Actividade 3
Materiais
Motivadores.
Experimentar
con materiais e técnicas de expresión gráfico-plásticas.
Contidos
B1.5., B1.6., B1.7.
Criterios de avaliación B1.3
4. Bibliografía e fontes.
Nesta presentación podes ver exemplos de artistas coñecidos que traballaron coas distintas técnicas, pastel, carbón, óleo, acuarela,...

Ademáis destas técnicas que vimos, hay outras tamén moi usadas por artistas ó longo da historia. Ás que tamén se lle unen as técnicas que sorxen na actualidade grazas ás novas tecnoloxías. Imos ver algunhas:
O gravado é unha técnica que consiste en realizar entalladuras ocas nunha plancha de materiais como madeira, linóleo, metal,..., cunha ferramenta ou un ácido. A plancha entintarase, limparase e estamparase ao papel por presión con axuda dunha prensa ou tórculo. Esta técnica recoñecese pola pegada que deixa sobre o papel a presión exercida durante o proceso de estampado. Ofrece a posibilidade de facer tiradas de varias estampas iguais. Segundo os materiais utilizados, coñecemos a augatinta, augaforte, xilografía, litografía e linóleo entre outras técnicas.

Gravado de Goya.
Rescatado da Wikipedia.
A FOTOGRAFÍA
O VIDEOARTE
Trátase dun movemento que comezou a desenvolverse na década de 1960 e está vinculado á intención de achar unha aplicación artística ou estética dos medios de comunicación. Consiste en crear manifestacións artísticas mediante sons e imaxes en movemento. A diferenza do cinema, o videoarte pode non ter narración. Isto quere dicir que o videoarte non se propón contar unha historia, senón transmitir un concepto, un sentimento ou xerar sensacións. Pode contar ou non con diálogos, actores, usar gravacións, apostar pola improvisación ou basearse en efectos dixitais. Numerosos son os artistas que conseguiron converterse nun auténtico referente dentro do videoarte. En concreto, entre os máis significativos podemos destacar a Jordi Colomer, Bruce Nauman, William Wegman, Colin Campbell e Chantal Akerman.
2.1 Tarefas.
2.1.1 Realizar un caderno teórico-práctico de artista cun estudo-investigación de técnicas gráfico-plásticas. Investigar con 20 técnicas diferentes, propoñer tamén algún material que non sexa usualmente usada para a expresión plástica (café, pimentón, flores,... deixa voar a imaxinación).
Podemos poñer como tema o autoretrato. Traballar coa propia imaxe é unha tarefa motivadora e enriquecedora. Dibuxándose coñécense mellor a sí mesmos. Deberán analizalas súas formas, plasmalas nos seus debuxos, e logo recoñecerse. Ademáis para profundizar poden tentar plasmar características do seu carácter e personalidade. Como co resto de tarefas deben estar satisfeitos do resultado para que resulte una experiencia enriquecedora. Para iso, se é necesario poderase partir da imaxe calcada para que o parecido sexa alto ou pódese tamén traballar cun avatar, sintetizando os detalles pero captando e trasmitindo a imaxe e personalidade do autor. Desta maneira tamén aprenden que o grao de realismo dunha imaxe non afecta á sua calidade.
2.1.2 Experimentar con algunha APP de creación de imaxes como Artflow ou Sketchbook. Elaborar varias imaxes dixitais de distintas técnicas, que complementen a tarefa 2.1.2.
2.1.3 Facer unha práctica da técnica do gravado onde tamén traballaremolo autorretrato. Faremos unha pequena plancha de linóleo para logo estampala varias veces, poderemos experimentar pequenas modificacións como reservas, cambios de cores, usar distintos soportes...
O gravado ao linóleo é unha variante da xilografía, coa diferenza que a prancha é de linóleo. É un material brando e de densidade uniforme, que permite ser tallado en todas direccións. As ferramentas usadas son coitelas e gubias. Ao ser un material fácil de traballar a talla debe realizarse con precaución para non baleirar en exceso o ferro, pois os erros son difíciles de rectificar . Sobre a plancha realízase o debuxo a lapis ou a través dun calco. É importante saber que o gravado sairá investido, por iso pasarase a imaxe investida á prancha. a zona que se baleirou coa gubia, sairá sen tinta e a zona que se deixe sen gravar sairá entintada. Para realizalo entintado aplícase a tinta sobre o ferro cun rodete de caucho, pódese usar tinta de imprenta ou óleo. A tinta esténdese previamente sobre un cristal ou acetato, debemos batela ben sobre o cristal para conseguir uniformidade. O rodete non debe estar cargado de moita tinta, podemos descargalo nalgunha zona limpa de cristal. O proceso de estampaxe adoitamos realizalo a man ou con tórculo, para iso colócase a prancha sobre un acetato, no cal realizamos dous rexistros cun rotulador. un corresponde á medida do ferro e outro ao tamaño do papel, que debe ser un pouco máis grande que a superficie total do linóleo, así as copias sempre sairán centradas. Seguidamente colócase o papel, que debe estar algo humedecido, e pásase polo tórculo. ao rematar levantaremolo papel con coidado e deixamolosecar. Volvendo repetir todo o proceso podemos sacar sucesivas copias.
2.1.4 Realiza un grafiti. Busca unha APP como Graffiti creator, que che axude a facer grafitis co teu nome ou apodo que servirá como portada ó teu caderno de investigación. Unha vez que o remates só terás que imprimilo e listo!
Storybird
Criterios de avaliación B1.3
1.Contidos
2.Actividades
2.2 Tarefas
2.3 Recursos para as tarefas
3.Xustificación
4. Bibliografía e fontes.
1. Contidos
Na investigación plástica é necesario a experimentación directa cos materiais instrumentos e técnicas, saber como de usan e coñecelas súas posibilidades, para chegar a uns resultados desexados. Dominalas distintas técnicas e materiais proporciona ó alumno unha linguaxe propia de expresión e comunicación na produción de obras. Polo tanto alcanzar unha boa destreza e dominio das diversas técnicas será unha boa ferramenta de desenvolvemento e expresión gráfico-plástica tanto para futuros proxectos artísticos como para a súa vida cotiá, e axuda a manter un sentido critico de cara ao traballo persoal e alleo.
As técnicas son os procedementos ou formas de usalos materiais, e os materiais son as ferramentas coas que debuxamos, pintamos e nos expresamos.
Coñecelas súas características, a forma de uso e
manexo é imprescindible.
Existen moitas técnicas e materiais tradicionais ós que se lle foron incorporando novas técnicas, sobretodo, aportadas polas novas tecnoloxías.
A rica diversidade de materiais proporciona infinitas posibilidades, e ademáis, pódense mesturar entre elas.
A rica diversidade de materiais proporciona infinitas posibilidades, e ademáis, pódense mesturar entre elas.
Entre as técnicas tradicionais podemos diferenciar dous grandes grupos: as técnicas secas e as húmidas.
TÉCNICAS SECAS
TÉCNICAS SECAS
As técnicas secas preséntanse en forma de lapis ou barra e aplícanse directamente sobre o soporte, que gracias a súa textura mantén os pigmentos. Aínda que é necesario aplicar un fixativo ó final, senón acabaran borrándose.
Pódense atopar forradas de madeira ou en forma de barra.
Aínda que cada unha presenta as súas particularidades propias que fan que se axeiten mais a uns traballos ou outros, acostuman a utilizarse de forma similar.
Aínda que cada unha presenta as súas particularidades propias que fan que se axeiten mais a uns traballos ou outros, acostuman a utilizarse de forma similar.
Son técnicas moi versátiles, coas que acadamos
liñas, texturas, difuminados, superposicións, etc... Están indicadas para o
traballo en escalas tonais e permitennos acadar debuxos moi detallados.
Como apoio a estas técnicas podemos usalo difumino. É un instrumento feito de papel enrolado con punta fina que serve para difuminar e suavizar certas partes do debuxo. Hai distintos tamaños, o que permite realizar traballos moi precisos.
Lapis de grafito. É o instrumento de debuxo máis común,
creado polo francés Conté a finais do século 18.
Caracterízase por ter diferentes graos de dureza,
sendo os de maior dureza máis indicados para o
debuxo técnico e os máis brandos para o
artístico, xa que ofrecen maior variedade de
trazos e tonalidades
| |
Carbón. Trátase dunha barra de madeira
carbonizada. Permite facer tanto trazos finos
como grandes manchas, que poden ser máis ou
menos escuras en función da presión que se
exerza. Fíxase lixeiramente ó papel, polo que é
sinxelo borrar. Cómpre usar goma especial pois
engraxalo papel pode provocar manchas
indesexadas
| |
Barra composta. Sanguina (alaranxada), sepia
(pardo), negra, branca e gris son as máis usadas.
É unha mestura de pigmento natural e
aglutinante que permite diversos tipos de trazos.
Úsanse para debuxos monocromáticos, obtemos
distintas tonalidades se a aplicamos con máis ou
menos presión ou difuminamos.
| |
Lápiz Conté. Ó igual que a barra composta,
componse de pigmento mesturado cun
aglutinante e ten varias durezas. A diferenza é
que está recuberto dunha estrutura de madeira
como un lapis. É unha técnica que facilita os
traballos de precisión e detalle. Os pigmentos son
naturais coma o carbón vexetal, óxido de ferro,
…
| |
Pasteis. Trátase de barras compostas de
pigmentos de cores e goma arábiga. Permite
facer trazos finos ou manchas sobre o papel. É
unha técnica a base de po, de cores puros e
brillantes, que admite mesturas, superposición ou
difuminado pero imprescindible fixar ó rematar
para evitar que se borre.
| |
Lapis de cores. Son lapis compostos por
pigmentos de cores e un aglutinante, similares ós
de grafito, coa diferencia de que permiten
debuxar cunha gran variedade de tonalidades. A
súa aplicación é sinxela, e permite a
superposición, ou facer gradacións e texturas. Hai
distintos grosores, calidades e durezas.
|
TÉCNICAS HÚMIDAS
As técnicas húmidas son aquelas que, para a súa aplicación, precisamos diluílas nun medio, que pode ser auga ou aceite. Preséntanse en pastilla ou tubo. Éstas ofrecen cores intensas e posibilidades de texturas. Precisan dun bo dominio dos instrumentos habituais de uso, como son os pinceis, plumillas, espátulas,...
Rotuladores. Inventado polo xaponés Yukio Hoire, a
mediados do século 20, nace para satisfacelas
necesidades dos artistas gráficos. É un instrumento de
punta de feltro que contén tintas de cores, e que
produce trazos moi definidos. Non se pode borrar e é
difícil de mesturar. O branco obtémolo do papel.
| |
Estilógrafo. É unha ferramenta usada principalmente para
o debuxo técnico. Ten un depósito que leva tinta e unha
punta metálica con distintos grosores. Permite trazos moi
finos, uniformes e de gran limpeza e precisión. Úsase
tamén nos traballos artísticos no canto da tinta e a
plumilla.
| |
Acuarelas. É unha mestura seca de pigmentos e
aglutinante, para a súa aplicación e imprescindible diluír
en auga. É unha técnica semitransparente, que se
traballa por capas e que esixe moito control. O branco
do papel, a súa textura e o gramaxe son elementos moi
importantes.
| |
Tinta. O uso da tinta comezou en Exipto e China fai mais
de 4000 anos. A máis coñecida e a tinta china ou
indeleble. É dunha cor negra intensa e acabado brillante.
Mesturada con auga obtense unha ampla gama de
grises. Os intrumentos que a complementan son a pluma
estilografica a plumilla e o pincel
| |
Témpera. Tamén coñecida como gouache, onde o
medio é a auga e o aglutinante pode ser, entre outras,
graxa ou glicerina. É opaca e homoxénea, ademáis as
cores pódense mesturar e superpoñer. Débese ter
precaución ó superpoñer capas, pois por diluírse con
facilidade mestúranse as cores das distintas capas.
| |
Acrilica. E unha técnica camaleonica, podese acadar
oefecto da acuarela, da tempera ou do oleo. O
aglutinante é o que lle aporta as principais
características, resistente, adhesiva, rapidez de sacado,
corpo, solidez, durabilidade e transparencia se se dilue
con auga.
| |
Óleos. Os pigmentos están mesturados cun aglutinante
composto por aceites. Para diluílo úsase trementina ou
linaza. É unha pintura espesa e dura que se desliza moi
fácilmente grazas á súa condición graxa. Ademáis
tarda moito en secar. Permite usar escalas tonais para
dar volume e imitar materiais como metal ou cristal.
|
Nesta presentación podes ver exemplos de artistas coñecidos que traballaron coas distintas técnicas, pastel, carbón, óleo, acuarela,...

Ademáis destas técnicas que vimos, hay outras tamén moi usadas por artistas ó longo da historia. Ás que tamén se lle unen as técnicas que sorxen na actualidade grazas ás novas tecnoloxías. Imos ver algunhas:
O COLAXE
Artistas como Picasso, Juan Gris, Duchamp ou Tápies, traballaron con esta disciplina nun intento de romper coa
pintura tradicional engadindo ós lenzos elementos externos que aportan valores como corporeidade ou textura.
Úsase
o papel ou outros materiais
como complemento ó material pictórico para conseguir planos, formas e
cores,
para elo recórtase e pégase dunha maneira determinada calquer tipo de
papel ou material, madeira, cartón, plástico ou materia viva.
O GRAVADO E ESTAMPACIÓN
O gravado é unha técnica que consiste en realizar entalladuras ocas nunha plancha de materiais como madeira, linóleo, metal,..., cunha ferramenta ou un ácido. A plancha entintarase, limparase e estamparase ao papel por presión con axuda dunha prensa ou tórculo. Esta técnica recoñecese pola pegada que deixa sobre o papel a presión exercida durante o proceso de estampado. Ofrece a posibilidade de facer tiradas de varias estampas iguais. Segundo os materiais utilizados, coñecemos a augatinta, augaforte, xilografía, litografía e linóleo entre outras técnicas.

Gravado de Hokusai. Rescatado da Wikipedia
Gravado de Goya.
Rescatado da Wikipedia.
A FOTOGRAFÍA
Esta técnica consiste en capturar imaxes utilizando a acción da luz, ben
por medio do fixado nun medio sensible á luz ou pola conversión en
sinais electrónicos. Baseándose no principio da cámara escura,
proxéctase unha imaxe captada por un pequeno buraco sobre unha
superficie. Para capturar e gardar esta imaxe, as cámaras fotográficas
utilizan unha película sensible para a fotografía analóxica, mentres que
na fotografía dixital empréganse memorias dixitais.
Considérase fotografía artística cando o autor crea a súa obra co fin de
transmitir ideas, sentimentos, sensacións, emocións...
O violín de Ingres. Man Ray. Imaxe rescatada da Wikiart
O GRAFFITTI
É un debuxo que se realiza nun lugar público, do exterior polo xeral sen autorización. Utilízase polo xeral pintura en aerosol, pola súa condición de rapidez de uso e secado.
Os grafitis poden ser manifestacións artísticas, expresións ideolóxicas ou simplemente firmas.
Existen distintas maneiras de entender o fenómeno dos grafitis
segundo as súas características. O habitual é considerar que se trata
dun feito de vandalismo, xa que se plasman en espazos públicos ou mesmo
en propiedades privadas. Poden aparecer en muros, vagóns de tren ou
mesmo algún monumento. En moitos casos este feito supón un dano. Doutra banda, hai persoas e institucións que ceden paredes a artistas nas que poden crear grafitis. Isto é unha maneira de embelecer o espazo público a través da arte urbano.
Imaxes de dominio público. Rescatadas da Wikimedia
O VIDEOARTE
Trátase dun movemento que comezou a desenvolverse na década de 1960 e está vinculado á intención de achar unha aplicación artística ou estética dos medios de comunicación. Consiste en crear manifestacións artísticas mediante sons e imaxes en movemento. A diferenza do cinema, o videoarte pode non ter narración. Isto quere dicir que o videoarte non se propón contar unha historia, senón transmitir un concepto, un sentimento ou xerar sensacións. Pode contar ou non con diálogos, actores, usar gravacións, apostar pola improvisación ou basearse en efectos dixitais. Numerosos son os artistas que conseguiron converterse nun auténtico referente dentro do videoarte. En concreto, entre os máis significativos podemos destacar a Jordi Colomer, Bruce Nauman, William Wegman, Colin Campbell e Chantal Akerman.
2. Actividade Materiais Motivadores. Descripción da actividade.
Nesta
unidade plantéxanse 3 tarefas materiais e dixitais, coas que poderás coñecer e
experimentar con distintas técnicas gráfico-plásticas. O coñecemento das mesmas pódeche axudar e servir en calquera momento
do curso, pois son moi útiles para o desenvolvemento de moitas das tarefas.
No
apartado 2.2 suxírense varias APPs que che axudarán a lograr bos resultados e a
realizar algunhas das tarefas. Ademáis podes traballar con algunha outra que xa
coñezas ou atopes e che pareza interesante. Xa sabes que Internet ofrece
moitísima axuda se a usamos con cabeza.
2.1 Tarefas.
2.1.1 Realizar un caderno teórico-práctico de artista cun estudo-investigación de técnicas gráfico-plásticas. Investigar con 20 técnicas diferentes, propoñer tamén algún material que non sexa usualmente usada para a expresión plástica (café, pimentón, flores,... deixa voar a imaxinación).
Podemos poñer como tema o autoretrato. Traballar coa propia imaxe é unha tarefa motivadora e enriquecedora. Dibuxándose coñécense mellor a sí mesmos. Deberán analizalas súas formas, plasmalas nos seus debuxos, e logo recoñecerse. Ademáis para profundizar poden tentar plasmar características do seu carácter e personalidade. Como co resto de tarefas deben estar satisfeitos do resultado para que resulte una experiencia enriquecedora. Para iso, se é necesario poderase partir da imaxe calcada para que o parecido sexa alto ou pódese tamén traballar cun avatar, sintetizando os detalles pero captando e trasmitindo a imaxe e personalidade do autor. Desta maneira tamén aprenden que o grao de realismo dunha imaxe non afecta á sua calidade.
Artistas que aparecen no video:
Van Gogh, Gabriele Munter, Lucian Freud, Charley Toorop, Richard Gerstl,
Gauguin, Pisarro, Modigliani, Oscar Kokoschka, Tapies, Max Beckmann, Frida
Kahlo, Goya, O Greco, Velázquez, Cindy Sherman, Tamara de Lempicka, Gustav Klimt,
Diego Rivera, Artemisia Gentileschi, Gauguin, Vermeer, Mary Casatt, Munch, Lee
Krasner, Georgia O´Keefe, Schiele, Mondrian, Rubens, Salvador Dalí e Andy Warhol.
2.1.2 Experimentar con algunha APP de creación de imaxes como Artflow ou Sketchbook. Elaborar varias imaxes dixitais de distintas técnicas, que complementen a tarefa 2.1.2.
2.1.3 Facer unha práctica da técnica do gravado onde tamén traballaremolo autorretrato. Faremos unha pequena plancha de linóleo para logo estampala varias veces, poderemos experimentar pequenas modificacións como reservas, cambios de cores, usar distintos soportes...
Exemplo de gravado tomado da Wikipedia
O gravado ao linóleo é unha variante da xilografía, coa diferenza que a prancha é de linóleo. É un material brando e de densidade uniforme, que permite ser tallado en todas direccións. As ferramentas usadas son coitelas e gubias. Ao ser un material fácil de traballar a talla debe realizarse con precaución para non baleirar en exceso o ferro, pois os erros son difíciles de rectificar . Sobre a plancha realízase o debuxo a lapis ou a través dun calco. É importante saber que o gravado sairá investido, por iso pasarase a imaxe investida á prancha. a zona que se baleirou coa gubia, sairá sen tinta e a zona que se deixe sen gravar sairá entintada. Para realizalo entintado aplícase a tinta sobre o ferro cun rodete de caucho, pódese usar tinta de imprenta ou óleo. A tinta esténdese previamente sobre un cristal ou acetato, debemos batela ben sobre o cristal para conseguir uniformidade. O rodete non debe estar cargado de moita tinta, podemos descargalo nalgunha zona limpa de cristal. O proceso de estampaxe adoitamos realizalo a man ou con tórculo, para iso colócase a prancha sobre un acetato, no cal realizamos dous rexistros cun rotulador. un corresponde á medida do ferro e outro ao tamaño do papel, que debe ser un pouco máis grande que a superficie total do linóleo, así as copias sempre sairán centradas. Seguidamente colócase o papel, que debe estar algo humedecido, e pásase polo tórculo. ao rematar levantaremolo papel con coidado e deixamolosecar. Volvendo repetir todo o proceso podemos sacar sucesivas copias.
2.1.4 Realiza un grafiti. Busca unha APP como Graffiti creator, que che axude a facer grafitis co teu nome ou apodo que servirá como portada ó teu caderno de investigación. Unha vez que o remates só terás que imprimilo e listo!
Storybird
2.2 Recursos e apps.
ArtFlow e unha aplicación para o móvil (android) que funciona como un caderno de debuxo dixital. Con máis de oitenta pinceis diferentes os que ademais podes modificarlle o tamaño, o
fluxo, etcétera.
Además de moitos pinceis, ArtFlow ten un montón de ferramentas, podes traballar con capas, podendo alterar a opacidade de cada una de elas de forma individual. Tamén poderemos usar máscaras, ferramentas de coloreo, figuras xeométricas, ...

PhotoshopSketch
Photoshop
Sketch é unha aplicación para o dispositivo móvil android e apple, que che permite
crear debuxos expresivos en calquera lugar con ferramentas de debuxo naturais
como lapis, bolígrafos, rotuladores e pinceis para acuarela para conseguir
todas as texturas e efectos de mestura que conseguirías nun papel.
picsart
PicsArt
é unha aplicación para android para a edición de imaxes Ademais de permitir
editar as fotografías a través das distintas ferramentas que incorpora, PicsArt
tamén ofrece a posibilidade de realizar colaxes e fotomontaxes de maneira
sinxela. Para esta última opción, haberá que recorrer á utilidade que os
creadores da app denominan como Photo Remix, e que permite combinar varias
fotografías, así como utilizar filtros ou stickers predefinidos.
Sketchbook é unha
aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos
bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Dános
acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumillas, lapis,
tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar
unha chea de trazos e texturas diferentes.
Tamén podes usar regras
tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou acepta a axuda do
asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan
as liñas e corrixen as figuras. Ademas podes engadir textos ou imagenes, borrar
con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para
traballar coa túa tablet ou móbil.
Graffiti Creator permíteche deseñar o teu propio nome ou logotipo co estilo do grafiti. Tes
unha chea de diferentes estilos, fontes, cores, sombreados, etc... para
elixir, e o programa ten unha serie de ferramentas xeniais para mellorar
aínda máis o teu logotipo para que se vexa
realista. Próbao e explora as súas posibilidades!
3. Xustificación
Para desenvolver estas actividades
facilítase unha exposición inicial dos contidos correspondentes, que o alumnado completará buscando nova
información en Internet. É dicir, deberá acceder, obter, procesar e usala
información para crear novos contidos, que deberá saber comunicar principalmente
con medios dixitais. A práctica desta competencia dixital logrará que o
alumnado aprenda a aprender por sí mesmo. O proceso de aprendizaxe está pautado
en cada unidade.
Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación, plasmando a través dunha representación gráfica as intencións comunicativas do artista.

Metodoloxías de traballo:
− Elaboracións artísticas onde o alumnado
proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado
desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a elaboracións do
produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas
relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das
clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso,
ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais
ou escritas. Poden
ser individuais ou grupais e permiten a valoración dos traballos durante o seu
proceso ou á finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do
proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Probas persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar
conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais
e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre
profesorado e alumnado onde de mutuo acordo se establecen unha serie de
condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas
dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos
en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías...
Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten
valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunha carpeta drive
onde cada estudante escanea ou fotografía os exercicios realizados sobre papel,
e sube as súas imaxes dixitais e presentacións de diapositivas.
Obxetivos
Realizar composicións creativas, individuais e en grupo, que evidencien as capacidades expresivas da linguaxe plástica e visual, desenvolvendo a creatividade e expresándoa preferentemente coa subxectividade da súa linguaxe persoal ou empregando os códigos, a terminoloxía e os procedementos da linguaxe visual e plástica, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación.
Realizar obras plásticas
experimentando e utilizando diferentes soportes e técnicas, tanto analóxicas
coma dixitais, valorando o esforzo de superación que supón o proceso creativo.
Coñecer e elexir os materiais
máis axeitados para a realización de proxectos artísticos.
Utilizar con propiedade os
materiais e os procedementos máis idóneos para representar e expresarse en
relación ás linguaxes gráfico-plásticas, manter o seu espazo de traballo e o
seu material en perfecto estado, e achegalo á aula cando é necesario para a
elaboración das actividades.
3.1. Competencias Clave
CCEC
CSIEE
CAA
CD
3.2. Avaliación
Achégase o seguinte modelo de rúbrica
Obxetivos
Realizar composicións creativas, individuais e en grupo, que evidencien as capacidades expresivas da linguaxe plástica e visual, desenvolvendo a creatividade e expresándoa preferentemente coa subxectividade da súa linguaxe persoal ou empregando os códigos, a terminoloxía e os procedementos da linguaxe visual e plástica, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación.
3.1. Competencias Clave
CCEC
CSIEE
CAA
CD
3.2. Avaliación
Achégase o seguinte modelo de rúbrica
4. Bibliografía e fontes.
tecnicasdeexpresiongrafico-plasticas.blogspot.com
descubrirelarte.es/2015/03/04/autorretratos-el-pintor-y-su-imagen.html
descubrirelarte.es/2015/03/04/autorretratos-el-pintor-y-su-imagen.html