Mostrando entradas con la etiqueta bloque 1. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bloque 1. Mostrar todas las entradas

UD1 Compoñemos imaxes.

Actividade 1 
Compoñemos imaxes
















Compositores da imaxe. 
O rectángulo áureo.
Arte: Kandinsky.
Percepción visual: Rudolf Arnheim.
Deseño gráfico: Donis A. Dondis.


Contidos B1.1., B1.2., B1.3.
Criterios de avaliación  B1.1.,B1.2

Compositores de imaxes. 
Como compoñemos unha imaxe con criterio.

Nocións de percepción visual



Kandisnsky: Punto, liña e plano.

Donis A. Dondis: Composición nos deseños gráficos.


Rudolf Arnheim: 

"Percepción visual = Observación sensorial directa + Imaxen mental"



1. Contidos

2. Actividades
2.1 Tarefas
2.2 Recursos para as tarefas

3.Xustificación


4. Bibliografía e fontes





1. Contidos



Para compoñer con criterio unha imaxen temos en conta varios principios basados na percepción visual. Se trata de organizar as figuras que colocamos na nosa lámina ou superficie de traballo para que estas resulten equilibradas ou armónicas. Vamos partir dun formato armónico, o rectángulo áureo. Teremos en conta as achegas do pintor Kandinsky, inventor da arte abstracta: a estructura das forzas visuais dunha imaxe de Rudolf Arnheim e consellos de deseño gráfico de Donis A. Dondis.

Como referencias para compoñer unha imaxe armónica ou atractiva utilizamos na unidade didáctica o rectángulo áureo, a obra artística do pintor Kandisnky e algunhas das aportación de investigadores da percepción visual e do deseño gráfico.


Matemáticos gregos descubrieron fai dous milenios a proporción áurea e a aplicaron á arte. No Partenón podemos ver esa proporción que resulta máis armónica e atractiva a nosa percepción visual.


Ao dividir un segmento en dous partes a e b se cumple que (a+b)/a= a/b e se obtense unha proporción áurea na que a razón a/b ten un valor aproximado de 1,618... que se coñece como número áureo ou número phi.


A partir da definición de Euclides, da división dun segmento na sua razón media e extrema, introducimos a propiedade dos rectángulos áureos e obtemos tamén o número phi, valor da ecuación e da proporción áurea.


O rectángulo áureo descomponse nun cadrado e noutro rectángulo áureo. Estes rectángulos están relacionados por unha rotación dilatativa coa que podemos ampliar en mais rectángulos aureos por cuxos vertices trazamos a espiral áurea.









Observa as imaxes dun rectángulo áureo, do seu procedemento e da sua aplicación e resultado visual no Partenón.










A tia de Wassily Kandinsky contáballe de cativo contos e lendas da sua cidade, Moscú, que lle inspiraron e lle fixeron interesarse pola sua cultura. De moi xoven levaba sempre unha libreta na que debuxaba e escribía todo o que se lle ocurría e comenzó a interesarse polas cores da natureza.

Exerció con éxito como avogado ata os 30 anos. Con esa idade marchou para Alemania a estudar  na Academia de Belas Artes de Munich. Foi profesor na innovadora Escola da Bauhaus de 1922 a 1932, ata que os nazis a pecharon.

É un dos primeiros pintores da arte abstracta e o seu artista máis representativo. Escribiu varios libros, entre eles Punto e liña sobre o plano no que investigou sobre o peso e a composición das formas simples.

Para Kandinsky o máis importante eran as cores e os sentimientos que lle producían. A música estaba moi unida a sua pintura. Para o pintor, como o fora para Piet Mondrian, a cor e o son non se podían separar e o cadro se convertía nunha obra musical.

"Todo se volvía claro...
a descrición dos obxectos perdía todo sentido...
no cadro só quedaban as cores:
un abismo abríase aos meus pes



Kandinsky, 1913, Sans titre (Etude pour Composition VII,Dominio Público, recuperada de wikipedia
Acuarela de Kandinsky considerada a primeira obra abstracta.




Porte fenetre a Collioure de Matisse 1914, dominio público, recuperada de wikipedia.




No libro Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye, o investigador da percepción visual, Rudolf Arnheim, propuso a idea dun esqueleto estructural para un formato de lienzo cadrado.
Coas suas investigacións Arnheim demostrou que o ollo humano busca a referencia do centro, da vertical e da horizontal en calquera imaxe. A partir destas referencias esto permite establecer un equilibrio en calquera elemento e as formas que se desvíe desta estructura van xerar unha tensión visual.
Cada formato de lienzo, lámina ou soporte gráfico, ten unha red estructural de forzas que o percorren. Incluso cando non hai elementos nel, o noso ollo verase atraído a certas partes do lienzo ou da imaxe contida nel, debido a red de forzas que se amosan a continuación.















Estructuras das forzas visuais.
Creadas coa app Style








En deseño gráfico Donis A. Dondis co seu libro Sintaxe do deseño gráfico achega unha obra de referencia para os deseñadores.


O concepto sintaxe utilízase con moita frecuencia no mundo do deseño gráfico. Que significa sintaxe? De onde provén e que outras disciplinas utilizan este concepto?. Da sintaxe ao analise é un proceso que os pintores utilizan para trasladar ao lienzo a sua percepción do representado.









2. Actividades

Compoñemos imaxes e aplicamos os contidos.




2.2 Tarefas

2.2.1 Coa estructura de Rudolf Arnheim facemos un collage.

2.2.2 Debuxamos a espiral áurea para pintar unha caracola.

2.2.3 Compoñemos imaxes con e sen equilibrio.

2.2.4 Aplicamos o filtro Kandinsky da app Style as nosa imaxes.

2.2.5 Pintamos con acuarelas ou con témperas nunha lámina con cores cálidas para a figura e  cores frías para o fondo.

2.2.6 Escoller unha das tríadas de cores desta ligazón e deseñar un logo para a nosa identidade coorporativa en duas tarefas:

  2.2.6.A Bocetos a man do noso logo en láminas DINA4

 2.2.6.B Fotografiar ou escanear o noso logo e integrar o texto da nosa marca cunha app como typorama.


2.3 Recursos e materiais para as tarefas

     
         Acuarelas - témperas - láminas DINA4 ou papel de acuarela -
         paleta para mezclar cores - pincel número 8




         2.3.1 Apps: 

Propoñemos estas apps e animamos aos estudantes a buscar outras alternativas a compartilhas coa clase.






















2.3.2 Outros recursos: 










3. Xustificación





Para desenvolver estas actividades e tarefas facilítase unha información inicial ou introducción cos contidos que o alumnado completará investigando ou buscando nova información en Internet, é dicir, deberá aceder, obter, procesar e usar a información para crear novos contidos para saber comunicar con medios dixitais. A práctica e o exercicio desta competencia dixital logra que o alumnado aprenda a aprender por se mesmo. O proceso da aprendizaxe está pautado en cada unidade didáctica e as AbP relacionadas coa aprendizaxe das tarefas propostas.

O presente recurso e os seus materiais educativos están deseñados ex-profeso para o 4º curso de Educación Plástica e audiovisual na ESO (Educación secundaria obrigatoria). Varias das súas actividades e proxectos son extrapolables e factibles de colegir a outros niveis e para outros ámbitos educativos.
As actividades hanse correlacionadas cos criterios de avaliación e os contidos do currículo da Lei de Ordenación do sistema de Educación Secundaria en España e na Comunidade Autónoma de Galicia vixente durante o desenvolvemento do recurso en 2019.
Para as aprendizaxes baseadas en proxectos, a cada un deles corresponden varias unidades didácticas, recoméndanse impartir previamente as actividades e tarefas relacionadas.
En canto ás aplicacións informáticas recomendandas cabe destacar que son moitas as apps que mudan de gratuítas a funcións premium ou de pago polo que se recomenda, con axuda do alumnado, atopar alternativas que teñen as mesmas ou parecidas ferrramentas e funcións.


Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación e serviron para analizar, comprender e resolver os problemas de representación e para achegar solucións visuais, plasmando nunha imaxe ou representación gráfica, as intencións comunicativas, narrativas ou expresivas. 



−  Promover a apropiación e reelaboración de imaxes fotográficas como resposta a diferentes propostas creativas e como resposta a distintos problemas artísticos. 


−  Promover a procura de formulacións nos que as relacións entre a arte e a cultura non sexan entendidas como concluíntes e estancas, localizando propostas que poidan ilustrar e representar as posibles direccións e conexións que se dan entre elas. 

−  Propiciar a análise e a experimentación con distintos procesos de creación artística que empreguen ou empregasen (debuxo, pintura, escultura...) ao longo de distintos momentos e en distintas culturas. 

−  Propoñer lecturas reflexivas de imaxes e de documentos relacionados con esas imaxes buscando apreciar calidades plásticas, conceptuais, culturais... 

−  Promover o desenvolvemento de proxectos individuais ou colectivos para crear imaxes e solucións artísticas, como resposta a problemas sociais ou como diálogo con outras imaxes existentes. 

−  Impulsar a análise de imaxes e obxectos artísticos de diferentes espazos e tempos buscando entender os seus procesos de creación como produtos complexos nos que interveñen diversos factores.




Propostas de traballo:



− Elaboracións artísticas, a partir de determinadas propostas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a variacións do produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupales e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou ao a finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo establécense unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunca carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercizos realizados sobre papel, onde sube as suas imaxes dixitais e as sas presentacións e diapositivas.









  •  


Moitas obras de pintores a “Cidade da Pintura”, ideada pola Asociación “Axúdalle a Camiñar”, é un espazo na internet dedicado á creación e mantemento de postos de traballo para persoas discapacitadas, quen desenvolve o seu labor profesional nesta “Cidade” tendo como meta a difusión da arte.












Fontes:

Propostas de traballo de:
Obxectivos dixitais nos recursos educativos:
Beneficios de debuxar ou de garabatear:




UD13 Os graos da miña imaxe

Actividade 13




Graos de iconicidade. A miña imaxe.
Auto-presentación individual e grupal.
Mapas mentais visuais con debuxos e aplicación informáticas.

Contidos B1.7.,B1.8. e B3.2
Criterios de avaliación B1.3., B1.4. e B3.1
Correlación coa ABP1

Correlacionado: ABP5 PUBLICREACTIVOS (deseño integral e prototipo startup) 




1.Contidos

2.Actividade

 2.1Tarefas
 2.2 Tarefas con Apps?

3.Xustificación?

 3.1 Temporalización
 3.2 Recursos e materiais
 3.3 Avaliacións
 3.4 Atención á diversidade
 3.5 Bibliografía e fontes.








1. Contidos

O termo iconicidade refírese á relación de apariencia entre a propia imaxe e o seu referente. O grao de similitude entre unha imaxe e o que representa da vida real.

Moles estableceu unha escala de iconicidade, con diferentes graos para o estudo da imaxe publicitaria en televisión de maior a menor grao de iconicidade:

5 Imaxe fotográfica.

4 Animación de obxectos. Aínda que esta é unha variante da iconicidade fotográfica, o feito de animar artificialmente obxectos inanimados (pixilación) altera substancialmente a verosimilitude da imaxe.

3 Imaxe por computador.

2 Debuxos animados.

1 Escritura. A palabra xera en nós unha imaxe visual.


Graos de iconicidade según Moles, imaxe 2,  3  e 5 de Ana Moreno Zubimendi CC.0


Debuxar un mapa mental de esta imaxe



Para unha comprensión básica e xeral da escala de iconicidade, teóricos como D.A.Dondis, J.Rom, e outros, establecen tres niveis fundamentais de iconicidade, de maior a menor grao, nas imaxes:



Representativo, onde a percepción directa por parte do receptor do referente visual se establece desde un nivel de codificación baixo.

Simbólico, establece unha maior simplicidade na representación da imaxe referencial que así contén, codificada lingüisticamente, referencialmente, maior complexidade.

Abstracto, reduce a imaxe aos seus compoñentes visuais máis básicos; o nivel de codificación é alto.

Entre un nivel e outro danse diversos graos de iconicidade.
Para a análise dunha imaxe publicitaria podemos empregar a seguinte división de maior a menor grao de iconicidade sendo 8 o maior grao e 0 o menor:

8. O obxecto.


7. Fotografía en cor a tamaño natural.

6. Fotografía a escala (aumentada ou reducida).

5. Fotografía en blanco e negro.

4. Debuxo realista.

3. Caricatura.

2. Esquema ou boceto.

1. Diagramas pictóricos ou pictográmas.

0. Descripción verbal.





Outros documentos:



2. Actividade

Os graos da miña imaxe

Correlacionado: ABP5 PUBLICREACTIVOS (deseño integral e prototipo startup) 


2.1 Tarefas

SEIS TAREFAS propostas:

A Deseñar una presentación individual sobre nós e unha grupal de toda a clase.
Utilizar a realidade aumentada como recurso innovador.
Coñecer as compañeiras e compañeiros.
Entrevistar ao resto da clase sobre cómo nos ven.
Elaborar un video-presentación de todo o grupo.

B Escolle un obxecto ou un ser vivo e elabora unha presentación de 7 imaxes ordenados por nivel de iconicidade.

C Crea un gif coas imaxes da tarefa B


D Actividades complementarias:

D1 Mapas mentais visuais con debuxos  para o proxecto colaborativo #dibujamelas. Visual Thinking coas apps Mindomo e/ou Piktochart para o proxecto colaborativo #infoedugrafías.

D2 Xogo de ordenar imaxes en exelearning.

D3 Para a ABP4: xogo de cartas cara arriba. Deseñar cartas pares con igual grao de iconicidade coa a app Typorama para IOS ou Pic Collage para Androide.


Opcións para o producto A: 
a Elabora unha presentación con imaxes de ti mesmo, abstractas, pictogramas, debuxos, fotografías, etc. numeradas de menor a maior grao para expor na clase.
b Grava entrevistas por pares coa app spreaker.
c Coopera e colabora na produción dunha presentación colectiva do grupo.
d Engade a presentación grupal ao prototipo de empresa escolar da ABP5.






Opcións para o producto B: 
a Sobre unha cartolina recorta e pega as diferentes imaxes do mismo obxecto numeradas de menor a maior grao.
b Amosa as imaxes e os seus graos nunha presentación ou nun audiovisual.
c Crea un gif de 7 imaxes co editor gratuito GIMP ou cunha app coma as do exemplo:

mindomo.com/mindmap/apps-para-aplica-plstica


2.2 Apps

GIPHY CAM. The GIF Camera

Aplicación para crear gifs animados en  dispositivo Android e iOS e unha aplicación de cámara para crear gifs a partir da gravación dun corto video ou unha sucesión de fotografías.
Unha vez graves o contido pódese seleccionar unha serie de filtros e centos de pegatinas, emojis, marcos textos e efectos especiais.

Descargar Google Play | Giphy Cam (Gratis)                                   giphy.com/apps#giphycapture


GIF Cámara


Aplicación que funciona para crear Gifs en vivo. Soamente tes que abrir a aplicación, empezar a gravar e listo.
Creas un archivo Gif que pode ser compartido en calquera red social. Permite seleccionar fotos da túa galería e crear Gifs a partir deses arquivos.


GIF hacedor de video
Esta é unha aplicación para editar GIF existente. Pode cortar, reducir o teu gif e inserir os textos ou adhesivos. Nesta aplicación podese recortar a gif e editar o seu gif por folla.

Descargar GIF Hacedor de video en google play

  

Video e GIF Memes


Esta é unha aplicación para crear os teus propios Gifs. A aplicación permite importar un arquivo GIF ou imaxe e despois engade a fonte meme  cunha mensaxe propia.
Permite cambiar a lonxitude da animación e elexir o momento perfecto do video. A aplicación gratuita  ten un límite de 15 segundos dos GIF.

 

 

Gif Me! Cámara


Capta un pequeno momento coa cámara do dispositivo, e convirteo nun GIF. Unha das aplicacións máis sinselas de usar para crear un arquivo GIF no acto.







3. Xustificación.


Proxecto plástico que comporta unha organización de forma cooperativa, valorando o traballo en equipo como fonte de riqueza na creación artística e de impulso emprendedor. CAA, CSC, SIEP.
1. Realizar composicións creativas, individuais e en grupo, que evidencien as distintas capacidades expresivas da linguaxe plástica e audiovisual, desenvolvendo a creatividade e expresándoa, preferentemente, coa subxectividade da súa linguaxe persoal ou utilizando os códigos, terminoloxía e procedementos da linguaxe visual e plástico, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación. CSC, SIEP, CEC.
2. Realizar obras plásticas experimentando e utilizando diferentes soportes e técnicas, tanto analóxicas como dixitais, valorando o esforzo de superación que supón o proceso creativo. CD, SIEP, CEC.
3. Elixir os materiais e as técnicas máis axeitadas para elaborar unha composición sobre a base duns obxectivos prefixados e da autoevaluación continua do proceso de realización. CAA, CSC, SIEP.
4. Recoñecer o valor conceptual e expresivo da imaxe en distintos elementos e técnicas de expresión. Apreciar os distintos estilos artísticos, valorar o patrimonio artístico e cultural como un medio de comunicación e goce individual e colectivo, e contribuír á súa conservación a través do respecto e divulgación das obras de arte. CCL, CSC, CEC.
Curso e nivel educativo
4º de ESO en Educación Plástica e Audiovisual
Áreas
Educación artística, Interdisciplinal e transversal implicando na medida do posible a todos os docentes, dispostos a cooperar, dos departamentos do nivel educativo, contribuindo desde a plástica a que adquiran elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, lingüísticos, científicos e tecnolóxicos.

Obxectivos

Xerais

1.- Fomentar a integración das competencias no currículo.

2.- Potenciar equipos de traballo co uso de aplicacións informáticas e con dispositivos móbiles para traballos colaborativos.
3.- Avanzar no desenvolvemento de probas de avaliación baseadas en estándares e resultados de aprendizaxe.
4.- Adecuar ao currículo da etapa e nivel educativos, así como ao grao de desenvolvemento madurativo do alumnado ao que vai dirixido, favorecendo a adquisición e desenvolvemento das competencias clave.
5.- Favorecer a atención personalizada de todo o alumnado, promovendo o pleno desenvolvemento das súas facultades, contemplando a diversidade de estilos de aprendizaxe e proporcionando unha resposta adecuada ás súas necesidades.
Específicos
Crear material multimedia, textos, gráficos, imaxes, etc. orixinais. Respecto pola propiedade intelectual. Os contidos elaborados por outros autores, como material ilustrativo ou complementario, serán citados convenientemente e compartidos con licenza creative commons. As fotografías, infografías e imaxes para o producto da actividade serán de produción propia ou contarán coa autorización legal.
Aprendizaxe emocional de coñecemento intrapersoal e de comunicación grupal.

De aprendizaxe relacionados coa materia

Converter ao alumno nun creativo dunha axencia publicitaria, facendo que poña en xogo os seus coñecementos e destrezas, co obxectivo de conseguir captar a atención dos seus compañeiros, como público obxectivo, na peculiar contorna da clase.

De competencias dixitais

1.- Uso de aplicacións informáticas para elaboración e tratamento de imaxes fixas e en movemento.
2. Uso responsable de dispositivos móbiles para traballos colaborativos.

De competencias do currículo

Elementos transversais do currículo Segundo o Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro:
1. A comprensión lectora
2. A expresión oral e escrita
3. A comunicación audiovisual
4. As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
5. O emprendemento
6-. A educación cívica e constitucional

5. Contidos que axudan á consecución da actividade

contidos-estándares de aprendizaxe - competencias actividade 12

3.1 Secuenciación das fases/etapas do proxecto

1º trimestre do curso
1 semana
De 4 a 5 sesións.
Contidos curriculares 1 sesión.
Documentación, curación e choiva de ideas 1/2 sesión.
Deseño, dispositivos móbiles e apps 1 sesión.
Presentación dos traballos 1 sesión.
Avaliación 1/2 sesión.

 3.2 Avaliacións
 3.3 Atención á diversidade
 3.4 Bibliografía e fontes.

3.2 Materiais e recursos. 

Para desenvolver estas actividades na aula podemos utilizar os dispositivos do centro. 

Na actualidade hai un gran número de aplicacións informáticas gratuítas para uso educativo. Ademais das suxeridas podes buscar a apropiada para o teu dispositivo fixo ou móbil e para cada unha das tarefas. Para o centros ou niveis onde o uso de dispositivos móbiles non sexa posible recomendamos o uso dos portátiles Abalar e/ou os pc's das aulas informáticas coas versións web das apps recomendadas

3.2.2 Un blog colaborativo do alumnado con algunha das seguintes plataformas:









  • Blogaliza: Plataforma de blogs da Asociación Cultural Blogaliza cos dominios blogaliza.org e blogaliza.gal
  • Blogger: Plataforma de publicación de blogs de Google baixo o sufixo .blogspot.com ou dende dominios personalizados. Ofrece a súa interface traducida ao galego, para que a lingua non sexa unha barreira á hora de publicar contidos na web.
  • Blogoteca: É o primeiro sistema de blogs feito en galego.
  • WordPress: Plataforma coa súa interface adaptada ao galego na súa versión comercial (wordpress.com) e na súa versión de código aberto (wordpress.org). 

  • Fonte: Lingua.gal


    3.3.3 Apps e recursos informáticos.

    Wunderlist APP para coordinación de tarefas.
    Mindomo APP para mapas mentais ou visual thinking.
    Google presentacións para elaboración de diapositivas.
    Picktochart Programa para deseñar infografias.
    Imotion o stop motion para textos animados con obxectos.
    Spreaker APP para gravar entrevistas.
    Editores de video Movie Maker, Imovie o Pitivi según sistema operativo

    MakeaGif para crear giffs.

    GIMP Programa gratutito para maquetación e edición de imaxes
    QRafter APP para ler e xerar códigos QR para IOS e a APP QR Code Generator para Androides. A aplicación Google preinstalada en moitos Dispositivos Androide é util para lectura de códigos.  

    Appypie e Aurasma para realidade aumentada.




    C Pon número as imaxes de menor a maior grao ou nivel de iconicidade





    imaxes de Tania González Tella CC SA BY 4.0

    Solución: de esquerda a dereita, de maior a menor nivel de iconicidade



    3.3. Avaliación dos procesos e do producto

    Heteroavaliación, coavalación e autoavaliación

    Instrumento/s de avaliación

    Rúbricas de avaliación, coavaliación e autoavaliación para educación artística

    Momentos de avaliación

    Avaliación inicial, dos procesos e avaliación dos productos finais.

    autora: Francisca Sánchez

    Avaliación final do exercicio práctico:

    10 As imaxes correspóndense aos niveis de iconicidad. Todas as imaxes son da miña propiedade ou a meirande parte delas. A presentación é orixinal e está ben maquetada. Acompáñase un texto que define o nivel de iconicidad de cada imaxe.

    8 As imaxes correspóndense á escala e están ben maquetadas e ordenadas.

    6 O exercicio é correcto. A presentación está maquetada. As imaxes están ordenadas gradualmente.

    4 Algunhas imaxes non se corresponden á escala ou son ambiguas. Os exemplos están desordenados. As imaxes non están aliñadas ou non respectan as marxes.

    2 Imaxes aleatorias sen relación aos niveis de iconicidade. Presentación desordenada. Non utiliza criterios compositivos.


    3.4. Atención á diversidade

    Alumnado con dificultades: exercicios A.a,B.a e B.c
    Alumando con altas capacidades: exercicios A.a,A.b,A.c,A.d,Bc,Bd e producto C.
                                                     Coordinar producto ABP5

    3.5. Fontes e Bibliografía

    R.D. 1105/2014
    Decreto 86/2015


    Make your own mind maps with Mindomo.