UD9.Ligamos cabos soltos.AplicaPlástica.T.UNIDADEdidactica


Actividade 9 


Ligamos cabos soltos con xeito

Creamos un xoguete de habilidade a partir de enlaces.

Contidos B2.3.
Criterios de avaliación B2.1

1.Contidos
2.Actividades
2.2 Tarefas
2.3 Recursos para as tarefas


3.Xustificación
3.1 Temporalización
3.2 Avaliacións

4. Bibliografía e fontes.


1.Contidos

Neste tema revisaremos a unión de curvas e liñas mediante tanxencias e ligazóns. Dise que dous elementos son tanxentes cando teñen un só punto en común, ao que se lle chama punto de tanxencia. As tanxencias poden producirse entre circunferencias e rectas, entre polígonos e rectas, entre dúas circunferencias, entre circunferencias e polígonos, etc. Con todo, as tanxencias máis habituais son aquelas que se producen entre rectas e circunferencias, e entre circunferencias entre si. 
Unha ligazón é a unión armónica de curvas con curvas ou con rectas. É a aplicación técnica das tanxencias.
Na vida cotiá as liñas tanxentes e as ligazóns poderán observarse de moi diferentes maneiras e en moi diversas situacións, como en estradas, no ámbito do deseño ou en infinidade de obxectos que manexamos constantemente.


 Imaxe de dominio público. Rescatada da wikipedia

 
Posicións entre recta e circunferencia


Posicións entre circunferencias



PROPIEDADES DAS TANXENCIAS


-Unha recta é tanxente a unha circunferencia cando teñen entre si un só punto en común, e a recta é perpendicular ao radio da circunferencia no punto de tanxencia (T)
-Dúas circunferencias son tanxentes se teñen un punto en común T e está aliñado cos centros das circunferencias.
-Unha circunferencia é tanxente a dúas rectas que se cortan, se o centro da circunferencia está situado sobre a bisectriz do ángulo que forman as rectas.


Resolución de problemas de tanxencias e ligazóns

Trazado dunha recta tanxente a unha circunferencia por un punto na mesma.

Trazado das rectas tanxentes a unha circunferencia paralelas a unha dirección dada.

Trazado das rectas tanxentes a unha circunferencia desde un punto exterior.

Trazado das rectas tanxentes comúns exteriores e interiores a dúas circunferencias.



Trazado da circuferencia tanxente a unha recta nun punto dela e que pasa por outro exterior.


Trazado da circuferencia tanxente a unha recta, que pasa por un punto exterior e cun radio determinado.

Trazado das circunferencias tanxentes a dúas rectas que se cortan e teñen radio coñecido. 
Trazado das circunferencias tanxentes a 3 rectas que se cortan dúas a dúas.
Trazado das circunferencias tanxentes a outra dado o punto de tanxencia e o radio.
Ligar unha circunferencia e unha recta cun arco de radio coñecido.
Ligar dúas liñas concorrentes mediante un arco de circunferencia de radio coñecido.
Ligar dúas rectas paralelas mediante arcos de circunferencia opostos.
Ligar dúas rectas paralelas mediante un arco de circunferencia.

Ligar dúas circunferencias mediante un arco de radio coñecido





Ligar dúas circunferencias mediante un arco exterior de radio coñecido.



Podes consultar vídeos de youtube ou a plataforma de mongge para aclarar algunha dúbida.
Canal de debuxo técnico, xeometría plana e sistemas de representación. Proofesor de debuxo.
http://goo.gl/bqJI2c

 
2. Actividades.

Nesta unidade plantéxanse 5 tarefas, entre manuais e dixitais, coas que poderás practicalos distintos métodos de creación de ligazóns e tanxencias tanto cos instrumentos de debuxo técnico como con recursos dixitais. 
Crearemos imaxes que servirán para completalo proxecto da ABP5 Ludotictactep e deseñaremos tamén xogos e xoguetes.

No apartado 2.2 suxírense varias APPs que che axudarán a lograr bos resultados así como a investigar e realizar as tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece moitísima axuda se a usamos con cabeza.



2.1 Tarefas

2.1.1 Elabora un listado gráfico de 10 obxetos, animais, plantas, etc... onde se atopen tanxencias coma as dos exemplos:
     

 
  Imaxes de dominio público. Rescatadas da Wikipiedia e Pixabay

 
2.1.2 Practica os exercicios de tanxencias e ligazóns no deseño e debuxo dun clip usando os intrumentos de debuxo técnico.

2.2.3 Aplicando tanxencias e ligazóns deseña paxaros ou unha árbore (podemos fixarnos no que pintou Klimt). Pode ser un proxecto mural para decoralo patio ou algún corredor ou espazo do centro.

2.2.4 Homenaxe a unha ánfora.  Fai unha procura online, mediante aplicacións como google arts and culture artdroid, de información sobre éstos obxetos da época dos romanos. Fíxate como as contornas amosan un montón de liñas e circunferencias ligadas con arcos. 
Logo podes deseñala tua propia ánfora usando a APP Let´s create Pottery, que che permite traballar cun torno virtual e incluso aplicar esmaltes e vidrados ás túas pezas. Logo podemos facer unha exposición na aula das nosas pezas.

https://www.xatakandroid.com/aplicaciones-android/let-s-create-pottery-conviertete-en-un-alfarero-y-crea-increibles-piezas-ceramicas-desde-tu-android



7
             

2.2.5 Creamos xogos  por equipos
   2.2.5.1 Deseñaremos e construiremos un taboleiro cun percorrido laberíntico por onde ten que circular un pequeno obxeto, bola, etc... Usaremos silicona, cartóns, acetatos,... por exemplo. Para o deseño podes usar algunha aplicación de creación de imaxes para a tablet ou móbil como Sketchbook. Logo imprimela e traballas sobre ela.  Aquí tes un exemplo:


    2.2.5. Deseñaremos tamén un "aparello-circuito" creado seguindo unha forma cerrada feita con curvas. Debe viaxar por el, facendo todo o percorrido, un disco. Trátase dun xoguete de habilidade onde o obxetivo é realizar todo o percorrido sen que o disco caia. Usaremos cartóns, CD´S, plásticos e materiais de refugallo, colas e siliconas.





 


























Exemplo xoguetes de moda: spinner
 

 2.2 Apps
         

     


Skedio é unha ferramenta para o debuxo baseado en vectores, para tanto creación ou corrección de ilustracións da alta calidade. De sinxelo uso e bos resultado. Ofrece variadas ferramentas coas que crear de forma libre, formas xeométricas, liñas rectas e curvas, transformacións como rotación, escalamiento, desprazar, ou varios estilos de liña.

  Let´s Create! Pottery Lite

Let´s Create! Pottery Lite: é unha aplicación para o móbil onde facer obxectos de cerámica de forma fácil e divertida nun torno virtual. Podes crear obxectos de cerámica únicos e compartilos cos teus amigos. Bota a arxila na roda, libera todo o teu talento artístico e aproveita  todos os materiais dispoñibles para crear o teu propio deseño! Cando vidries e cozas a túa primeira vasixa sentiraste con ganas de saber e experimentar mais dentro deste mundo da arxila . A olería é tamén unha manifestación artística coa cal expresarte e usada ó longo de todolos tempos.

 

https://sketchbook.com/

Sketchbook: é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Dános acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumillas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.
Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou acepta a axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademas podes engadir textos ou imagenes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.



Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero recomendámosche que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.


3.Xustificación.

Para desenvolver estas actividades facilítase unha exposición inicial dos contidos correspondentes,  que o alumnado completará buscando nova información en Internet. É dicir, deberá acceder, obter, procesar e usala información para crear novos contidos, que deberá saber comunicar principalmente con medios dixitais. A práctica desta competencia dixital logrará que o alumnado aprenda a aprender por sí mesmo. O proceso de aprendizaxe está pautado en cada unidade.
Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación, plasmando a través dunha representación gráfica as intencións comunicativas do artista. 
Metodoloxías de traballo:

− Elaboracións artísticas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a elaboracións do produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupais e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou á finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Probas persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo se establecen unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunha carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercicios realizados sobre papel, e sube as súas imaxes dixitais e presentacións de diapositivas.

Obxectivos


Analizar a configuración de deseños realizados con formas xeométricas planas, creando composicións onde interveñan diversos trazados xeométricos, utilizando con precisión e limpeza os materiais de debuxo técnico.  

Resolver problemas sinxelos referidos a cuadriláteros, polígonos, tanxencias e enlaces utilizando con precisión os materiais de debuxo técnico.

Resolver e analiza problemas de configuración de formas xeométricas planas e aplícao á creación de deseños persoais. 

Utilizar programas de debuxo por computador para construír trazados xeométricos.

3.1 Temporalización

Para esta unidade didáctica plantéxanse 9 sesións.

3.2 Competencias Clave

CAA 
CMCCT
3.3 Avaliación

Proponse a seguinte rúbrica