UD7. Arréglome. AplicaPlástica.T.debuxotecnico.unidadedidactica


Actividade


UD7. Arréglome. 

- Trazado de paralelas.
- Sombras
- Códigos de barras 
- Movemento con superposición de liñas 
- Punto e raia.

Contidos B2.1, B2.2 
Criterios de avaliación B2.1


1.Contidos
2.Actividades
2.1 Tarefas
2.2 Apps 
3. Xustificación.

 3.4 Bibliografía e fontes.

1.Contidos

Comezaremos por recordar cales son os utensilios de traballo para o debuxo técnico.
Xogo de regras onde ademáis da regra milimetrada temos a escuadra, que é unha plantilla de forma triangular con dous ángulos de 45º e un de 90º, e o cartabón que é unha plantilla de forma triangular cun ángulo de 30º, un de 65º e un de 90º.
O compás é un instrumento que serve para trazar arcos e circunferencias. Utilízase tamén para tomar e transportar medidas.


Imaxe de dominio público. Recuperada da wikipedia


Cómpre recordala relación existente entre liñas rectas. Dúas ou máis rectas, segundo as súas posicións dicimos que son:
  
PARALELAS: cando dúas lineas se manteñen a unha mesma distancia entre sí, e nunca se chegan a cortar.
  
PERPENDICULARES: cando se cortan formando 4 ángulos rectos (90 graos).
  
SECANTES: cando se cortan formando ángulos distintos ao ángulo recto.

CONCORRENTES: cando dúas liñas chegan a xuntarse nun punto concreto.





Imos facer un repaso dos trazados básicos do debuxo técnico. É importante saber colocalas regras de xeito cómodo e sinxelo para construír liñas paralelas e perpendiculares con fluidez.
Construccións de ángulos coas reglas. 

      Ángulos de 45º
      Ángulos de 30º

      Ángulos de 60º
     Mediatriz: Recta perpendicular a un segmento que se traza no seu punto medio.
    Bisectriz: Semirrecta que parte do vértice dun ángulo e divídeo en dous partes iguais
      Perpendicular a unha recta por un extremo.
 
      División de segmento en partes iguais. No exemplo 5 partes.
 
      División de ángulo recto en 3 iguais


      Triángulos: Figura xeométrica de tres lados e tres ángulos. 


 


Cadriláteros: Figura xeométrica de catro lados e catro ángulos. Como hai varios cadriláteros diferentes atendendo a algunhas características, podemos facer unha pequena clasificación:



      Paralelogramos: teñen os lados paralelos dous a dous.



      Trapecios: teñen dous lados paralelos.



      Trapezoide: non ten ningún lado paralelo.



Cadrado: Paralelogramo con catro lados iguais 
e catro ángulos rectos. As diagonais son iguais 
e córtanse perpendicularmente polo seu punto
medio
Rectángulo: Paralelogramo cos lados iguais
dous a dous e catro ángulos rectos. As súas
diagonais córtanse polo seu punto medio
Rombo: Paralelogramo cos catro lados iguais e 
os ángulos iguais dous a dous. Unha diagonal é 
maior que a outra e corta perpendicularmente á outra
Romboide: Paralelogramo cos lados iguais dous a 
dous e os ángulos iguais dous a dous. Unha diagonal 
é maior que a outra.
Trapecio isóscele: ten dous lados paralelos coñecidos
como bases e os ángulos son  iguais dous a dous
Trapecio rectángulo: ten dous lados paralelos 
coñecidos como bases e dous ángulos rectos.
Trapecio escaleno: ten dous lados paralelos 
coñecidos como bases e os seus lados e ángulos
son desiguais.
Trapezoide: Non ten ningún lado paralelo a outro.
Os seus lados e ángulos son desiguais.



2.Actividades

Nesta unidade plantéxanse 7 tarefas materiais e dixitais, coas que poderás practicar cos distintos métodos de xeración de ideas. Recorda que podes recorrer a elas en calquera momento do curso, pois son moi útiles para o desenvolvemento de moitas das tarefas.
No apartado 2.2 suxírense varias APPs que che axudarán a lograr bos resultados e a realizar algunhas das tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece moitísima axuda se a usamos con cabeza.


2.1 Tarefas

2.1.1 Exercicios de práctica dos procedementos aprendidos.
2.1.2 Deseñar graficamente, ilusións ópticas que por exemplo creen sensación de movemento ou enganos visuais usando liñas paralelas e perpendiculares. Utiliza os instrumentos de debuxo.



2.1.3 Facer un pequeno video, gif ou stopmotion con algunha aplicación gratuita para o teu dispositivo móbil ou ordenador como (Filmora, ezgif ou Stop Motion Studio), onde se vexa un traballo con liñas paralelas ou perpendiculares en movemento.

 

2.1.4 Deseñamos un xogo de laverinto, usando unicamente liñas paralelas e perpendiculares. Fíxate ben nos camiños que deixas abertos.





2.2 Apps





Sketchbook é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Dános acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumillas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.

Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou acepta a axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademas podes engadir textos ou imagenes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.




 
Skedio é unha ferramenta para o debuxo baseado en vectores, para tanto creación ou corrección de ilustracións da alta calidade. De sinxelo uso e bos resultado. Ofrece variadas ferramentas coas que crear de forma libre, formas xeométricas, liñas rectas e curvas, transformacións como rotación, escalamiento, desprazar, ou varios estilos de liña.


 Filmora: esta aplicación para o ordenador é un editor de videos sinxelo onde podes traballar con videos, inaxes ou  música. Ofréceche distintos Filtros, Capas, Transicións e Títulos Personalizados Podes crear e expresarte sen límites. Aplica innumerables efectos e consegue un acabado refinado para o teu vídeo.

Kizoa: Esta intuitiva e sinxela aplicación para o ordenador permíteche facer videos e presentacións con fotos, vídeos e música. Ademais podes engadir textos, efectos e transicións, así como modificalos tempos. O teu traballo pódelo compartir por e-mail, blogues, facebook, youtube e incluso gravalo en DVD ou descargalo en formato vídeo.





EzGif é un sinxelo creador de GIF en liña e un conxunto de ferramentas para a edición básica animada de GIF. Con esta APP podes crear, redimensionar, recortar, reverter, optimizar e aplicar algúns efectos a gifs. E tamén podes facer outras funcións un pouco máis rebuscadas pero igualmente útiles, como a aplicación de diferentes filtros e efectos, ou a propia creación de Gifs a partir de imaxes estáticas. 



Stopmotionstudio

StopMotion Studio é un editor versátil co que podes crear películas de animación fotograma a fotograma de alta definición en calquera lugar e ó instante no teu dispositivo móbil. Crea fantásticas películas e compárteas en Youtube, Facebook, .... Permite importar fotos desde a túa biblioteca. Dispón de función de vista previa instantánea para editar a túa película fotograma a fotograma e ver como está a quedar. Conta con función de superposición e reixas para asegurarte de que a próxima toma se axusta perfectamente. Axusta a velocidade do número de fotogramas por segundo. Tamén podes usar iMovie para engadir temas, títulos, transicións, efectos, títulos de crédito, efectos de son, ...





GeoGebra é un software para computador que permite o trazado dinámico de construcións xeométricas en 2D e 3D de todo tipo así como a representación gráfica, o tratamento algebraico e o cálculo de funcións reais de variable real, as súas derivadas, integrais, etc...






                                                                       Mongge

Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero recomendámosche que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.






iMotion
https://itunes.apple.com/es/app/imotion/id421365625?mt=8




3. Xustificación.



Para desenvolver estas actividades facilítase unha exposición inicial dos contidos correspondentes,  que o alumnado completará buscando nova información en Internet. É dicir, deberá acceder, obter, procesar e usala información para crear novos contidos, que deberá saber comunicar principalmente con medios dixitais. A práctica desta competencia dixital logrará que o alumnado aprenda a aprender por sí mesmo. O proceso de aprendizaxe está pautado en cada unidade.
Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación, plasmando a través dunha representación gráfica as intencións comunicativas do artista. 
Metodoloxías de traballo:

− Elaboracións artísticas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a elaboracións do produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupais e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou á finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Probas persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo se establecen unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunha carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercicios realizados sobre papel, e sube as súas imaxes dixitais e presentacións de diapositivas.

Obxectivos

Analizar a configuración de deseños realizados con formas xeométricas planas, creando composicións onde interveñan diversos trazados xeométricos, utilizando con precisión e limpeza os materiais de debuxo técnico.

Resolver problemas sinxelos referidos a cuadriláteros e polígonos utilizando con precisión os materiais de debuxo técnico. 



3.1 Temporalización

Para esta unidade didáctica plantéxanse 6 sesións.

3.2 Competencias Clave

CAA
CMCCT
3.3 Avaliación

Proponse a seguinte rúbrica





 
 


4. Bibliografía e fontes

plataforma mongge

https://stopmotionnow.blogspot.com

https://cinedumotion.blogspot.com