UD2 Coloreamos con criterio.

Actividade UD2


Coloreamos con criterio. 




O círculo cromático.

Deseño de memes con cores complementarias.

Ilustrar e trocar significados da cor para logos.


Contidos B1.4
Criterios de avaliación B1.2


1.Contidos

2.1 Actividade

2.2 Tarefas
2.3 Recursos para as tarefas

3.Xustificación.

 3.1 Temporalización
 3.2 Avaliacións

4. Bibliografía e fontes.



1. Contidos




.
Utilizamos un círculo cromático de doce cores como referencia para colorear con criterio. Distinguimos dentro do círculo tres cores primarias: azul cian, magenta  e amarelo. No círculo sitúanse a tres espazos de cor as cores secundarias, froito de mesturar as primarias entre si cunha porcentaxe igual de cor. Por exemplo, coa mesma cantidade de cor amarela e de cor azul obtemos a cor secundaria verde. As tres cores secundarias son verde, laranxa e violeta.

Ao dividir o círculo cromático en dúas partes cunha diagonal que pase polas cores amarelo verdoso e púrpura diferenciamos as cores frías das cores cálidas.
As cores frías teñen a propiedade de alonxarse no espazo e de comprimirse visualmente. As cores cálidas, polo contrario, exténdense e acercanse.

Cando trazamos unha diagonal polo círculo cromático as dúas cores dos seus extremos son cores complementarias. Unha cor complementaria non ten ningunha proporción de cor da complementaria correspondente. A cor amarela non ten ningún compoñente de cor da violeta (azul + maxenta = violeta). Entre as propiedades das cores complementarias temos a propiedade de que situadas unha ao lado da outra ambas adquiren maior brillo e luminosidade. Esta propiedade foi utilizada polos pintores impresionistas, e os deseñadores gráficos coñécena e utilizana para resaltar formas ou textos sobre fondos de cor.








As tríadas de cores son combinacións armónicas de tres cores situadas á mesma distancia no círculo cromático. No círculo de doce cores hai tres espazos entre si. Unha tríada de cores é un conxunto de cores que están espaciados uniformemente ao redor da roda de cores. Teñen unha boa variedade de cores, ben equilibradas.






Mestura o suma aditiva de cores primarias luz.

Sistema RGB




Teoría da cor





Mestura o suma sustractiva de cores primarias pigmento.





2.1 Actividades

"Coloreamos con criterio"

Primeiro imos ter en conta o número de cores que imos a utilizar. Non existe unha norma estrita pero xeralmente máis de 6 cores simultáneas nunha composición poden ser demasiadas se existe un gran contraste entre elas. Temos en conta formar unha combinación agradable se a relación entre elas é axeitada como por exemplo nas tríadas de cor.
É preferible poucas cores antes que moitas porque o risco de estridencias é menor. Podemos afirmar que 3 cores nunha mesma composición sería unha das composicións mínimas a utilizar e, na maioría dos casos, debería ser suficiente. Con menos de 3 cores as posibilidades de que a imaxe sexa aburrida son moi grandes.




2.2 Tarefas


2.2.1 Pintar un círculo cromático de doce cores con témperas.
2.2.2 Paisaxe con cores cálidas diante e cores frias nos fondos. 
2.2.3 Deseñar un meme con dúas cores complementarias.
2.2.4 Deseñar cunha app un logo para a nosa empresa ficticia utilizando unha tríada de cores.
2.2.5 Analiza e descubre as gamas de cores dos perfís de instagram.



2.2.1 Pintar un círculo cromático de doce cores con témperas.

Precisamos ter as cores primarias de témperas, azul cian, maxenta e amarelo.
Nunha lámina de formato DIN A3 debuxamos con compás un círculo e dividimolo en doce partes iguais. Trazamos diagonais polo centro da circunferencia unindo as divisións.
Comezamos pintando primerio as cores primarias cun pincel número 8, ou aproximado, deixando tres espazos entre elas. Pintamos a continuación as cores secundarias mesturando as primarias. Utiliza o borde dun folio ou lámina para non pintar fora do quesiño.






2.2.3 Deseñar un meme con dúas cores complementarias.

Un meme é unha imaxe modificada cun texto con fins caricaturescos e que se difunde principalmente a través de internet. A imaxe de partida é unha fotografía, un gif ou un video.

A palabra meme provén da palabra grega mimema que significa algo que imita. O termo meme foi empregado por primeira vez en 1967 no libro "The selfish gene" de Richard Dawkins que o define como unha unidade de transmisión cultural ou unidade de imitación. Conteñen ideas, comportamentos ou estilos que se expanden dentro dunha cultura da a mesma forma evolutiva que o gan os xenes ou un viros (de aí a palabra viral). 
Buscamos apps gratuitas para facer memes segundo o sistema operativo, Linux/Ubuntu, Apple ou Androide, para realizar a tarefa nun dispositivo móbil ou nun computador.

Escollemos dúas cores complementarias como cores principais da imaxe. No exemplo as dúas cores escollidas son o verde e o vermello. Lembra que basta con trazar unha liña diagonal polo círculo cromático de doce cores para atopar doce posibilidades.

Exemplo de meme con duas cores complementarias.


Anímaste a facer un meme? Estes debuxos de sinselos bonecos están feitos coa app Rage Comics en apple e con eles podes crear divertidos memes. Utiliza Meme generator free se o teu dispositivo é un androide ou traballa en liña desde unha páxina web como iloveimg.




 
Video meme Video giff de @veronica_eltFonte




2.2.4 Deseñar cunha app un logo para a nosa empresa ficticia utilizando unha tríada de cores ou con tres cores.

O primeiro paso é debuxar un bosquexo con lapis e rotuladores. Facemos a continuación unha foto co dispositivo móbil. Con esa fotografía podemos recortala, engadir filtros e engadir texto con outra app.


Verde, amarelo, laranxa.


Anagrama con tríada de cores primarias






 2.3 Recursos para as tarefas.


Giphy para memes



gifs.com para facer un meme a partir dun video






3. Xustificación. temporalización e avaliación. Ligazón



4. Bibliografía e fontes

blog.aulaformativa.com/4-ios-app-para-generar-y-editar-paletas-de-colores/

blogthinkbig.com/captura-con-tu-smartphone-los-colores-que-encuentres

paredro.com/las-7-mejores-apps-de-android-totalmente-gratis-para-disenadores/

macdaddy.io/style/ Giffs, App Style e sistemas operativos.


ANALIZA AS CORES DE PERFILES DE INSTAGRAM:

www.domestika.org/es/blog/850-calcula-tu-paleta-de-colores-de-instagram


Recurso compartido:

procomun.educalab.es/es/ode/view/1528708899748  Pintamos una app.