ABP4. Á ESCENA


ABP4
Á ESCENA














A ESCENA VISUAL COLABORATIVA
Escenografía física, virtual e multimedia.
Varios proxectos.



Contidos
B2.1., B2.2., B4.1., B4.2., B4.3., B4.4. e B4.6
Criterios de avaliación
B2.1., B4.1., B4.2. eB4.3.
Do currículo LOMCE vixente en 2019

CORRELACIONADO COAS ACTIVIDADES

UD14.  O cadáver exquisito para o guión
UD15.  Quedei xeado!







Esquema guión da aprendizaxe baseada en proxectos AbP


1. Exposición da proposta aos estudantes.


2. Lanzamento do proxecto.



3. Planificación do proxecto e da súa avaliación mediante rúbricas.

4. Investigación, curación de contidos ( con hashtags = # ) e procura de información para contestar á pregunta guía.

5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.

6. Presentación dos produtos finais xerados no proxecto e difusión.

7. Reflexión final sobre o aprendido no proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta da ABP e das súas actividades correlacionadas.

8. Materiais e recursos.
8.1 Materiais relacionados
8.2 Aplicacións informáticas e APPs

9. Bibliografía e fontes.










0. Introducción


Imos mostrar as nosas capacidades escénicas e coas nosas artes visuais e multimedia. Expomos ao alumnado pensar nun produto creativo relacionado coa posta en escena. Deseñamos e creamos produtos útiles para o noso centro educativo que facilitan unha aprendizaxe aberta e participativa. Innovamos con ideas de aprendizaxes a través do uso de tecnoloxías e seu emponderamiento para escenificar os resultados con multiples e diferenciadas postas en escena. No primeiro proxecto facilitamos ao alumnado a preparación dun relatorio e conferencia, unha mostra de obra plástico-gráfica nunha sala de exposicións da nosa contorna, a coordinación dun flashmob e unha performance para o evento de inauguración da exposición anual do alumnado de Artes e grazas á colaboración e cooperación de varios departamentos.

Na primeira fase do proxecto o alumnado realiza entrevistas coa app spreaker.




1. Exposición da proposta aos estudantes.




Produto audiovisual do proxecto ABP edurefugees


Na experiencia #edurefugees a formulación da proposta veu dada pola experiencia de tres alumnos que asistiron ao programa social e educativo "Europa comeza en Lampedusa" en Italia. Ao seu regreso en colaboración co departamento de filosofía realizaron varios relatorios como a conferencia que se mostra no vídeo (aconsellable para iniciar unha exposición para un proxecto sobre a mesma temática no teu centro de ensino). O departamento de debuxo e artes plásticas decidiu por maioría que a exposición anual de alumnos de bacharelato de artes dese ano tivese como tema as migracións. O proxecto tivo varias postas en escena. Primeiro o relatorio como presentación e como resultado unha exposición de obras artísticas relacionadas en cuxa inauguración colaboraron varios membros dos departamentos de artes plásticas, escénicas e música. Realizouse unha performance e varias actuacións musicais.


2. Lanzamentos dos proxectos.

Os lanzamentos dos proxectos realizáronse, o primeiro, mediante unha ponencia inicial que espertou nos alumnos a curiosidade e o debate sobre o tema proposto e do que xeráronse preguntas guía que dirixiron as seguintes tarefas.

A partir da introdución e contextualización das migracións do ser humano atopamos a necesidade de solicitar a cooperación de outros departamentos como o de Filosofía e o de Historia.


No segundo proxecto, de integración social, cooperamos ofrecendo a proposta a un centro ocupacional da nosa localidade no que a posta en escena obtivo como resultado unha vídeo creación realizada por un prototipo de cooperativa escolar audiovisual, proxectado no Festival Redondela en curto e que obtivo o premio Andaina en 2018. A proposta realizouse xuntando ao alumnado dun grupo de educación secundaria post-obrigatoria con alumnos do centro ocupacional, onde fixemos unha presentación e lanzamento do prototipo de colaboración en conxunto. As preguntas guía versaron sobre a identidade, libertade e locura. Fonte propia.

Buscamos a pregunta guía (driving question) utilizando o obxecto de interese dos estudantes como punto de partida e conectamos creativamente os estándares de aprendizaxe. Aínda que tamén pode facerse ao revés, desenvolver a pregunta guía determinando primeiro os estándares de aprendizaxe a traballar como na presente Abp na que primeiro temos traballadas as actividades correlacionadas. Ao final, o importante é que a pregunta debe esixir aos estudantes para aprender habilidades e contidos co fin de responder a unha pregunta interesante para eles. Fonte INTEF


Exemplos de preguntas guía para o primeiro proxecto ABP3

Que mitos hai sobre os inmigrantes?
Que impacto teñen as artes visuais e escénicas na nosa sociedade?
A que tendencias políticas moléntalles os inmigrantes ? Son os dereitos humanos para todos? Como pode mellorar a protección internacional para a humanidade?





3. Planificación do proxecto e da súa futura avaliación mediante rúbricas.

Temporalización 10 horas lectivas:

Presentación do proxecto: unha sesión.
Presentación de prototipos: Duas sesións.
Busqueda de información relacionada: Unha sesión.
Presentacións do alumnado: Unha sesión.
Repartir roles e elaborar o producto: Catro sesións.
Reflexión final e avaliación: Una sesión.


Rúbrica para a avaliación dunha presentación con diapositivas do CEDEC.



4. Investigación e procura de información para contestar a pregunta guía.

O alumnado presenta aos seus compañeiros as suas procuras sobre a historia das migracións e como os artistas interpretaron os éxodos humanos para a súa ponencia no salón de actos do centro educativo. Mentres outro grupo realiza entrevistas en formato radiofónico sobre a temática proposta e elaboran unha secuencia de fotografías sobre os diferentes planos e ángulos tendo como fio conductor "Que levarías na maleta si tiveras que marchar do teu pais"



5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.






6. Presentación dos produto finais xerados nos dous proxectos e difusión. Ante unha audiencia en vivo e ou por streaming entre a comunidade educActiva e a súa posterior difusión. Publicación na revista do centro e nas webs colaborativas do alumnado. Asignación de roles de community managers educativo entre o alumnado e profesorado voluntario.


haz lo que necesites - fai o que precises -Do what is need 
Premios á animación coa técnica stopmotion do proxecto edurefugees.
O alumno Daniel Calvar, codirector da curta, conta o proceso de primeira man.



Exposición colectiva de alumnado de bacharelato en 2019
Documental premiado


Produto final do 2º proxecto ABP3
Premio Andaina 2018 de Redondela en curto




7. Reflexión final sobre o aprendido no proceso e sobre o producto final realizado a partir da proposta das ABP e das súas actividades correlacionadas.
Levamos á práctica a competencia de aprender a aprender co noso alumnado. Así mesmo, hai unha serie de actividades (catro correlacionadas para o presente proxecto e as tarefas especificadas en cada ligazón dos proxectos levados a cabo) que haberá que realizar ao longo do proceso e que finalizará xerando os produtos finais á vez que se produce unha aprendizaxe efectiva e unha reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe.


8. Materiais e recursos.

8.1 Materiais relacionados
8.2 Aplicacións informáticas e APPs



8.1 MATERIALES RELACIONADOS e COMPLEMENTARIOS 
Fuente @educatribu



Arquivo en formato pdf que contén un dossier, complementario a 20 paneles, dunha exposición gráfica, elaborado por Javier Alquézar Penón. Son materiais aproveitables para contextualizar a historia. Trátase dunha guía didáctica con orientacións, actividades e propostas de intervención na aula. Inclue un repertorio de cuestións en torno aos refuxiados no mundo e ao longo da historia.


O BARCO DO EXILIO


"...Proxecto colaborativo de aprendizaxe en centros ( PBL) e educación expandida acerca da memoria e a actualidade dos exiliados (refuxiados, migrantes). Participan aprendices, docentes e investigadores de todos os continentes a través dos escenarios dixitais e as redes sociais, con distintos roles: guías, dinamizadores, procuradores de contidos ou usuarios das redes. Os camarotes do Barco xa deron cabida a varios proxectos particulares que recrean distintos aspectos temáticos a partir dunha análise de problemas..." Fonte


A partir da fotografía de Agustí Centelles Fernando Marco Melero presenta un traballo para 4º de ESO onde subliña a importancia da fotografía como fonte histórica, a necesidade dunha lectura crítica das imaxes con datos sobre a guerra civil española, sobre o papel da muller no bando republicano, o exilio e os campos de refuxiados na Francia baseandose na exposición “Todo Centelles” organizada pola Universidade de Zaragoza.

Experiencias do alumnado galego que visitou a illa de Lampedusa para participar nun proxecto social e educativo internacional do Ministerio de Ensino de Italia que compartimos cos hashtags #edurefugees e #EuropaLampedusa.








O “Astral” é un veleiro de 30 metros construído nos anos 70 que sempre fora usado como luxoso barco de recreo. Ata que na pasada primavera o seu dono, consciente de que nese mesmo mar polo que el navegaba cada ano morrían miles de refuxiados tentando chegar a Europa, cedeuno á ONG Proactiva Open Arms. Tras un complexo proceso de remodelación, a embarcación converteuse nun barco de vixilancia e salvamento e partiu rumbo ás costas de Libia para levar a cabo a que sería a súa primeira misión de rescate cun equipo de TV do programas Salvados a bordo. Fonte



8.2 Aplicacións informáticas, tutoriais e APPs




App para facer entrevistas e montar programas de radio.



Apps para actrices e actores

Dubsmash App que che asegurará practicar da forma máis divertida. Trátase de elixir un son famoso para logo interpretalo e compartilo cos teus amigos. Se malgastas creatividade a túa tamén podes subir os teus propios audios e popularizalos na web. Ligazóns:  Androide e  IOS.

Rehearsal 2 (iPhone): 
Moi útil para aprender os teus textos, organizar guións e castings, e colaborarando con outras compañeiras e compañeiros. Ligazón.

Script Rehearser (Androide): Versión homóloga da app anterior para sistemas operativos Androides e gratuíta. Ligazón.

Prol Promter ( iPhone): Creada por un teleprompter profesional, permite ler os teus guións de forma fluída. Poderás elixir fonte, tamaño de fonte, fondo, e moito máis. Ligazón IOS.

Dv Prompter ( Androide): A versión equivalente a anterior para dispositivos Androide, ao descargala da a opción de mercar Hardware como axustar o dispositivo na cámara para poder ler e interpretar os teus guións durante a grabación. Ligazón para Androide.


Crear apps
Appypie para crear a tua propia app



Currículum Educación Plástica, Visual e Audiovisual 4º de ESO e obxectivos.










Bloque de materias específicas
Educación Plástica, Visual e Audiovisual
Introdución
Se noutras épocas históricas era a palabra, tanto na súa expresión oral como escrita, a principal forma de expresión e de transmisión de ideas e sentimentos, non cabe dúbida de que na época na que estamos inmersos/as a imaxe cobrou un protagonismo sen precedentes en ningunha outra época da historia da humanidade.


A materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual parte dos bloques impartidos na educación primaria na área de Educación Artística. A parte destinada á educación plástica xa anticipaba os mesmos bloques dos que parte a materia en ESO, baixo as denominacións de "Educación audiovisual", "Debuxo técnico" e "Expresión artística".



Nos tres primeiros cursos da ESO esta materia estrutúrase en tres bloques: "Expresión plástica", "Comunicación audiovisual" e "Debuxo técnico". En cuarto da ESO os bloques nos que se estrutura a materia son: "Expresión plástica", "Debuxo técnico", "Fundamentos do deseño" e "Linguaxe audiovisual e multimedia".



O bloque de "Expresión plástica" experimenta con materiais e técnicas diversas na aprendizaxe do proceso de creación. Inténtase darlle ao alumnado unha maior autonomía na creación de obras persoais, axudando a planificar mellor os pasos na realización de proxectos artísticos, tanto propios coma colectivos.


Analízanse as características da linguaxe audiovisual desde a cal se realiza a análise crítica das imaxes que nos rodean. Faise, tamén, especial fincapé no uso das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á imaxe.



No bloque titulado "Debuxo técnico" trasládanse coñecementos teórico-prácticos sobre formas xeométricas e sistemas de representación, e aplícanse estes coñecementos á resolución de problemas e á realización de deseños.



No cuarto curso, considerando a madureza do alumnado e os coñecementos adquiridos, incorpórase o bloque de "Fundamentos do deseño", que vai permitir o coñecemento dos fundamentos do deseño nas súas diferentes áreas, desenvolvendo, desde un punto de vista práctico, os coñecementos adquiridos no resto de bloques.







Artigo 10Obxectivos da educación secundaria obrigatoria.


A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.













Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 4º de ESO


Obxectivos
Contidos
Criterios de avaliación
Estándares de aprendizaxe
Competencias clave


Bloque 1. Expresión plástica


  • a
  • c
  • d
  • e
  • h
  • B1.1. A linguaxe plástica e visual na creación da composición artística.
  • B1.1. Realizar composicións creativas, individuais e en grupo, que evidencien as capacidades expresivas da linguaxe plástica e visual, desenvolvendo a creatividade e expresándoa preferentemente coa subxectividade da súa linguaxe persoal ou empregando os códigos, a terminoloxía e os procedementos da linguaxe visual e plástica, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación.
  • EPVAB1.1.1. Realiza composicións artísticas seleccionando e utilizando os elementos da linguaxe plástica e visual.
  • CCEC
  • a
  • d
  • g
  • n
  • B1.2. Leis da composición.
  • B1.3. Leis da composición: movemento, ritmo e liñas de forza.
  • B1.4. Cor como ferramenta simbólica.
  • B1.2. Realizar obras plásticas experimentando e utilizando diferentes soportes e técnicas, tanto analóxicas coma dixitais, valorando o esforzo de superación que supón o proceso creativo.
  • EPVAB1.2.1. Aplica as leis de composición, creando esquemas de movementos e ritmos, empregando os materiais e as técnicas con precisión.
  • CCEC
  • EPVAB1.2.2. Estuda e explica o movemento e as liñas de forza dunha imaxe.
  • CCEC
  • EPVAB1.2.3. Cambia o significado dunha imaxe por medio da cor.
  • CCEC
  • b
  • c
  • e
  • g
  • n
  • B1.5. Técnicas de expresión gráfico-plásticas. Experimentación con diversos materiais.
  • B1.6. Interese pola investigación sobre materiais, soportes, técnicas e ferramentas con fins concretos, así como a utilización das tecnoloxías da información nas creación propias.
  • B1.7. Iniciativa, creatividade e autoesixencia no proceso de produción propio.
  • B1.3. Elixir os materiais e as técnicas máis axeitadas para elaborar unha composición sobre a base duns obxectivos prefixados e da autoavaliación continua do proceso de realización.
  • EPVAB1.3.1. Coñece e elixe os materiais máis axeitados para a realización de proxectos artísticos.
  • CCEC
  • CSIEE
  • EPVAB.1.3.2. Utiliza con propiedade os materiais e os procedementos máis idóneos para representar e expresarse en relación ás linguaxes gráfico-plásticas, mantén o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto estado, e achégao á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.
  • CCEC
  • CSIEE
  • CAA
  • CD
  • b
  • c
  • e
  • g
  • n
  • B1.8. Seguimento do proceso de creación: bosquexo, proxecto, presentación final e avaliación (reflexión propia e avaliación colectiva).
  • B1.9. Elaboración de proxectos plásticos de forma cooperativa.
  • B1.4. Realizar proxectos plásticos que comporten unha organización de forma cooperativa, valorando o traballo en equipo coma fonte de riqueza na creación artística.
  • EPVAB1.4.1. Entende o proceso de creación artística e as súas fases, e aplícao á produción de proxectos persoais e de grupo.
  • CSIEE
  • CCEC
  • d
  • f
  • l
  • n
  • B1.10. Lectura e valoración de obras artísticas e imaxes en distintos soportes.
  • B1.11. Análise de distintas obras de arte situándoas na época, na técnica e no estilo aos que pertencen. Valoración do patrimonio artístico.
  • B1.5. Recoñecer en obras de arte a utilización de elementos e técnicas de expresión, apreciar os estilos artísticos, valorar o patrimonio artístico e cultural como un medio de comunicación e satisfacción individual e colectiva, e contribuír á súa conservación a través do respecto e divulgación das obras de arte.
  • EPVAB1.5.1. Explica, empregando unha linguaxe axeitada, o proceso de creación dunha obra artística, e analiza os soportes, os materiais e as técnicas gráfico-plásticas que constitúen a imaxe, así como os seus elementos compositivos.
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB1.5.2. Analiza e le imaxes de obras de arte e sitúaas no período ao que pertencen.
  • CSIEE
  • CCEC


Bloque 2. Debuxo técnico


  • b
  • f
  • g
  • n
  • o
  • B2.1. Utensilios de debuxo técnico: estudo e manexo.
  • B2.2. Trazados xeométricos: cuadriláteros, polígonos regulares e división da circunferencia.
  • B2.3. Tanxencias e enlaces.
  • B2.4. Aplicación dos procedementos de trazado de cuadriláteros, polígonos, tanxencias e enlaces no deseño de motivos xeométricos.
  • B2.1. Analizar a configuración de deseños realizados con formas xeométricas planas, creando composicións onde interveñan diversos trazados xeométricos, utilizando con precisión e limpeza os materiais de debuxo técnico.
  • EPVAB2.1.1. Diferencia o sistema de debuxo descritivo do perceptivo.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.1.2. Resolve problemas sinxelos referidos a cuadriláteros e polígonos utilizando con precisión os materiais de debuxo técnico.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.1.3. Resolve problemas básicos de tanxencias e enlaces.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.1.4. Resolve e analiza problemas de configuración de formas xeométricas planas e aplícao á creación de deseños persoais.
  • CAA
  • CMCCT
  • b
  • f
  • g
  • o
  • B2. 5. Interpretación das pezas a través das súas vistas diédricas.
  • B2.6. Trazado, medidas e posición correctas das vistas de pezas sinxelas. Liñas vistas e ocultas. Esbozo á man alzada e con utensilios de debuxo técnico.
  • B2.7. Perspectiva cabaleira. Posición dos eixes e coeficiente de redución. Liñas vistas e ocultas. Rotulaxe. Escalas.
  • B2.8. Sistema axonométrico: isometría. Posición dos eixes. Liñas vistas e ocultas. Rotulaxe. Escalas.
  • B2.9. Perspectiva cónica central.
  • B2.10. Perspectiva cónica oblicua.
  • B2.11. Análise das posibilidades da posición do punto de vista.
  • B2.2. Diferenciar e utilizar os sistemas de representación gráfica, recoñecendo a utilidade do debuxo de representación obxectiva no ámbito das artes, a arquitectura, o deseño e a enxeñaría.
  • EPVAB2.2.1. Visualiza formas tridimensionais definidas polas súas vistas principais.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.2.2. Debuxa as vistas (alzado, planta e perfil) de figuras tridimensionais sinxelas.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.2.3. Debuxa perspectivas de formas tridimensionais, utilizando e seleccionando o sistema de representación máis axeitado.
  • CAA
  • CMCCT
  • EPVAB2.2.4. Realiza perspectivas cónicas frontais e oblicuas, elixindo o punto de vista máis adecuado.
  • CAA
  • CMCCT
  • b
  • e
  • i
  • o
  • B2.12. Debuxo asistido por computador. Trazado de pezas planas e tridimensionais sinxelas.
  • B2.3. Utilizar programas de debuxo por computador para construír trazados xeométricos e pezas sinxelas nos sistemas de representación.
  • EPVAB2.3.1. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para a creación de deseños xeométricos sinxelos.
  • CAA
  • CMCCT


Bloque 3. Fundamentos do deseño


  • a
  • c
  • d
  • f
  • h
  • l
  • B3.1. Análise das linguaxes visuais cotiás (arte, deseño, publicidade, etc.).
  • B3. 2. Fases do proceso de deseño.
  • B3.3. Análise da estética e a funcionalidade do deseño industrial de obxectos.
  • B3.4. Análise da estética e funcionalidade do feísmo arquitectónico.
  • B3.1. Percibir e interpretar criticamente as imaxes e as formas do seu ámbito cultural, con sensibilidade cara ás súas calidades plásticas, estéticas e funcionais, e apreciando o proceso de creación artística, en obras propias e alleas, e distinguir e valorar as súas fases.
  • EPVAB3.1.1. Coñece os elementos e as finalidades da comunicación visual.
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB3.1.2. Observa e analiza os obxectos do contorno na súa vertente estética, de funcionalidade e de utilidade, utilizando a linguaxe visual e verbal.
  • CCEC
  • c
  • e
  • g
  • i
  • B3.5. Campos de aplicación do deseño.
  • B3.2. Identificar os elementos que forman a estrutura da linguaxe do deseño.
  • EPVAB3 2.1. Identifica e clasifica obxectos en función da familia ou a rama do deseño.
  • CSIEE
  • CCEC
  • b
  • e
  • f
  • i
  • B3.6. Deseño de composicións modulares utilizando trazados xeométricos.
  • B3.7. Compoñentes da imaxe corporativa: nome, cor, tipografía, logotipo, deseño, etc.
  • B3.8. Secuenciación e elaboración de proxectos creativos adaptados ás áreas do deseño.
  • B3.9. Informática ao servizo dos proxectos de deseño.
  • B3.10. Planificación dun proxecto artístico.
  • B3.3. Realizar composicións creativas que evidencien as calidades técnicas e expresivas da linguaxe do deseño adaptándoas ás áreas, e valorando o traballo en equipo para a creación de ideas orixinais.
  • EPVAB3.3.1. Realiza distintos tipos de deseño e composicións modulares utilizando as formas xeométricas básicas, estudando a organización do plano e do espazo.
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB3.3.2. Coñece e planifica as fases de realización da imaxe corporativa dunha empresa.
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB3.3.3. Realiza composicións creativas e funcionais adaptándoas ás áreas do deseño, valorando o traballo organizado e secuenciado na realización de calquera proxecto, así como a exactitude, a orde e a limpeza nas representacións gráficas.
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB3.3.4. Utiliza as novas tecnoloxías da información e da comunicación para levar a cabo os seus propios proxectos artísticos de deseño.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB3.3.5. Planifica os pasos na realización de proxectos artísticos e respecta o realizado por compañeiros e compañeiras.
  • CSIEE
  • CCEC


Bloque 4. Linguaxe audiovisual e multimedia


  • a
  • h
  • n
  • ñ
  • B4.1. Tipos de planos cinematográficos. Análise dos factores expresivos e a súa simboloxía.
  • B4.2. Realización dun storyboard.
  • B4.1. Identificar os elementos que forman a estrutura narrativa e expresiva básica da linguaxe audiovisual e multimedia, e describir correctamente os pasos necesarios para a produción dunha mensaxe audiovisual, e valorando o labor de equipo.
  • EPVAB4.1.1. Analiza os tipos de plano que aparecen en películas cinematográficas, valorando os seus factores expresivos.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB4.1.2. Realiza un storyboard a modo de guión para a secuencia dunha película.
  • CSIEE
  • e
  • l
  • n
  • o
  • B4.3. Estudo de planos, angulacións e movementos de cámara no cine.
  • B4.4. Criterios estéticos na elaboración de fotografías.
  • B4.5. Finalidade expresiva das imaxes fotoxornalísticas.
  • B4.2. Recoñecer os elementos que integran as linguaxes audiovisuais e as súas finalidades
  • EPVAB4.2.1. Ve películas cinematográficas nas que identifica e analiza os planos, as angulacións e os movementos de cámara.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB.4.2.2. Analiza e realiza fotografías, tendo en conta criterios estéticos.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB4.2.3. Compila imaxes de prensa e analiza as súas finalidades.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • a
  • e
  • f
  • g
  • B4.6. Creación dixital de imaxes.
  • B4.7. Deseño dun proxecto publicitario.
  • B4.8. Desenvolvemento dun proxecto persoal.
  • B4.3. Realizar composicións creativas a partir de códigos utilizados en cada linguaxe audiovisual, amosando interese polos avances tecnolóxicos vinculados a estas linguaxes.
  • EPVAB4.3.1. Elabora imaxes dixitais utilizando programas de debuxo por computador.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB4.3.2. Proxecta un deseño publicitario utilizando os elementos da linguaxe gráfico-plástica.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • EPVAB4.3.3. Realiza un proxecto persoal seguindo o esquema do proceso de creación.
  • CAA
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC
  • a
  • c
  • d
  • f
  • h
  • n
  • o
  • B4.9. Análise crítica da linguaxe publicitaria.
  • B4.4. Amosar unha actitude crítica ante as necesidades de consumo creadas pola publicidade, rexeitando os elementos desta que supoñan discriminación sexual, social ou racial.
  • EPVAB4.4.1. Analiza elementos publicitarios cunha actitude crítica desde o coñecemento dos elementos que os compoñen.
  • CD
  • CSIEE
  • CCEC