ÍNDICE

APLICAPLÁSTICA


15 UDI Unidades Didácticas Integradas
Actividades e tarefas
5 ABP
 Aprendizaxes baseadas en Proxectos
Recursos educativos analóxicos e dixitais


4º curso de Educación plástica visual e audiovisual (DECRETO 86/2015)



Autores

Tania González Tella e Jose Manuel García Plazuelo
Licenza creative commons 4.0 BY-NC-SA
Licenza de estudos Xunta de Galicia 2019











Actividades relacionadas co bloque 1 do currículo da materia.
Actividade UD1 Compoñemos: Compositores da imaxe: Kandinsky.
(Contidos B1.1., B1.2., B1.3., criterios B1.1.,B1.2)
Actividade 2 Coloreamos con criterio.
Cambiar cores en pictogramas.
Ilustrar e trocar significados da cor en pictogramas.
O efecto Kuleshov implementado con cores.
(Contidos B1.4., criterios B1.2)

Actividade UD2 Coloreamos con criterio. O círculo cromático.
Deseño de memes con cores complementarias.
Ilustrar e trocar significados da cor para logos.
Contidos B1.4
Criterios de avaliación B1.2


Actividade UD3
Materiais Motivadores.
Experimentar con materiais as técnicas de expresión gráfico-plásticas.
(Contidos B1.5., B1.6., B1.7., criterios B1.3)


Actividade UD4
Cómo Creamos.  
Proceso creativo - xeradores de ideas - Visualizar e Analizar.
Brainstorming e pensamento diverxente.
(Contidos B1.8, B1.9., B4.8., criterios B1.4., B4.3)


Actividade UD5 Expreso a cor.
Técnicas, soportes e formatos.
Observa e experimenta os materiais.
Gamificación con test empregando a APP Kahoot.
Exercicios creativos.
(Contidos B1.4.,B1.5., criterios B1.2., B1.3.)


Actividade UD6
Proceso as miñas artes.
Os proceso artísticos.
Do análise á síntese.
O proceso na arte.
(Contidos B1.10, B1.11, criterios B1.5. )


Actividades relacionadas co bloque 2 do currículo da materia.



Actividade UD7
Arréglome.
Trazado de paralelas (recurso). Sombras
Códigos de barras - movemento con superposición de liñas - Punto e raia.
(Contidos B2.1, B2.2., criterios B2.1.)


Actividade UD8
Desde a miña perspectiva.
Deseño un xogo (xadrez, xogos tradicionais…) levado a unha escala inusual.
(Contidos B2.5.,B2.6.,B2.7.,B2.8.,B2.9.,B2.10., B2.11., B2.12,
criterios B2.2., B2.3. )


Actividade UD9
Ligamos cabos soltos con xeito.
Creamos un xoguete de habilidade a partir de enlaces.
(Contidos B2.3., criterios B2.1)


Actividade UD10
Do outro lado do caleidoscopio. Combinacións xeométricas. Ollo co eixo!.
(Contidos B2.2., B2.4. B3.6, criterios B2.1., B3.3)




Actividades relacionadas co bloque 3 do currículo da materia.



Actividade UD11
É o meu tipo.
Deseñar unha tipografía.
Composición de textos e logotipos.
(Contidos B3.1., B3.2., B3.5., criterios B3.1., B3.2.)


Actividade UD12
Revistámonos.
Maquetación con Scribus, software libre e dispositivos móbiles.
Editamos un fanzine e unha webzine.
(Contidos B3.7.,B3.8.,B3.9.B3.10., criterios B3.3.)


Actividade UD13
Graos de iconicidade. A miña imaxe.
Presentación individual e grupal.
Mapas mentais visuais con debuxos e aplicación informáticas.
(Contidos B1.7.,B1.8., B3.2., criterios B1.3., B1.4., B3.1. )





Actividades relacionadas co bloque 4 do currículo da materia.


Actividade UD14
O cadáver exquisito para o guión.
Desenrolar un guión con técnicas de escritura creativa colaborativamente.
(Contidos B4.1.,B4.2.,B4.4.,B4.6., criterios B4.1., B4.2., B4.3.)


Actividade UD15
Quedei xeado!
Facemos video-creación.
Paralizamos unha porción da imaxe audiovisual, dunha secuencia,
con cinemagraph.
(Contidos B4.3., criterios de avaliación B4.2.)






APRENDIZAXE BASEADO EN PROXECTOS (ABP ou PBL)


ABP1 PUBLICREACTIVOS
DESEÑO INTEGRAL na nosa imaxe corporativa.
Prototipo de axencia colaborativa de publicidade.
(Contidos B1.7., B1.8., B3.1., B3.2., B3.5., B3.7., B3.8., B3.9., B3.10., B4.7., B4.9.,
criterios B1.3., B1.4., B3.1., B3.2., B3.3., B4.3., B4.4.)

ABP2 ARTISTAC'S COOPERATIVOS
Obradoiros de creatividade cooperando e colaborando.
Somos parte da Arte.
Mediación e intervención artística.
(Contidos B1.1., B1.2.,B1.3., B1.4.,B1.5., B1.6.,B1.7.,B1.8.,B1.9.,B1.10., B1.11., B4.3., B4.8.,
criterios B1.1., B1.2., B1.3.,B1.4.,B1.5.,B4.2., B4.3.)

ABP3 LUDOTICTACTEP.
A NOSA FÁBRICA DE XOGOS E XOGUETES.
Prototipos en prototipo emprendedor: deseño industrial para start-up.
(Contidos B2.1., B2.2., B2.3., B2.4., B2.5, B2.6., B2.7.,B2.8., B2.9., B2.10., B2.11, B2.12., B3.6.,
criterios B2.1., B2.2., B3.3.)

ABP4
Á ESCENA
ESPECTÁCULO VISUAL COLABORATIVO
Escenografía física e virtual multimedia.
(Contidos B2.1., B2.2., B4.1., B4.2., B4.3., B4.4., B4.6., criterios B2.1., B4.1., B4.2., B4.3.)

ABP5 ROLAMOS
ROLE PLAY Póñome na pel doutro e dun artista.
Gamificación, fotonovela, animación, expresión e interpretación.
(Contidos B1.10., B1.11., B4.1., B4.2., B4.3., B4.4.,B4.6., criterios B1.5., B4.1., B4.2. B4.3.)



Correlación entre as ABP e as  actividades:


                     Proxectos                        Actividades
AbP1
PLUBLICREACTIVOS
11. É o miña typo (tipografías)
12. Revistámonos
13. Graos de iconicidade a miña imaxe
AbP2
ARTISTAC´S
1.  Compoñemos: Compositores da imaxe
2.  Coloreamos con criterio
3.  Materiais Motivadores
5. Expreso a cor
AbP3
LUDOTICTACTEP
7.  Arréglome
8.  Desde a miña perspectiva
9.  Ligamos cabos soltos con xeito
10.  Do outro lado do caleidoscopio
AbP4
Á ESCENA
14.  O cadáver exquisito para o guión
15.  Quedei xeado!
AbP5
ROLAMOS
4.  Cómo Creamos
6. Proceso as miña artes


UD1 Compoñemos imaxes.

Actividade 1 
Compoñemos imaxes
















Compositores da imaxe. 
O rectángulo áureo.
Arte: Kandinsky.
Percepción visual: Rudolf Arnheim.
Deseño gráfico: Donis A. Dondis.


Contidos B1.1., B1.2., B1.3.
Criterios de avaliación  B1.1.,B1.2

Compositores de imaxes. 
Como compoñemos unha imaxe con criterio.

Nocións de percepción visual



Kandisnsky: Punto, liña e plano.

Donis A. Dondis: Composición nos deseños gráficos.


Rudolf Arnheim: 

"Percepción visual = Observación sensorial directa + Imaxen mental"



1. Contidos

2. Actividades
2.1 Tarefas
2.2 Recursos para as tarefas

3.Xustificación


4. Bibliografía e fontes





1. Contidos



Para compoñer con criterio unha imaxen temos en conta varios principios basados na percepción visual. Se trata de organizar as figuras que colocamos na nosa lámina ou superficie de traballo para que estas resulten equilibradas ou armónicas. Vamos partir dun formato armónico, o rectángulo áureo. Teremos en conta as achegas do pintor Kandinsky, inventor da arte abstracta: a estructura das forzas visuais dunha imaxe de Rudolf Arnheim e consellos de deseño gráfico de Donis A. Dondis.

Como referencias para compoñer unha imaxe armónica ou atractiva utilizamos na unidade didáctica o rectángulo áureo, a obra artística do pintor Kandisnky e algunhas das aportación de investigadores da percepción visual e do deseño gráfico.


Matemáticos gregos descubrieron fai dous milenios a proporción áurea e a aplicaron á arte. No Partenón podemos ver esa proporción que resulta máis armónica e atractiva a nosa percepción visual.


Ao dividir un segmento en dous partes a e b se cumple que (a+b)/a= a/b e se obtense unha proporción áurea na que a razón a/b ten un valor aproximado de 1,618... que se coñece como número áureo ou número phi.


A partir da definición de Euclides, da división dun segmento na sua razón media e extrema, introducimos a propiedade dos rectángulos áureos e obtemos tamén o número phi, valor da ecuación e da proporción áurea.


O rectángulo áureo descomponse nun cadrado e noutro rectángulo áureo. Estes rectángulos están relacionados por unha rotación dilatativa coa que podemos ampliar en mais rectángulos aureos por cuxos vertices trazamos a espiral áurea.









Observa as imaxes dun rectángulo áureo, do seu procedemento e da sua aplicación e resultado visual no Partenón.










A tia de Wassily Kandinsky contáballe de cativo contos e lendas da sua cidade, Moscú, que lle inspiraron e lle fixeron interesarse pola sua cultura. De moi xoven levaba sempre unha libreta na que debuxaba e escribía todo o que se lle ocurría e comenzó a interesarse polas cores da natureza.

Exerció con éxito como avogado ata os 30 anos. Con esa idade marchou para Alemania a estudar  na Academia de Belas Artes de Munich. Foi profesor na innovadora Escola da Bauhaus de 1922 a 1932, ata que os nazis a pecharon.

É un dos primeiros pintores da arte abstracta e o seu artista máis representativo. Escribiu varios libros, entre eles Punto e liña sobre o plano no que investigou sobre o peso e a composición das formas simples.

Para Kandinsky o máis importante eran as cores e os sentimientos que lle producían. A música estaba moi unida a sua pintura. Para o pintor, como o fora para Piet Mondrian, a cor e o son non se podían separar e o cadro se convertía nunha obra musical.

"Todo se volvía claro...
a descrición dos obxectos perdía todo sentido...
no cadro só quedaban as cores:
un abismo abríase aos meus pes



Kandinsky, 1913, Sans titre (Etude pour Composition VII,Dominio Público, recuperada de wikipedia
Acuarela de Kandinsky considerada a primeira obra abstracta.




Porte fenetre a Collioure de Matisse 1914, dominio público, recuperada de wikipedia.




No libro Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye, o investigador da percepción visual, Rudolf Arnheim, propuso a idea dun esqueleto estructural para un formato de lienzo cadrado.
Coas suas investigacións Arnheim demostrou que o ollo humano busca a referencia do centro, da vertical e da horizontal en calquera imaxe. A partir destas referencias esto permite establecer un equilibrio en calquera elemento e as formas que se desvíe desta estructura van xerar unha tensión visual.
Cada formato de lienzo, lámina ou soporte gráfico, ten unha red estructural de forzas que o percorren. Incluso cando non hai elementos nel, o noso ollo verase atraído a certas partes do lienzo ou da imaxe contida nel, debido a red de forzas que se amosan a continuación.















Estructuras das forzas visuais.
Creadas coa app Style








En deseño gráfico Donis A. Dondis co seu libro Sintaxe do deseño gráfico achega unha obra de referencia para os deseñadores.


O concepto sintaxe utilízase con moita frecuencia no mundo do deseño gráfico. Que significa sintaxe? De onde provén e que outras disciplinas utilizan este concepto?. Da sintaxe ao analise é un proceso que os pintores utilizan para trasladar ao lienzo a sua percepción do representado.









2. Actividades

Compoñemos imaxes e aplicamos os contidos.




2.2 Tarefas

2.2.1 Coa estructura de Rudolf Arnheim facemos un collage.

2.2.2 Debuxamos a espiral áurea para pintar unha caracola.

2.2.3 Compoñemos imaxes con e sen equilibrio.

2.2.4 Aplicamos o filtro Kandinsky da app Style as nosa imaxes.

2.2.5 Pintamos con acuarelas ou con témperas nunha lámina con cores cálidas para a figura e  cores frías para o fondo.

2.2.6 Escoller unha das tríadas de cores desta ligazón e deseñar un logo para a nosa identidade coorporativa en duas tarefas:

  2.2.6.A Bocetos a man do noso logo en láminas DINA4

 2.2.6.B Fotografiar ou escanear o noso logo e integrar o texto da nosa marca cunha app como typorama.


2.3 Recursos e materiais para as tarefas

     
         Acuarelas - témperas - láminas DINA4 ou papel de acuarela -
         paleta para mezclar cores - pincel número 8




         2.3.1 Apps: 

Propoñemos estas apps e animamos aos estudantes a buscar outras alternativas a compartilhas coa clase.






















2.3.2 Outros recursos: 










3. Xustificación





Para desenvolver estas actividades e tarefas facilítase unha información inicial ou introducción cos contidos que o alumnado completará investigando ou buscando nova información en Internet, é dicir, deberá aceder, obter, procesar e usar a información para crear novos contidos para saber comunicar con medios dixitais. A práctica e o exercicio desta competencia dixital logra que o alumnado aprenda a aprender por se mesmo. O proceso da aprendizaxe está pautado en cada unidade didáctica e as AbP relacionadas coa aprendizaxe das tarefas propostas.

O presente recurso e os seus materiais educativos están deseñados ex-profeso para o 4º curso de Educación Plástica e audiovisual na ESO (Educación secundaria obrigatoria). Varias das súas actividades e proxectos son extrapolables e factibles de colegir a outros niveis e para outros ámbitos educativos.
As actividades hanse correlacionadas cos criterios de avaliación e os contidos do currículo da Lei de Ordenación do sistema de Educación Secundaria en España e na Comunidade Autónoma de Galicia vixente durante o desenvolvemento do recurso en 2019.
Para as aprendizaxes baseadas en proxectos, a cada un deles corresponden varias unidades didácticas, recoméndanse impartir previamente as actividades e tarefas relacionadas.
En canto ás aplicacións informáticas recomendandas cabe destacar que son moitas as apps que mudan de gratuítas a funcións premium ou de pago polo que se recomenda, con axuda do alumnado, atopar alternativas que teñen as mesmas ou parecidas ferrramentas e funcións.


Desde as antigas culturas ata as actuais os procesos de creación artística estiveron presentes nas respostas dadas ás necesidades de expresión e comunicación e serviron para analizar, comprender e resolver os problemas de representación e para achegar solucións visuais, plasmando nunha imaxe ou representación gráfica, as intencións comunicativas, narrativas ou expresivas. 



−  Promover a apropiación e reelaboración de imaxes fotográficas como resposta a diferentes propostas creativas e como resposta a distintos problemas artísticos. 


−  Promover a procura de formulacións nos que as relacións entre a arte e a cultura non sexan entendidas como concluíntes e estancas, localizando propostas que poidan ilustrar e representar as posibles direccións e conexións que se dan entre elas. 

−  Propiciar a análise e a experimentación con distintos procesos de creación artística que empreguen ou empregasen (debuxo, pintura, escultura...) ao longo de distintos momentos e en distintas culturas. 

−  Propoñer lecturas reflexivas de imaxes e de documentos relacionados con esas imaxes buscando apreciar calidades plásticas, conceptuais, culturais... 

−  Promover o desenvolvemento de proxectos individuais ou colectivos para crear imaxes e solucións artísticas, como resposta a problemas sociais ou como diálogo con outras imaxes existentes. 

−  Impulsar a análise de imaxes e obxectos artísticos de diferentes espazos e tempos buscando entender os seus procesos de creación como produtos complexos nos que interveñen diversos factores.




Propostas de traballo:



− Elaboracións artísticas, a partir de determinadas propostas onde o alumnado proxecta as súas propias respostas. Poden entenderse dentro deste apartado desde traballos preparatorios, a traballos de proceso ou a variacións do produto final.
− Cadernos de traballo e bosquexos, onde se recollen ideas relacionadas co mesmo, observacións sobre as actividades de dentro e fóra das clases... Permite valorar o traballo reflexivo e mostra evidencias do progreso, ademais de que a plasmación escrita é unha boa maneira de mostrar o aprendido.
− Presentacións visuais, orais ou escritas. Poden ser individuais ou grupales e permiten a valoración dos traballos durante o seu proceso ou ao a finalización dos mesmos. Favorecen reparar na importancia do proceso creativo e na importancia das achegas do resto do grupo.
− Persoais de autoevaluación sobre un determinado traballo. Permiten tomar conciencia dos puntos fortes e débiles, e apreciar os desenvolvementos persoais e creativos nos progresos artísticos.
− Contratos de traballo, son convenios establecidos entre profesorado e alumnado onde de mutuo acordo establécense unha serie de condicións de traballo que se comprometen a cumprir.
− Cartafol de traballo ou portafolio. Recollen todas as etapas dun traballo, desde o seu inicio á conclusión, pode tomar diferentes formatos en función do tipo de elemento empregado como debuxos, escritos, fotografías... Trátase dunha variedade de elementos do proceso de traballo que permiten valorar a progresión de cada persoa. Propoñemos a achega dos traballos nunca carpeta drive onde cada estudante escanea ou fotografía os exercizos realizados sobre papel, onde sube as suas imaxes dixitais e as sas presentacións e diapositivas.









  •  


Moitas obras de pintores a “Cidade da Pintura”, ideada pola Asociación “Axúdalle a Camiñar”, é un espazo na internet dedicado á creación e mantemento de postos de traballo para persoas discapacitadas, quen desenvolve o seu labor profesional nesta “Cidade” tendo como meta a difusión da arte.












Fontes:

Propostas de traballo de:
Obxectivos dixitais nos recursos educativos:
Beneficios de debuxar ou de garabatear: