan  e Saben como utilizalos? Teñen claro os roles e as responsabilidades de cada un dentro do grupo?